club de lectura bibliarousa
"A maxia dos libros de Harry Potter"
Reunión do club de lectores para comentar o libro "Harry Potter e o preso de Azkabán". Xoves, 28 de marzo, no recreo.
As sesións sobre esta obra comezaron cun reparto de cartas dos distintos animais fantásticods que aparecen nesta lectura. Segundo a carta que che tocase, comezabas a falar da escena correspondente. Esta técnica deu moi bo resultado pois todo o mundo tiña algo que dicir sobre o hipogrifo, o lobishome, o boggart... Na última sesión sobre Harry Potter, repartimos chocolate para recuperar forzas, tal como se facía con Harry despois de facer o Patronus.
Comentarios
Ven... se te atreves
Aínda que cheguei tarde á reunión porque estabamos rematando o traballo de Bioloxía. Sen embargo da reunión tiven unha boa impresión! Mañá é a seguinte non? Esperoa con impaciencia! ^^
Por certo, para elixir o próximo libro a ler poderiamos poñer varias opcións e dalas para votar ^_^
Por último, quero dicir que nas entradas máis recentes non se poden deixar comentarios, non sei por que! @_@
NaCl-oo-2!
NaCl-oo-2!