club de lectura bibliarousa


"A maxia dos libros de Harry Potter"
Reunión do club de lectores para comentar o libro "Harry Potter e o preso de Azkabán". Xoves, 28 de marzo, no recreo.
As sesións sobre esta obra comezaron cun reparto de cartas dos distintos animais fantásticods que aparecen nesta lectura. Segundo a carta que che tocase, comezabas a falar da escena correspondente. Esta técnica deu moi bo resultado pois todo o mundo tiña algo que dicir sobre o hipogrifo, o lobishome, o boggart... Na última sesión sobre Harry Potter, repartimos chocolate para recuperar forzas, tal como se facía con Harry despois de facer o Patronus.

Comentarios

bibliarousa dixo…
Reunirémonos o día 27 de marzo, na biblioteca á hora do recreo.

Ven... se te atreves
Flan dixo…
Aquí Ramón informando! xD
Aínda que cheguei tarde á reunión porque estabamos rematando o traballo de Bioloxía. Sen embargo da reunión tiven unha boa impresión! Mañá é a seguinte non? Esperoa con impaciencia! ^^

Por certo, para elixir o próximo libro a ler poderiamos poñer varias opcións e dalas para votar ^_^

Por último, quero dicir que nas entradas máis recentes non se poden deixar comentarios, non sei por que! @_@

NaCl-oo-2!
Flan dixo…
Gustoume moito que falasemos de Harry Potter. Son moi fan del desde moi pequeno. O primeiro libro qu elin del foi este do Prisoeiro de Azkaban! ^^

NaCl-oo-2!
Anónimo dixo…
gustoume o club de lectura porque contabamos cousas sobre Harry Potter e o preso de azcaban e pasábamolo tempo divertindo e deronos chocolate para recuperar forzas como no libro.
Anónimo dixo…
bueno o igual que di ramón eu tamén me despistei, e non caín en que había que vir a biblio polo do club de lectura... Molou moito, e gustoume moito os libros que escollimos na última reunión... a ver se nas proximas reunións podo participar máis
Cibr@n dixo…
eu tamen estou contento co clun de lectura espero que despois das vacacions poidamos xa comezar.
Anónimo dixo…
gustoume moito o 1ºdía =)

Publicacións populares