Un Amor de biblioteca




Un ano máis, a biblioteca expón unha escolma de textos relacionados co amor: desde os poemas de Catulo ata Celso Emilio, pasando por Benedetti e Rosa Aneiros. Tamén podes consultar os libros e películas relacionados con este tema que se mostran na biblioteca.
Se estás namorad@ ven á biblioteca. Se non estás, tamén.


Comentarios

Anónimo dixo…
O meu poema de amor preferido é este, de Edgar Allan Poe, con tradución de Fernando Pessoa e adaptación ortográfica miña. Eu coñecíno nunha versión musicada de Radio Futura.

ANNABEL LEE

Foi hai moitos e moitos anos já,
Nun reino ao pé do mar.
Como sabedes todos, vivia alá
Aquela que eu souben amar;
E vivía sen outro pensamento
Que amarme e eu a adorar.

Eu era crianza e ela era crianza,
Neste reino ao pé do mar;
Mas o noso amor era máis que amor --
O meu e o dela a amar;
Um amor que os anxos do ceo viñeran
a ambos nós envexar.

E foi esta a razón por que, hai moitos anos,
Neste reino ao pé do mar,
Un vento saiu dunha nube, xeando
A linda que eu souben amar;
E o seu parente fidalgo veu
De lonxe a me a arrincar,
Para a fechar nun sepulcro
Neste reino ao pé do mar.

E os anxos, menos felices no ceo,
Aínda a nos envexar...
Si, foi esa a razón (como saben todos,
Neste reino ao pé do mar)
Que o vento saiu da nube de noite
xeando e matando a que eu souben amar.

Mas o noso amor era máis que o amor
De moitos máis vellos a amar,
De moitos de máis meditar,
E nin os anxos do ceo alá encima,
Nin demonios debaixo do mar
Poderán separar a miña alma da alma
Da linda que eu souben amar.

Porque os luares tristoños só me traen soños
Da linda que eu souben amar;
E as estrelas nos aires só me lembran ollares
Da linda que eu souben amar;
E así estou deitado toda a noite ao lado
Do meu anxo, meu anxo, meu soño e meu fado,
No sepulcro ao pé do mar,
Ao pé do murmurio do mar.


Susarins
Anónimo dixo…
ca profe d Caste, Maria fumos a copiar uns poemas a biblioteca, pasamolo moi ben e escribimos tamen alguns.
GRACIAS MARIA

Publicacións populares