Xornais do Mundo andando o mundo.

A nosa exposición de Xornais do Mundo saiu de viaxe, e anda de xira polos institutos de media Galiza. No blog Trafegando Ronseis fanse eco dela e prepararon unha presentación con todos os xornais.

Que gusto dá poder compartir o traballo!!

Comentarios

Maria dixo…
Andando, andando...chegou a Lugo; agora os vosos xornais, acompañados por outros que fomos xuntando nós, estáb no IES Ollos Grandes. E moitos ollos deixaron xá as súas pegadas neles.
Moitísimas grazas pola vosa xenerosidade.
Un abrazo
Maria
Biblioteca Ollos Grandes
bibliarousa dixo…
Agradézoche especialmente este comentario porque nese instituto estudei eu e, xa ves, hai moitas maneiras de volver aos lugares da nosa memoria.
Maria dixo…
Pois, se che coincide algún dia visitarnos, non o dubides. Moitas grazas polo voso traballo.
Maria
Ronsel dixo…
Pasáreseme! Moitísimas grazas por tan boa exposición.
Saúdos afectuosos e agradecidos.

Publicacións populares