E nós, para que lemos?




Levamos un tempo dándolle voltas no instituto a esta pregunta e as respostas son interesantes e, moitas veces, sorprendentes. Como nos parece unha boa reflexión, decidimos facer esta pregunta por toda a Arousa. Lembramos que esta é unha iniciativa que xorde no Club de Lectura de Implicadas no Desenvolvemento e que foi secundada por moitas bibliotecas escolares. Deixade aquí as vosas respostas.
Retomo esta entrada para agradecerlle a Cruz, profesora do curso Celga na Arousa, a acollida desta proposta e por conseguir entusiasmar aos seus alumnos e alumnas que nos deixaron estas fermosas palabras. Moitas grazas por colaborar e por ser, como parece, tan bos lectores e lectoras.

Comentarios

Anónimo dixo…
Eu creo que ler é moi bo para todo: axúdanos a ampliar o noso vocabulario e a obter máis coñecementos. Gústame ler porque me entreteño e sempre aprendo cousas novas. A lectura paréceme moi interesante e unha maneira moi instrutiva de pasar o tempo.
Anónimo dixo…
Pois son varios os motivos: gústame, aprendo, axilizo a miña mente e é unha forma divertida de pasar o tempo de lecer.
Anónimo dixo…
Gústame ler no tempo libre para culturizarme máis. Ademais gústanme os libros basados en películas basadas en feitos reais. Tamén me interesan as historias de personaxes públicos xa que che achegan máis a eles.
Anónimo dixo…
.Para informarme
.Para aprender
.Para saber
.Para obter riqueza lingüística
.Para disfrutar das letras
.En definitiva, para medrar interiormente ao longo da vida

Mª Esther
Anónimo dixo…
Eu leo para abrir a mente a novas experiencias; para saber máis de todo; para non quedar en branco ó non saber de que vai; para ampliar o meu léxico; para que a miña filla vexa o que goza a súa nai lendo; para sumerxirme en lendas, contos, historias reais, intrigas...
Anónimo dixo…
Para gozar, para soñar, para chorar, para viaxar, para aprender e, sobre todo, para evadirme da realidade
Anónimo dixo…
Eu leo para adquirir sabiduría dos libros. Intento que os meus fillos lean a miúdo para que vexan o bonito que é imaxinarse ser o protagonista dun libro de acción, de aventuras ou, simplemente, para gozar dun cómic
Anónimo dixo…
A curiosidade pola vida en xeral, lévame á lectura.
Como fonte de información, para ampliar coñecementos, para crecemento persoal e polo puro pracer de ler.
Para min, vivir é máis doado grazas á lectura
Anónimo dixo…
Eu leo para aprender, para poder expresarme mellor, para ter máis coñecementos nos que dubidaba...
Para relaxarme; para entreterme cando estou na praia; para quedarme durmida; para poder darlle exemplo aos meus fillos; para divertirme; para poder manter unha conversa cos meus amigos; para chorar con aquelo que me leva a iso; para olvidarme dos malos momentos e das preocupacións...
Anónimo dixo…
Leo para camiñar máis seguro de min, máis observador do mundo, máis libre. Leo na procura de entender máis e de comunicarme mellor.

Pilar
Anónimo dixo…
Para esquecer quen son, para vivir noutra época, para saber máis do pasado, do presente e do futuro; para evadirme; para asumirme; para entender mellor o mundo, para coñecerme mellor... e para subsistir

Publicacións populares