Despedida Bibliarousa +


Na última sesión, por este curso, do club de lectura Bibliarousa + paladeamos a obra "Como agua para chocolate" entre bocado e bocado de riquísimo chocolate. Como non podía ser doutra maneira, os temas da comida e do amor foron adobiando os nosos comentarios ao tempo que cociñamos, a lume lento, moitas referencias ao papel da muller , á situación política dos países latinoamericanos, á colonización... E, como guinda, un bocadiño da película: a escena famosa da teoría dos "cerillos".
Acordamos poñernos a dieta este verán: comidas de cine, farturas de libros... Todo isto para volver en setembro con moita ansia e devecendo por seguir devorando libros. Bo proveito!!!

Comentarios

berta dixo…
quero felicitar as organizadoras do clube de lectura, pois eu que participei teño que decir que foi moi interesante e amena cada unha das citas que tivemos. E como non faltou o acompañamento gastronómico a experiencia é para repetir.
GRACIAS.
berta dixo…
Quero felicitar as organizadoras do clube de lectura, pois eu que participei teño que decir que me pareceron moi interesantes e amenas. É explosiva a combinación: tertulia, literatura e "merendola".
GRACIAS.
andrés dixo…
Unha verdadeira delicia compartir con vos esas horiñas de tertulia tan amenas, tan interesantes e tan ben aderezadas con doces variados. O vindeiro curso seremos máis. Xa veredes.

Publicacións populares