O Lector



O lector (Der Vorleser en alemán, literalmente "o que le en voz alta") é unha novela escrita polo profesor de leis e xuíz alemán Bernhard Schlink. Foi publicada en Alemaña en 1995 .  O tema é o Holocausto, e a forma na que se xulgan os culpables. Michael Berg, o protagonista adolescente, convértese en "lector" e amante de Hanna, unha muller que lle leva máis de vinte anos...
Comentaremos o libro e a película, o martes, 24 de abril, ás 20 h. no instituto.

Comentarios

Noelia dixo…
Di a escritora senegalesa Fatou Diome que as ideas son como grans de loto, que só dormen para mellor abrocharen. Pois ben, eu acho que este libro, O lector, é un compendio de ideas adormecidas,ideas profundas e polémicas na espera dun destinatario inesperado.O holocausto nazi, a cuestión do perdón, a profunda influencia que o pasado exerce sobre nós... son, en fin,unha parte dos grans de loto que cultivamos durante estes meses no club e no que tiven a o pracer de participar :)

Publicacións populares