lendoamares


Inauguramos unha nova sección neste blog: Lendoamares. Trátase dun espazo lector aberto a todo o alumnado  no que iremos recomendando diferentes lecturas traballadas na aula. A primeira fase deste proxecto consiste en:

-Escollo un anaco dalgunhas lecturas que me gustasen
-Cópioo e déixoo nos comentarios, indicando o autor e título do fragmento, así como o nome de cada lector.

Os primeiros usuarios deste espazo serán @s alumn@s de 2º ESO. Comezamos pola materia de literatura galega, polo tanto, o seu código será: lendoamares2G. Para axudarvos nesta viaxe literaria, lémbrovos as diferentes lecturas que traballamos ao longo do curso:

  • Castelos na area (Erros e Tánatos) de G. Navaza
  • A marquesiña, Na cova dos carcamáns, de Castelao
  • Cartas de inverno, de A. Fdez. Paz
  • O cazador de trolls, de Luís Seixido
  • A expedición do Pacífico, de M. Aleixandre
  • Punto cero, de A. Fdez. Paz
  • Un tesouro, de X. Neira Vilas
  • Falar (Made in Galiza) de Séchu Sende
  • O comezo das vacacións, de M. N. Singala
  • Os lobos, de A. Fole
  • Todos somos, de M. Calveiro
  • Microficción 
  • Micropoemas
  • O encargo (Proxecto Bolboreta), de Andrea Maceiras
  • Non te esquecerei (Boy, relatos de infancia), de Roald Dahl
Nunha segunda fase, incluiremos crítica literaria, biografías... xa iremos informando.


Comentarios

Anónimo dixo…
Arrincárona da súa terra con armas afiadas e poia forza. Levárona onda moitas da súa caste e metéronas todas xuntas e apertadas nun sitio sucio e escuro.
Despois, collérona á parte, esfolárona, cortarona en cachiños parellos e guindáronas en aceite fervendo. Logo ciscáronlle sal por riba.
-Queres ketchup nas patacas?

Zoilo Paz González
Anónimo dixo…
-Quitácheslle o xeo?-Preguntou cando chegou.
-Quitei, Wilberforce.
-E está ben quentiño?
-Todo o que puiden, Wilberforce.
-Imos comprobalo axiña. Xa podes erguerte.
Levanteime e subín os pantalóns. El baixou os seus e sentou.
-Moi ben. Pero que moi ben -comentou mobendo a cabeza en sinal de aprobación -. Heite poñer na miña lista.
Eu non sabía que diaños quería dicir nin a que lista se refería.
-Algúns asistentes teñen o cu quente e outros frío, pero eu só emprego asistentes de cu quente para que me quezan o váter- explicou-. Non te esquecerei.

Zoilo Paz González.
Anónimo dixo…

A COVA DOS CARCAMÁNS-CASTELAO
Os meus ollos poucas veces esculcaban nas lonxanías: pousábanse mellor no fondo das augas, onde eu podía avista-lo mundo que criou mitos no maxín popular.

A MARQUESIÑA-CASTELAO
A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa do Marqués.
¡E aínda lle chaman a “Marquesiña”!

Noa Núñez Allo 2ºB

Anónimo dixo…
A "Marquesiña".
Chámanlle a Marquesiña e os seus peíños endexamais se calzaron.
Castelao.

Na "cova dos carcamáns".
Os meus ollos poucas veces se esculcaban nas lonxanías:pousábanse mellor no fondo das augas , onde eu podía avista-lo mundo que criou mitos no maxín popular.
Castelao.

Yanira Iglesias Otero 2ªB
Anónimo dixo…
En "Cartas de inverno"
Pero agora sabía o que debía facer, parecía como se unha voz lle ditase os seus movementos. Invadiuna a certeza de que existía un sólido fío condutor entre aquel libro maldito e as descoñecidas forzas agochadas na cripta.


Microficción "Conto tráxico"
Arrincarona da súa terra con armas afiadas e pola forza. Levárona onda moitas da súa caste e metéronas todas xuntas e apertadas nun sitio sucio e escuro.

Miriam Rial Vázquez 2ºA
Anónimo dixo…
UNHA CAIXA DE SOÑOS
XOSÉ NEIRA VILAS
Ao día seguinte, en canto puiden fun ao resío correndo. Non tardei en chegar ao sitio onde enterrara a caixiña. Escaravellei na terra ata dar con ela. Alí estaba, bonita, relucente, igual que na véspera,coas súas vetas amarelas, o pecho de metal e aquel choqueleo de dentro que me tiña alporizado. Os ollos non se me cansaban de mirala, nin as mans de darlle aloumiños. Cheguei a quererlle máis que a todos os da casa. Para min era coma unha estrela. Unha cousa á que se lle quere moito e non hai maneira de dicilo. Nunca tivera sorte. E de súpeto, a caixiña. A sorte toda xunta.


RITA POZA CORES
Anónimo dixo…
CARTAS DE INVERNO
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Que a porta se estivese pechando non é causa do meu espanto. Iso só tería a novidade de que por primeira vez albisquei como se producen os cambios. O que me xeou o sangue, o que me fixo sentir o arrepío máis espantoso, o que me deixou instalado definitivamente neste horror foi que, fugazmente durante menos tempo que o que tarda en contarse, vin ou crin ver, unha parte do... do ser, do animal ou do que fose que naquel intre estaba a pechar a porta dende dentro da pequena cela.

RITA POZA CORES
Anónimo dixo…
O ENCARGO (PROXECTO BOLBORETA)
Era un neno duns sete anos, de cara morena e travesa, vestido cun disfrace de Supermán. O neno compuxo un xesto de seriedade ao fixar a vista en Pierre.

-Alto aí. Son un superheroe que ten a misión de deter os malos coma ti.

UN TESOURO
Esa noite soñei coa caixa. No soño abríaa, e dentro había moedas de ouro. Soñei tamén que fora a Santiago mercar un avión. Un avión de verdade. Aprendín a guialo e boteime polo mundo, a cabalo das nubes. Cando estaba no mellor, chegando xa a América para ver ao meu irmán Miguel, espertei.

Asier Otero Mougán 2ºA
Anónimo dixo…
FALAR-Sechu sende, Made in Galiza
Eu é que a meus pais non os acabo de entender. De momento vou esperar un pouco, a ver se se aclaran.

Saray Vázquez 2°B
Anónimo dixo…
"A Expedición do Pacífico" Carta da nai de Emilia. De Marilar Aleixadre.

"Pensas que túa nai é unha persoa ignorante, porque descoñece os nomes latinos das plantas, e nunca estudou xeometría. Sabes que toca moi ben o piano, pero non (porque ninguén cho dixo) que antes de casar foi unha nena prodixio, e unha gran concertista, e que abandonou todo iso [...] por voso pai e para dedicarse a vós."

Boy. Adapt. Non te esquecerei. Roald Dahl.

"Algúns alumnos maiores desempeñaban o cargo de monitores e realizaban as funcións de vixilancia. Chamábanlles boazers, e tiñan un poder total e absoluto sobre os máis pequenos. Por exemplo, podían castigarnos por calquera insignificancia [...]. O repertorio de faltas era interminable.
- Catro coa bata posta ou tres sen bata?- preguntábanche."

Manuel Antonio García Gómez. 2ºB.
Anónimo dixo…
En "Os lobos" de Ánxel Fole.

Moitas veces ouvín dicir que os lobos non atacan as persoas, e iso non é certo. Sabedes cando se atreven os lobos cos homes? Cando teñen moita fame, ou cando se decatan de que lles teñen medo. Por iso case nunca atacan a tres ou máis xuntos.

Microficción " Conto tráxico"

Despois, collérona á parte, esfolarona, cortarona en cachiños parellos e guindáronas en aceite fervendo. Logo ciscáronlle sal por riba.

Traballo feito por o Sr. Dani Dacosta Dios.
Anónimo dixo…
A MARQUESIÑA. CASTELAO:
Non probou máis lambetadas que unha pedra de azucre, e chámanlle a Marquesiña.

A COVA DOS CARCAMÁNS. CASTELAO:
Un día de mareas vivas tanto devalou o mar que a pedra botou fóra das augas o seu curupete e nunca tanto semellou a un cráneo cuberto de cabelos verdes. Cando unha onda solagaba a pedra, o pelo desfiañábase debaixo do mar, aboiando como o cabelo dunha muller afogada. No recuar das ondas a pedra saía das augas e o cabelo aplacábase i entón aparecía peiteada con raia ó médeo, talmente como unha cabeza de muller.

Sandra Vázquez Santiago 2ºB
Anónimo dixo…
"castelos na area"
-e por último, en primeiro lugar... En primeiro lugar...
Manuel sentiu bater forte o corazón.
-En primeiro lugar, vencedor do segundo concurso de castelos na area da praia das Sinas...

"o encargo"
-Que desexas, meu rei?
Comprendeu axiña que a amabilidade da rapaza era a mesma para todos, mais no primeiro momento sentiuse atordado. Pediu un pastel calquera, ao chou, e observou con abraio o agarimo da moza ao collelo. Semellaba que aqueles pasteis eran o soño da sua vida.

Carlos Pouso Dacosta 2ºB
Anónimo dixo…
A MARQUESIÑA
A súa nai é tan pobre que traballa de xornaleira na casa do Marqués.
E aínda lle chaman a Marquesiña!


UN TESOURO

O chan estaba todo escaravellado. Sempre quedaba así despois das romarías. Había tapóns de bptellas e anacos de papeis por entre os carballos. A herba e algunhas matogueiras estaban tripadas.

BEGOÑA MORGADE SANTIAGO 2ºB
Anónimo dixo…
Anónimo:
A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO:
Para evitar problemas, Andrés e eu acordamos que permanecería escondida no seu camarote ata saírmos das Canarias, e, por tanto,de augas españolas.
TODOS SOMOS:
Dende a desaparición de Natalia,os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo a noitiña.

Lidia de la Torre Dios 2A
Anónimo dixo…
Montou no coche e arrancou,sen mirar atrás.
Sabía que iniciaba unha longa viaxe,unha viaxe que a levaba ata o mundo real e que a afastaba para sempre dun mundo que ela nin tan sequera sospeitaba que puidese existir.Coas mans firmemente ó volante,coa mirada fixa na estrada,sentía que para ela xa nada sería nunca igual.
CARTAS DE INVERNO.Agustín Fernández Paz.
Noelia Otero Dios.
Anónimo dixo…
Tantos anos tentando obter cartos para mercar comida e acababan de invitalo a un pastel por primeira vez na súa vida...
O ENCARGO.Andrea Maceiras.
Noelia Otero Dios
Anónimo dixo…
Non te esquecerei.
-Algúns asistentes teñen o cu quente e outros frío, pero eu só emprego asistentes de cú quente para que me quezan o váter -explicou-. Non te esquecerei.

E, en efecto, non me esqueceu:durante todo aquel invernopasei a ser o "quentarretretes" favorito de Wilberforce.



Falar.

E agora estou nun dilema porque penso que están esperando a que me poña a falar un día destes. Eu xa sei dicir Ma-má en segredo. Dígoocando estou soa porque quero practicar e teño medo de que cando o vaia a dicir por primeira vez me saia mal. Mais o meu dilema é que non sei se botar a falar como falan meus pais cando falan entre eles e con meus avós ou se poñerme a falar desa outra maneira en que me falan a min.

Manuel Otero Outeiral 2B
Anónimo dixo…
Cando chegou,comprobou con agrado que An-mei o agardaba con sorriso,máis luminoso aínda có da primeira vez que a viu.
Noa Iglesias Paz. 2°B
David Rodríguez dixo…
Microficción " Conto tráxico"

Despois, collérona á parte, esfolárona, cortárona en cachiños parellos e guindáronas en aceite fervendo. Logo ciscáronlle sal por riba.
David Rodríguez dixo…
Microficción " Conto tráxico"

Despois, collérona á parte, esfolarona, cortarona en cachiños parellos e guindáronas en aceite fervendo. Logo ciscáronlle sal por riba.
Anónimo dixo…
"Non te esquecerei" (Boy, relatos de infancia), de Roald Dahl

- Heite poñer na miña lista.
Eu non sabía que diaños quería dicir nin a que lista se refería.
-Algúns asistentes teñen o cu quente e outros frío, pero eu só emprego asistentes de cu quente para que me quezan o váter- explicou-. Non te esquecerei.

Lidia Molina Rial
Anónimo dixo…
MICROFICCIÓN.
Conto tráxico.
Arrincárona da súa terra con armas afiladas e pola forza. Levárona onda moitas da súa caste e metéronas todas xuntas e apertadas nun sitio sucio e escuro.
Despois, collérona á parte, esfolárona, cortárona en cachiños parellos e guindáronas en aceite fervendo. Logo ciscáronlle sal por riba.
- Queres ketchup nas patacas?
Paula Paz García 2°B
Anónimo dixo…
NON TE ESQUECEREI. Roald Dahl.
-Quitácheslle o xeo? - Preguntou o monitor cando chegou.
-Quitei, Wilberforce.
- E está ben quentiño?
- Todo o que puiden, Wilberforce.
- Imos comprobalo axiña. Xa podes erguerte.
Levanteime e subín os pantalóns. El baixou os seus e sentou.
-Moi ben. Pero que moi ben - comentou movendo a cabeza en sinal de aprobación-. Heite poñer na miña lista.
Eu non sabía que diaños quería dicir nin a que lista se refería.
- Algúns asistentes teñen o cu quente e outros frío, pero eu só emprego asistentes de cu quente pata que me quezan o váter - explicou -. Non te esquecerei.
Paula Paz García 2°B
Anónimo dixo…
UN TESOURO
A herba e algunhas matogueiras estaban tripadas. Os carros de polbo e de viño deixaran a fochanca das rodas. Había un ulido verda. Ulido de fiúncho, de monte orballado.

O COMEZO DAS VACACIÓNS
Os avións non esperan por ninguén, perderíano. E sentíao sobre todo por Carmen e os nenos, que xa debían estar no aeroporto coas maletas, agardándoo ilusionados. Tiña que chegar.
-Onde che darían a ti o carné, animal? -berrou, mentres subliñaba as súas palabras cun toque rabioso da buguina.

PABLO RODRÍGUEZ IGLESIAS 2B
Anónimo dixo…
Arrincárona da súa terra con armas afiadas e poia forza. Levárona onda moitas da súa caste e metéronas todas xuntas e apertadas nun sitio sucio e escuro.
Despois, collérona á parte, esfolárona, cortarona en cachiños parellos e guindáronas en aceite fervendo. Logo ciscáronlle sal por riba.
-Queres ketchup nas patacas?

Eloi Vázquez Muñiz 2ªA
Anónimo dixo…
``A expedición´´
Sentín un calafrío,coma se falase de cortarme un dedo ou unha orella.O meu fermoso cabelo,os meus rizos castaños!Durante as horas en que imaxinaba plans para facerme pasar por mozo,intentara non pensar abertamente en que iso significaba sacrificar o meu cabelo.
Marilar Aleixander
ELOY POZA
Anónimo dixo…
``Un tesouro´´
Esa noite soñei coa caixa.No soño abríaa,e dentro había moedas de ouro.Soñei tamén que fora a Santiago mercar un avión.Un avión de verdade.Aprendín a guialo e boteime polo mundo,a cabalo das nubes.Cando estaba no mellor,chegando xa a América para ver o meu irmán Miguel,espertei.
Xosé Neira Vilas
ELOY POZA
Anónimo dixo…
OS LOBOS
Moitas veces ouvín dicir que os lobos non atacan as persoas,cando teñen moita fame,ou cando se decatan de que lles teñen medo.Pois po iso case nunca atacan a tres ou máis xuntos.

CONTO TRÁXICO
Arrimca´rona da súa terra con armas afiadas e pola forza.Levárona onda moitas da súa caste e metéronas todas xuntas e apertadas nun sitio sucio e escuro.
Despois esfola´rona,cortarona en cachiños parellos e guindáronas en aceite fervendo.Logo ciscaronlle sal por riba.
-Queres ketchup nas patacas?

Alex Rodríguez Patón

Publicacións populares