ponteliterari@





Seguimos inspirándonos na ponte, desta vez, para poñernos literari@s. Comezamos cos microrrelatos traballados en 2º ESO. Os microrrelatos son breves, intensos, únicos, coma os seixos do Bao.



Velaquí algún dos microrrelatos que nos chamaron a atención:

Non podía moverme, nin un movemento podía facer o meu corpo. Só o meu dedo era o que podía tocar o botón que me daría a liberdade de desprazarme. Ao fin cheguei,e apreteino sen pensalo dúas veces. O "selfie" xa estaba feito!


                                     Alexandra Zels Otero




Atrapados sen saída nun paraíso deserto, alimentándonos dos peixes e mariscos, e algún coello. Deixáronnos coma salvaxes, nun lugar sen saída e cando xa ninguén nos ía  salvar, vin entre as beiras a nosa liberdade, a nosa salvación, a nosa ponte.

                                                      Javier Rego Paz


Inferno

Tic,tac,tic,tac. O sufrimento era terrible.Os demos mandaban traballos sobrenaturais. Isto era o inferno.Tiña que saír de aquí canto antes.

-  Profe, podo ir ao baño?

                                                     Francisco Vázquez Dios

Todos os días a vexo,
sen ela non son nada.
Percorro o camiño e chego á outra beira.
Ponte comigo, toda enteira.


                         Alex Dacosta García







Comentarios

Anónimo dixo…
A miña ponte querida
coas súas luces de noite,
dache a benvida
a miña preciosa illa,
que unha vez que entras
non queres atopar a saída.
Alisson Blanco Romero.
Anónimo dixo…
Estaba eu tan tranquila dando unha volta coas miñas amigas cando de repente miña nai chamoume e mandoume ir para a casa.
Tremía de medo, díxome que estaba a piques de morrer e tiñamola que levar ao médico.Cando cheguei xa subimos ao coche e miña nai foi tan rápido como puido.Non se podía ir,agora non.Facíame moita falla,este non podía ser o fin para ela.Despois de tantos anos e ahora xa non hiba a estar máis chegamos ao final da ponte pero...a miña cadela xa morrera.
Paula.Fabeiro.Chaves
Anónimo dixo…
A miña pontiña,
¡qué vella está!,
coas súas columnas
debaixo do mar.




Rubén Rodriguez Cousido 2ºA
Anónimo dixo…
Pensín que no ía a chegar,estaba canso e case sen forza,e pensaba que ía quedar alí estalicado pero,cando pensei que ía a morrer.Estaba no Eroski
Anónimo dixo…
Vou na planeadora.Miro cara arriba.
Ábenseme os ollos ao ver esa superficie tan marabillosa . Ao quedar moito tempo
sorprendido deime conta de que estaba voando.

IVÁN CASAL SEÑORÁNS. 2 ªA
Anónimo dixo…
Todos os días a vexo,
sen ela non son nada,
percorro o camiño e chego á outra beira,
ponte comigo toda enteira.

Alex Dacosta García 2ºA
Anónimo dixo…
Dende pequena sempre amiga, sempre compañeira.
A que me acompaña a novos lugares, sexan onde sexan.
Sempre ao meu carón, miña ponte querida. Sempre parte de min.

Carmen Gondar Nieto 2ºA
Anónimo dixo…

Mariñeiros baixo a ponte
defendendo o seu pan
un mar coma unha fonte
donde as ameixas veñan a man.



PAULA AGRA CHAVES 2ºA
Anónimo dixo…
Con traballo, pero cheguei. Aínda me quedaba cruzalo, era o máis difícil. Cando a vin pensei que non era capaz pero non me rendín. Prefería morrer de pé que vivir de xeonllos. Cando estaba pola metade, pensei que xa non podía, pero... SI, doume a gasolina para chegar ao final da ponte!!!
DAVID DACOSTA NÚÑEZ.
Anónimo dixo…
DESCALZA POLA AREA

Grazas a ti a Arousa é máis fermosa.
Por enriba e por debaixo paso,
e por cada paso que dou,
máis fermosa te fas


Alba Serantes Dacosta
Anónimo dixo…
Mariñeiros baixo a ponte
defendendo o seu pan
un mar coma unha fonte
donde as ameixas veñan a man.



PAULA AGRA CHAVES 2ºA
Anónimo dixo…
A PONTE


Está nesta Illa
máis alta non pode ser
máis longa que a de Fontiña
ninguén a esquecerá ver.

Esta é a mellor ponte
xunto Vilanova está
pra min a máis bonita
estando por riba do mar.
DIEGO RODRÍGUEZ COUSIDO
Anónimo dixo…
Véxote desde que nacín,
Véxote sempre ata que morrín,
agora estou morto,
e bótote de menos,
por non ter unha imaxe de ti
BRAIS DIOS VAZQUEZ 2A
Anónimo dixo…
Non sabía se ía chegar ao final. Aqueles metros facíanseme interminables. Cando estaba a punto de chegar, vin pasar toda a miña vida por diante. Xa non tiña forza, pero... SI, conseguino. Crucei a ponte
SHEILA SOMOZA PÁJARO
Anónimo dixo…
Tan só quedaban uns metros.
tan só un esforzo máis.
Estaba a punto.
Despois duns cinco minutos de sufrimento, cando me dei conta, xa estaba no Eroski facendo a compra para cear.
Pablo Rial Agra
Anónimo dixo…
A ponte é marabillosa,
a ponte é nostálxica.
E pola noite
invita a camiñar.
Naiara Rodríguez
Anónimo dixo…
Estaba no principio. Quería chegar ao final pero, na metade, había algo que non me deixaba seguir.
Non sabía o que era pero, aínda así, continuei. Cando xa estaba a chegar ao final, sentín que non chegaría, que sería a miña fin. Pero non me dei por vencida: crucei a ponte.
Ahinara
Anónimo dixo…
Xa non podía máis. Non sabía que facer, estaba desesperada. Non daba chegado, que horror! Só me quedaban tres minutos para chegar a tempo... pero cheguei. Cheguei á fin da ponte.
Laura Barbosa
Anónimo dixo…
Iamos demasiado rápido,íamos volcar. Dixenlle que freara pero non me fixo caso.Seguiu e nunha curva volcou. O xogo estaba rematado.






josé parada patón 2ºB
Anónimo dixo…
Tiña a tres preseguíndome, pisándome os calcañares.
Avanzaba todo o que podía.
Xa era tarde. Un deles atrapoume.
E deixei de xogar ao parchís.
Anónimo dixo…
Eu estaba alí, tumbada, deslumbrada pola luz. Tiña moito medo. El viña cunha máscara, e con moitos artiluxios.
Eu non podía facer nada,só abrir a boca e deixar que me empasten a moa.

Sandra Viana Torrado.
Anónimo dixo…
Prendeu o gas, colleu o acendedor.
Achegou a chama ao gas e prendeu o lume.
Miña nai xa empezara a cociñar.
Anónimo dixo…
Eu estaba alí, tumbada, deslumbrada pola luz. Tiña moito medo. El viña cunha máscara, e con moitos artiluxios.
Eu non podía facer nada,só abrir a boca e deixar que me empasten a moa.

Sandra Viana Torrado.
Anónimo dixo…
O MEU PARAISO
Non quería, pero tiña que facelo, tiña que superar os meus medos.
Non sabía o que me pasaría, non quería descubrir o que había alí, xa soamente con miralo deducimos que haberá algo malo. Eu estaba moi ben alí no mmeu paraiso co meu soliño resplandecente, e, aló na outra beira estaba chovendo, tronando...
Pero tiña que facelo, ser valente.
Cruzar a ponte era un verdadeiro reto

Laura Otero Fariña 2ºB
Anónimo dixo…
INMOBILIZADO

Non podía moverme, nin un movemento podía facer meu corpo. Só o meu dedo era o que podía tocar o botón que me daría a liberdade de desprazarme
Ao fin cheguei,e apreteino sen pensalo dúas veces.
O "selfie" xa estaba feito!

Alexandra Zels Otero 2ºB
Anónimo dixo…
BRANCO E NEGRO

Non vía nada, só unhas persoas mirando algo. Todo en branco e negro. Moita xente mirando unha especie de cadros. Toda a xente observando. Non sabía que pasaba alí. De súpeto, quitei as gafas de sol e descubrín que estaba nun museo de arte.

Adriana Ríos Otero
Anónimo dixo…
O momento

Porfin chegara o momento, mirei para ela e funme achegando.
Apartei suavemente esas sedas de perfección e boteime enriba dela.
-Ai, que ben se está na cama!

Pablo Serto Rial 2ºB
Anónimo dixo…
ODIO O CINCO
Estaba tan nervioso que comecei a suar. Meu curmán axitou o brazo e tirou o dado. Comeume a ficha
NICOLÁS REY TORRES
Anónimo dixo…
Eu soa, alí no medio. O medo superábame. Estaba suando e tremíame todo o corpo. Miles de ollos mirándome.
Senteime, e comecei a tocar a canción co piano.
TAIS.
Anónimo dixo…
Todo estaba escuro. Estaba arrepiada co medo. Quixen convencerme de que era un pesadelo, pero non era así. De súpeto abriuse unha porta e saíu dela unha nena cuberta de sangue cunha bata branca. Fuxín con todas as miñas forzas. Abriuse outra e apareceu un monstruo. Non o podía crer. Íame saír o corazón pola boca cando abrín a terceira e última porta. Saín do túnel de terror e dispúxenme a ir ás outras atraccións.
Sara Iglesias Dacosta.
Anónimo dixo…
ARTILUXIO QUE SALVA A VIDA
Encerráranme alí, pechara a porta aquel home, este con xesto de furia empurroume contra a cadeira e sentárame.
Estaba vestido todo de branco, con pingas de sangue, quizais foran de outra xente a que lle ía facer o mesmo que a min.
Colleu o artiluxio e cravoumo. Miña nai xa mo dixera, se non poñía esa vacina podería coller esa enfermidade.


Laura Otero Fariña 2ºB
Anónimo dixo…
EXPLOSIÓN
Prendeu o gas e colleu o acendedor.
Achegou a chama ao gas e prendeu o lume.
Miña nai xa empezara a cociñar.
Paula Parracho Nieto 2ºB.
Anónimo dixo…
Arapados sen saída nun paraíso deserto alimentándonos dos peixes e mariscos e algún coello. Deixáronnos coma salvaxes, nun lugar sen saída e cando xa ninguén nos ía a salvar, vin entre as beiras a nosa liberdade, a nosa salvación, a nosa ponte.

Javier Rego Paz
Anónimo dixo…
Eu estaba moi temblorosa,suaba e suaba.
o meu corazón non paraba,
estaba esgotada,o aire non me chegaba a nada
Eu sentía que era como se estivese a piques de morrer.
Pensei que xa non había solución.
Eso que me perseguía era espantoso.Si,era a miña fin.
Pero de súpeto,espertei,o medo comezou a desaloxar o meu corpo.
Aínda non mo podía crer.
Anónimo dixo…
TERROR
Xa entrara, coma outros, moitas veces naquel lugar, non me daba acostumado. Aquel era lugar de amputacións, pinchazos, e outros horrores.
Cada vez odiaba máis ir ao dentsta
Paula Parracho 2ºB
Anónimo dixo…
Mete,saca, tira,mete,saca,tira.Veña que xa che falta pouco.Uiiii!Bo a min o futbol xa me empeza a aburir.
Francisco Vázquez Dios
2ºB
Anónimo dixo…
ROSA OU MARÍA?
María chegara un día calquera a un pobo ao que ía vivir definitivamente.
Todo o mundo a chamaba Rosa. Ela estaba confusa, non sabía porqué a chamaban así, se nin sequera a coñecían.
Un día paseando pola rúa encontróuse coa súa xemelga, ao principio pensaba que era un espello pero non, eran xemelgas, completamente iguais, separáranas ao nacer.
Será iso verdade de que teñamos un xemelgo ou xemelga nalgún outro sitio?

Laura Otero Fariña 2ºB
Anónimo dixo…
Vivo nun sitio, que é moi grande, no centro hai edificios e máis cara ás aforas hai casas.
Agora mesmo vou cara alí cara ó meu paraíso; no coche, mentres o cálido Sol do verán vai desaparecendo. Agora mesmo estou cruzando a ponte e o mar trágase o Sol.
-Unha pregunta: non vivías en Madrid?
Anónimo dixo…
Inferno
Tic,tac,tic,tac.O sufrimentoera terrible.Os demos mandaban traballos sobrenaturais.Esto era o inferno.Tiña que sair daquí canto antes.Profe podo ir ao baño?
Francisco Vázquez Dios
2ºB

Publicacións populares