Poesía con Dores Tembrás

Velaquí algúns dos momentos da intervención de Dores Tembrás no  obradoiro poético para 2º ESO que tivo lugar na biblioteca do noso instituto.





Ela deixounos, entre outras moitas cousas, un fermoso poema:

amor
que sostés os meus pulsos coma se foran
cuncas diminutas de cerámica chinesa
 
e non sabes que as cereixas
deixaron de medrar
ata que volvas


Para ela, o noso agasallo: unha poeplanta cos nosos microrrelatos.



Comentarios

Anónimo dixo…
A min gustoume porque é unha maneira fácil de aprender sobre a poesía. Gustoume como nos explicou o que en realidade, representan os grafittis e, ademais, que nos dera unha pincelada da súa vida. As palabras para elixir resultáronme moi complicadas é unha cousa moi persoal. Creo que nos animou a todos a interesamos máis pola poesía.
Anónimo dixo…
Gustoume moito esta charla, porque aprendín máis sobre os poemas, descubrín que os grafittis me chaman moito a atención, co exercicio de dicir e explicar unha palabra pequena que para ti sexa moi importante puiden coñecer un pouco máis aos meus compañeiros con facetas que antes nin me imaxinaba. Descubrín que as pequenas palabras, ás veces, son as máis grandes. Tamén descubrín unha pequena pincelada da vida de Dores Tembrás, cunha palabra "cereixas" e escoitei o poema que escribiu sobre iso, que era moi bonito. Ademais, en todo o tempo da charla, ela seguía falando tan emocionada como ao principio e así puiden descubrir que sente un gran entusiasmo pola poesía que anima a escoitala con moita atención.
Adriana Ríos dixo…
Gustoume moito como nos fixo adentrarnos no mundo poético. Nunca pensei que a través dos grafittis puidera haber algo poético. A verdade gustoume moito o obradoiro, como a través dunha palabra podes sacar varios significados de algo importante para ti. Tamén, para facer un xogo, escollendo unha palabra importante para ela como 'cereixas', foi sacando varias palabras e sensacións que a vencellan coas cereixas. Así, fíxonos entender e intentar buscar a nosa palabra, a cal non foi nada fácil porque tiña varias palabras que significaban algo importante para min, aínda que despois mentras explicaba outra palabra que lle gustou doutro instituto, eu decateime pola miña, 'Piano'.
Anónimo dixo…
A miña valoración, boa. Este obradoiro pareceume interesante para así, intercambiar ideas cos meus compañeiros. En realidade, gustáronme todas as actividades que fixemos pero a mellor, na miña opinión, foi a de escoller unha palabra que parecera pequena, pero en realidade, para nós, tiña un gran significado. Repetiría o obradoiro sen dubidalo!
Eu quería que dera un pouco máis de tempo para que eu puidera dicir a miña palabra; "punteiras", aínda que para a maior parte da xente non signifique nada, para min si. As punteiras son o "calzado" que usamos en ximnasia rítmica,teñen un gran significado para min. Eu levo oito anos en ximnasia rítmica, polo tanto, oito anos usado este "calzado". Tamén tiña unha palabra referida ao piano, era "teclas".
Foi un bo, e interesante obradoiro.
Alisson Blanco dixo…
A min a verdade, encantoume esta actividade porque nos explicou o que está detrás dun simple grafitti como tantos que hai pola Illa. Eu non atopei a miña palabra, coma Dores, que elixiu 'cereixas' e deixounos un fermoso poema sobre a súa palabra. Iso de que unha palabra te defina... gustaríame atopar a miña.

Publicacións populares