MicroRRELATOS

Pequeniños, pero inmensos. Así son os nosos microrrelatos, elaborados pol@s alumn@s de Agrupamento de 2º

Comentarios

Anónimo dixo…
Os microrrelatos son moi misteriosos porque che fan pensar que é unha cousa ao principio e logo ao final descobres que é outra moi distinta.Alguns son moi chistosos.

FAME
Mentres vía como fervia na auga quente, através do cristal, a miña delicia, miña nai berrábame para que a deixase estar, que non a tocara nin a molestara pero eu non lle facía caso e suegía mirando, estaba tan ansioso ...- Mamá?, cando vai estar a cea?

JULIA OTERO CORES 2º.
Anónimo dixo…
Gústanme moito os microrrelatos. Fanme moita graza cando no final dános a sorpresa.Sobre todo gústanme facelos. Son moi divertidos!!! XD Alba Martínez Santorum ^3^ 2ºA

MATANZA

Nunca pensei que puidera matar a alguén do meu propio sangue, pero xa me estaba fartando e , por fin, matei a ese molesto mosquito.

Jack

Jack colleu o coitelo, e achegouse sixilosamente .Cando estba aó lado da súa víctima dispúxose a......FILLA A CEAAAR !Deixei o meu libro na mesa e fun cear.

Precipicio

Teño moita dor nos pés, un paso en falso e podo caer; é moi alto .Era mellor poñer uns tenis que estes tacons.
Melina Suarez dixo…
O Inferno
xa non aguantaba máis, case non podía abrir os ollos. A suor caía na terra. Todos estabamos traballando, a ta que se achegou a min unha muller baixa co seu pelo rizo, na man dereita levaba un pau de madeira con catro picos de metal.
Levantei a cabeza e díxenlle:
-planto esto do invernadoiro, Charo?


Comentario:
son uns textos curtos e moi interesantes, por iso me gustan lelos e escibilos. Gústame moito os microrrelatos pola confusión que che provoca, é dicir, pensas que é unha cousa e ao final e completamente diferente.
Anónimo dixo…
Os microrrelatos gústame porque son entretidos e moi divertidos. Teñen un final sorprendente. Os que máis me gustan son os de terror.
Juan Alfonso Guillán Dios.
Anónimo dixo…
Os microrrelatos gústanme por que son breves, moi entretidos, e hai veces que fan que o volvas ler. Fixemos algúns na clase, foi moi divertido, tanto lelos como facelos.
Ao principio pensei que me ía custar moito fecelos, que tardaría ou que me saldrían mal, pero ao final intenteino e fun capaz, e non me sairon nada mal.

BURBULLA
Non podía respirar, sentíame dentro dunha burbulla, o osixeno desapareceu dese lugar.
De súpeto, vin unha luz ao final do túnel. O instinto de supervivencia fixo que a seguira.
E si....estaba fóra da piscina.

sabela súarez suárez 2º
Anónimo dixo…
OUIJA
Aí estaba eu, con ese taboleiro vello en fronte, e o meu irmán ao meu lado. Na táboa non se distinguían as letras. Se facía unha mala xogada, aparecería a pantasma e morrería...
Entón respirei fondo e...
-Volín perder! -gritei.- Xa non me gusta a oca!

Comentario:
Os microrelatos gústanme moito, porque ademais de ser breves, teñen un final inexperador.
Anónimo dixo…
Gústanme moito os microrrelatos, porque é unha forma de texto curto e divertido.

ESPAZO EXTERIOR
Sentíame tan tranquila alá arriba que pensaba que estaba soñando. Ao lonxe víanse as estrelas . Que fermosura! Estábase tan ben flotando, sen gravidade, sen ningunha preocupación. Cando unha luz amarela, como a do sol apareceu de súpeto. Era miña nai que viña avisar para cear
Anónimo dixo…
Atrapada
Estaba alí apretada por toda a xente , case non podía respirar .Non tiña forzas para achegarme e calcarlle ao botón antes que os demaís ¿ Ti paras na mesma planta ca min ?

Naiara Rodríguez Mougán



Comentario : A min gústame os microrrelatos porque teñen un final sopresa e son curtos .E tamen gustame relelos outra vez para coller a gracia
Anónimo dixo…
O ATRACO

Era unha noite escura, na que só eu andaba pola rúa. Entrei nunha tenda de 24h, pillei todo o diñeiro e botei a correr, pero o dono da tenda chamou á policía, e acurraláronme nun calexón sen saída, e leváronme preso para o cárcere. GAME OVER

Andrés Romay Mariño

Gústanme moito porque son moi graciosos. Ao principio, cando cando o empezas a ler, parece que che leva cara a unha idea e acaba por ser unha cousa completamente distinta, por iso os microrrelatos gardan moito misterio.
Anónimo dixo…
Sangue frio

Colleu o seu mazo e preparouse; era fácil, só tiña que concentrarse e esperar o seu moller momento. Cando xa ninguén o miraba, "¡pum!" un golpe en seco, perfecto. Por fin rematou a súa partida ao Croquet.

Sergio Vidal Barreiro.

Comentario:
Os microrrelatos a min gústanme porque case sempre son orixinais e teñen certo sentido de humor.
Unha das cousas que támen me gustan, é que non sempre rematan como ti esperas.
bibliarousa dixo…
Sangue frio

Colleu o seu mazo e preparouse; era fácil, só tiña que concentrarse e esperar o seu moller momento. Cando xa ninguén o miraba, "¡pum!" un golpe en seco, perfecto. Por fin rematou a súa partida ao Croquet.

Sergio Vidal Barreiro.

Comentario:
Os microrrelatos a min gústanme porque case sempre son orixinais e teñen certo sentido de humor.
Unha das cousas que támen me gustan, é que non sempre rematan como ti esperas.
Anónimo dixo…
estaba alí tumbada, cos ollos pechados. Non me podía mover, a dor percorríame o corpo. Colleu as pinzas e seguiu co se travallo, aínda que vían que me caían as bagoas. Sentía como pequenas agullas cravándose no meu rostro. Abrín os ollos e as cellas estaban perfectas.


sabela suarez suarez

Publicacións populares