MENÚ da NOITE


 Este venres estiveron connosco Carlos Blanco e Luís Davila para presentarnos o seu espectáculo MENÚ da NOITE. O sacho, esa ferramenta tan querida no noso IES, foi o auténtico protagonista da actividade. Sáchase na terra , no mar , nos libros...
Nós tamén fixemos a nosa sacha e  aquí vos deixamos as opinións colleitadas entre o noso alumnado.Como non podía ser doutra maneira, un debuxiño máis de L. Davila:


Comentarios

Anónimo dixo…
Gustoume moito, era divertido, moi divertido. Pero o que máis me gustou foi mirar como debuxaba Luis Davila.
Anónimo dixo…
A min, persoalmente, gustoume. Fíxome algo de gracia a pesar de que algúns chistes non eran tanto para a nosa idade e non os entendín pero algúns outros sí, e eses fixéronme rir. Estivo bastante entretido porque tamén se complementaba co debuxo e non penso que o debuxo nos distraera do contido.Porén, esperábame algo máis.
Anónimo dixo…
A actividade que vimos o venres no auditorio pareceume que estivo ben pero faltoulle darlle un pouco de humor ao final. Gustoume moito iso de falar dunha cousa, logo representalo nunha imaxe como o fixo Luis Davila, o compañeiro de Carlos, xa que é un moi bo debuxante. En xeral, gustoume case todo aínda que esta actividade humorística está feita para adultos, así que recoméndollo a todos aqueles adultos que se queiran rir un pouco.
Anónimo dixo…
A min persoalmente non me gustou moito, ao principio si pero o resto non.Decepcionoume un pouco porque esperábame máis
Anónimo dixo…
O que máis me gustou, sinceramente, foron os debuxos de L.Davila. En parte, Carlos Blanco fíxoo moi ben. Entretívonos co seu monólogo. Nalgúns intres, rinme moito, mentres que noutros, pareceume moi aburrido, cousa que non debería suceder. Bueno, en realidadde, os dous son moi bos no seu traballo, son bos compañeiros e espero que sigan facendo rir ao resto da xente de Galiza, e do mundo.
Anónimo dixo…
Nun principio, o espectáculo estaba ben presentado, con Carlos contando historias para facernos rir, cun humor que contaxiaba a todos os presentes. Pouco a pouco, foi incorporando as viñetas feitas por Davila (un gran debuxante), ata chegar ao punto de que se centrou máis nas viñetas que no propio monólogo. Ademais, ao público sempre se lle vai a vista ao debuxo e presta menos atención ao "importante". En resumo, foi un bo espectáculo, conseguiron entreternos durante case hora e media, pero mellorable nalgúns aspectos.
Anónimo dixo…
Segundo a miña opinión, eu funme un pouco decepcionada, a dicir verdade, por que, quizais esperaba rir, pero non foi así xa que o 90% dos chistes que facía nós (ou polo menos eu)non os collíamos . Tamén creo que se centraba demasiado nas imaxes. Creo que se tiveramos unha idade máis avanzada gustaríanos máis. Pero tan só é a miña opinión...
Anónimo dixo…
Para min esta obra estivo ben, pero creo que o tempo que se centrou nas imaxes das avoas foi de máis e podíao aproveitar en máis chistes ou cousas que fixeran máis graza, pero en xeral estivo ben e eu rinme bastante cos seus chistes e cos nomes das barcas que eran moi raros.
Anónimo dixo…
A min gustoume.As historias de Carlos eran moi interesantes e graciosas, aínda que quedan en segundo plano cos grandes debuxos de Davila.
E un espectáculo variado con diferentes apartados, coma as frases das avoas, os vascos... En definitiva, un monólogo diferente e divertido.
Anónimo dixo…
Estivo ben, ainda que non me gustou porque non entendía moi ben os chistes.
Anónimo dixo…
A actuación estivo moi ben, aínda que non entendía moi ben algunhas cousas do el decía.
Tamén gustoume moito como debuxaba o seu compañeiro, aínda que quizais distraiache e non prestabas atención ao que dicía Carlos Blanco.
Unhas das cousas que me tamén me gustou foi que a actuación fora dirixida sobre todo a xente da illa, xa que sachou todo o espectáculo de nós.
Un saúdo, espero volver velo pronto.
Anónimo dixo…
Neste espectáculo facían chistes moi bos (os que entendía), os debuxos de Luis Davila son impresionantes e unha frase que me quedou foi "Unha que caquis e media de kiwis".
Anónimo dixo…
Moi divertido.Carlos Blanco é un cómico e Davila é un debuxante que viñeron á Illa de Arousa,ao Concelloa dous motivos. O primeiro motivo é porque me rin, ese motivo é o principal. O segundo motivo é que pasouseme enseguida o tempo. Pero tamén teño algunhas cousas que non me gustaron. Por exemplo:Nalgúns momentos tiña dificultades para seguilos debido a que estaba máis pendente dos debuxos de Davila que do que falaba Carlos. E outro motivo é que non tiña tantos coñecementos como para "pillar" algunhas cousas de xente adulta. En conclusión, un espectáculo fantástico.
Anónimo dixo…
O espectáculo de Carlos Blanco e Luis Davila, O Menú da Noite, pareceume un espectáculo moi interesante e divertida.
Algunhas das cousas que me gustaron foron, por exemplo, o xogo de palabras que fixo ao principio con sachar e co sacho. Outra parte que me gustou foi a historia do enterrador. Despois impresionoume un montón o rápido que debuxaba Davila, era unha velocidade incrible.
Non me gustou moito a parte na que poñían frases do avó e da avoa, xa que me pareceron demasiadas.
En defenitiva, gustoume moito este espectáculo, e foi un bo momento para pasalo ben e ''partirse o cu''.
Un saúdo.
Anónimo dixo…
A actuación de Carlos Blanco e Luis Davila foi moi divertido. As cancións eran moi graciosas. O millor foron os debuxos coas típicas frases dos avós como por exemplo " oxala os netos, foran viño" ou que Luis Davila embutira a Carlos Blanco coma un chourizo
Anónimo dixo…
Gustoume moito o espetáculo, pero o único que non me gustou é que cando o 1008 rematou comezou a cheirar. Encantoume que fixeran esas competicións cos debuxos para xogarse unha comida.
Sergio Bello Carro dixo…
A min gustoume moito, fixeron moitos chistes. Encantoume a canción de ``Sachando´´
Espero que o caldo soubese moi ben.
Anónimo dixo…
A obra gustoume moito xa que os debuxos de Luis Davila eran xeniales e os chistes de Carlos Blanco moi divertidos, aínda que algúns non os collía
Anónimo dixo…
O venres veu Carlos Blanco ao auditorio da Illa de Arousa.
O principio pareceume xenial, quel vídeo e como ía explicando a palabra "sachar". Resultou un espectáculo moi bo pero creo que estaba feito para persoas de máis idade.
O seu axudante, o que debuxaba, facía uns debuxos impresionantes, pero a min moitas veces despistábanme do que dicía Carlos. En xeral, o espectáculo estivo moi ben, a min gustoume e rinme moito. Recoméndovolo!!
Anónimo dixo…
Este espectáculo cómico con ilustracións, segudo a miña opinión, foi moi divertido, mais isto foi así porque os chistes foron ilustrados e grazas a esto puido entenderse mellor.
As ilustracións eran bastante boas e os chistes tamén pero a maioría eran do que dicían as avoas.
Anónimo dixo…
Pareceume un grande espectáculo , e sorprendeume moito como Davila pode facer auténticas obras de arte en só tres minutos . O monólogo , gustoume moito pese a que algúns chistes eran de contido para adultos , e tamén que abusabas moito das frases das avoas que sacabas de internet , (por certo , pareceume moi nobre pola túa parte que dixeras o nome da persoa á que pertencía a frase ) Ás veces ó ir o texto acompañado do debuxo que se ía facendo en directo , perdías un pouco o fío das historias ou chistes que se estaban a contar . Os chistes parecéronme todos estupendos e rinme coa gran maioría . O traballo do señor Davila para as persoas que non sabemos dabuxar ver como é capaz de facer auténticas obras de arte en tres minutos é algo verdadeiramente bonito e asombroso. Un saúdo aos dous e noraboa polo voso magnífico espectáculo " Menu da noite "
Anónimo dixo…
Gustoume moito o espectaculo, foi o mellor da miña vida. Rinme moito con Carlos Blanco facía uns chistes boísimos e ademais Luis Davila facía uns debuxos magníficos a min encantoume iríao a ver outra vez.
denigrante dixo…
A min encantoume o espectáculo, foi moi divertido, ademais Luis Davila fixo uns debuxos incribles. Rinme moito, aínda que houbo chistes que non entendín. Sacharon no público
Anónimo dixo…
O espectáculo que vin o pasado venres no auditorio da Illa de Arousa gutóume moito, pasei un bo momento ríndome.
Tiña moitas cousas boas: que Carlos Blanco estivera acompañado por un debuxante como Luis Davila facíao todo máis entretido e interesante. E, sobre todo, gustoume o grandioso final con esa pegadiza canción, ese fermoso baile e o espectacular fondo.
Pero si teño que elixir quédome cos nomes dos barcos tan orixinais e graciosos.
O que esperaba era máis risas, xa que o contido era máis para adultos e algunhas cousas non se chegaban a entender.
Anónimo dixo…
Estivo moi ben o espectáculo. Na miña opinión, Carlos Blanco e Luis Davila son uns humoristas boísimos, e Davila debuxa moi ben! Os chistes eran difíciles de coller, pero eran moi bos!
Anónimo dixo…
Gustoume a actuación pero en parte penso que non foi o máis adecuado para a nosa idade porque había cousas que non entendía, polo tanto non me facían gracia. Pero había outras cousas que me fixeron rir e que eran moi entretidas. Tamén me pareceu moi interesante cando bailou ó final co seu compañeiro, Luis Davila, e sorprendeume a forna na que debuxaba aquel home. Foi un espectáculo que me engaiolou, de aquela,volvería ir velo tantas veces como puidese, pero tamén me encantaría que estivese un pouco máis adaptada á nosa idade.
Anónimo dixo…
O pasado venres, 1 de abril, fomos ver o espectáculo de Carlos Blanco e Luis Davila.
En xeral, estivo ben pero hai certas cousas que non me gustaron. Por exemplo cando Carlos contaba algo Luis debuxaba quedaba mirando fixamente o debuxo que ía facendo Luis e non me enteraba do que dicía Carlos.
Tampouco nos podemos esquecer das cousas boas do espectáculo. A idea principal do espectáculo era rir, que sorrise o público e siso conseguírono sen búbida ningunha.
A min gustoume moito e espero ter o pracer de ver máis espectáculos deles dous
Anónimo dixo…
Para min, un espectáculo como o de Carlos Blanco e Luis Davila, é un traballo estupendo. Como boa fan que son deles, debo dicir que quedei con ganas de máis. Vexo os debuxos de Luis tódolos días nunha rede social como é o Facebook, onde el cada día colga os seus debuxos. Tanto como me gusta a min o debuxo e todo relacionado, ter o gusto de velo debuxar en directo sorprendeume.
Ás veces, pode ser que perdera o fío do que nos ía contando Carlos, pero é que sen darme conta mergullábame dentro daquel debuxo, a forma na que o facía, as cores, os "bocadillos" que lle engadía... Como toda parte boa dunha opinión persoal, tamén ten a súa parte mala; dicir que o que non me gustou de todo foi que había algunhas cousas que a nós nos costou encontrarlle o sentido. E por último, dicir que me encanta que persoas como Carlos nomeen a Illa e a enchan de palabras tan bonitas, e que non se coñeza a Illa de Arousa por cousas malas, senón polo paraíso que é.
Anónimo dixo…
En xeral, querían achegarnos humor e historias entretidas a través de viñetas e ilustracións feitas por L.Davila. Houbo cousas moi interesantes e outras, porén, non tanto respecto a opinión dos espectadores. Pros e contras:
- Pros: Tiveron variedade e distintas perspectivas do humor.
Empregaron distintos elementos como cancións para maior animación e contacto co público.
-Contras: O espectáculo estaba máis dirixido cara o público adulto.
En conclusión, gustoume moito. Foi un número interesante e divertido. Críticas aparte, penso que tiveron unha boa idea á hora de ilustrar as súas ideas e pensamentos.
Anónimo dixo…
Gustoume moito, rin a máis non poder, foi xenial, pero este tipo de actuacións son máis para un público adulto que para un público xuvenil, por iso, algúns dos chistes non os entendíamos e, porén, os profesores partíanse a risa.
Tamén cando Carlos comezaba a contar unha historia e Luis Davila cando empezaba a debuxar despista porque debuxa moi ben e cada vez que debuxaba quedábamos abraiados e perdíamos o fío da historia, pero, en xeral, estivo moi ben. A min gustoume e animoos a que sigan facendo este tipo de espectáculos.
Anónimo dixo…
Estivo moi divertido, Carlos Blanco e Luis Davila son humoristas boísimos, e Davila debuxa moi ben!
Anónimo dixo…
Foi moi divertido
Anónimo dixo…
Foi moi divertido e había frases moi divertidas que me fixeron rir moito
Anónimo dixo…
Gustoume moito o espectáculo, foi o mellor da miña vida. Rinme moito con Carlos Blanco facía uns chistes boísimos é ademais Luis Davila facía uns debuxos magníficos. A min encantoume, iríao a ver outra vez.
Anónimo dixo…
A min gustoume moito. Pero... non comprendin algúns chistes. Tamén me encantaron os debuxos.
Anónimo dixo…
anónimo dijo................

encantáronme os seus chistes.
Anónimo dixo…
A min gustoume moito todo, rínme moito. Foi moi divertido.
Anónimo dixo…
Estivo moi ben, xa que a min encántanme os monólogos e todas esas cousas.
Anónimo dixo…
Encantoume todo, pero sobre todo os debuxos de Luis Davila.
Anónimo dixo…
O que máis me gustou foron os debuxos de Luis Davila porque pintaba moi ben, tamén me gustaron os chistes. Pero o que me fixo gracia, foi 1008. Foi moi divertido!!!!
Anónimo dixo…
A min gustoume todo. Só que, os chistes non os entendía moito. Pero o resto estivo bastante ben.
Anónimo dixo…
A min gustoume todo, non teño queixas porque para min foi moi divertido.
Anónimo dixo…
A min o espectáculo en xeral gustume moito. Tanto os debuxos de Luis Davila como os chistes de Carlos Blanco. Rinme moitísimo.
Anónimo dixo…
A mín gustoume moito, foi moi divertido, os debuxos de Luis Davila eran moi chulos. Para a primeira vez que vou, estivo moi ben.
Anónimo dixo…
A min gustoume moito, aínda que houbo algunhas cousas que non pillei; para min Carlos é un gran humorista e unha gran persoa. Eu non coñecía a Luís Davila, pero resulta ser un gran debuxante.
Anónimo dixo…
Gustoume moito, estivo moi ben feito. nunca me rin tanto como aquel día, pero a canción gustoume moito máis.
Anónimo dixo…
Chámome Brais e son alumno do IES Illa de Arousa. O espectáculo estivo moi ben, gustáronme moito as cantigas e algúns dos chistes, ainda que eran moi malos.
Encantmeáronme os debuxos e as ilustracións feitos por Luis Davila.
É tamén case morro á risa na presentación do espectaculo.
Anónimo dixo…
o venrres 1 de abril fomos ver un espectáculo ao auditorio de dous monologuistas:
oque mais me gustou foron os debuxos e o que menos é que non me enterin moito.
Anónimo dixo…
foi moi bo amin gustoume moito
Anónimo dixo…
O que mais me gustou foron os debuxoa de Luis Davila. Era un crack. Facer un debuxo daqueles en 3 minutos, foi impresionante.
Tamén me gustaron os chistes de Carlos Blanco, como o facía, cambiando a voz de máis agudo a máis grave etc.
O que on me gustou foi cando se puxeron a cociñar coa 1008 xaque co vapor eu cheirábao e tiña máis fame da que tiña.
Anónimo dixo…
chamome david o que máis me gustou foi: que fixera ao ritmo da canción ,un dibuxo, as fotografias do principio comentadas, e o final encantoume.
o que nonme gustou foi, o principo
Anónimo dixo…
O que máis me gustou foi a canción de sachando.
o que menos me gustou foi cando competiron contra os vascos.
Anónimo dixo…
No espectáculo de Carlos Blanco, o que máis me gustou foron os debuxos de Luis Davila; tamén as súas viñetas, que, por certo, fixeronme rir moito, as viñetas das frases das avoas, etc...
Foron moi orixinais debuxando e poñendo o debuxo detrás do escenario.
Anónimo dixo…
Gustáronme moito os debuxos de Luis Davila. Pero se tes menos de 14 anos non entendes case nada. O espectáculo foi en galego, por iso non entendín moito.Pero Carlos Blanco tiña moi boa voz, polo tanto iso axudaba bastante a que o pasases ben.
Anónimo dixo…
O que máis me gustou foi com fixo os debuxos rápidos e moi bonitos. Gústaronme tamén os chistes; foronmoi bos. Gustoume a maneira en que fusionoiu os debuxos das lanchas cos chistes.
E o seu tema sibre os sachos.
O que poida que nonme gustara, foi que debuxara á vez que falaba porque distaía.
Anónimo dixo…
Gustoume a diversidade de espectáculo
Anónimo dixo…
O que máis me gustou de "Menú da noite" foi o ben e rápido que debuxaba Davila.
Tamén me gustaron moito algúns dos chistes de Carlos Blanco. O que menos me gustou foi que algunhas cousas que non se entendian moito.
Anónimo dixo…
O que máis me gustou foron os comentarios que dixo Carlos Blanco sobre a carreira de botes. Luis Davila e todo un artista, pois eu non sería capaz de facer tales debuxos en tan pouco tempo. O que menos me gustou foi o cheiro que deixou a máquina, só para facer un caldo
Anónimo dixo…
Foi moi divertido con luis Davila e con Carlos Blanco.Moitos dos chistes non os entendin pero a maioria foron moi moi moi pero moi divertidos.Tamen gustoume moito que fixera un debuxo en tres minutos mentre uns vascos tocasban unha cantiga. EN RESUMO... ENCANTOUMEEEEEE
Anónimo dixo…
Gustáronme moito os debuxos de Luis Davila e moitos chistes que fixo Carlos Blanco.
Porque eran cousas que pasan na vida real.
O único que non me gustou foron algúns chistes que non pillei
Anónimo dixo…
O espectáculo estivo moi ben, moi entretenido e con moita chispa. Os chistes eran moi bos, excepto algúns que non entendín. Foron os mellores chistes e debuxos que vin na miña vida. O único que non me gustou foi a canción e a carreira de lanchas.
Anónimo dixo…
O unico que me gustaron foron os debuxos, foi o mellor despois os chistes nada, non sirven para nada, Carlos si non sabes deixao, non tes talento
Elsa Otero dixo…
Gustoume que Luis Davila fora acompañando as palabras de Carlos con ilustracións moi simpáticas.
Tamén que Carlos falara de cousas que pasaban na Arousa tomándoas con humor. O espectáculo estivo ben pero fíxoseme un pouco corto, gustáronme tamén moitos dos chistes que contou.
Aínda que hai cousas que non me gustaron, como por exemplo, Luis Davila case non falaba porque estaba moi concentrado debuxando, podía falar un pouquiño.
Ademais, no medio do espectáculo empezaron a botar un fume que cheiraba fatal. Parecía que se lle queimaba o caldo!
Tampouco me gustaron algúns chistes porque non os daba entendido...
Anónimo dixo…
O que máis me gustou foron as viñetas cos chistes e a forma de interpretalas Davila e Carlos Blanco. O que menos me gustou é que o micro estaba moi alto e algúns chistes non os pillaba
Anónimo dixo…
Gustoume moito o espectáculo e os debuxos. Pero sobre todo o que mais me gustou foi como xogaba cos tópicos. Foi moi gracioso e sen dúbida volvería a ir.
Anónimo dixo…
A min gustáronme os debuxos de Luis Davila, os chistes de vellos e o ben que contaba Carlos Blanco e o que menos me gustou que Luis Davila fixera poucos debuxos e que fora tan curto.
Anónimo dixo…
O que máis me gustou foron os debuxos de Luis Davila e a forma tan rápida e o ben que debuxaba as súas obras.Unha das partes que máis me gustou foi a das frases das avoas que ditaba Carlos mentres Luis llas engadía aos seus debuxos.
O que menos me gustou foi que Carlos estaba lendo o guión e había un cheiro moi raro a caldo
Anónimo dixo…
Na miña opinión o espectáculo estivo por unha parte ben e por outra mal.
Rín moito con algúns chistes pero a verdade é que para ser Carlos Blanco esperaba algo mellor. Ese foi o único erro.
O que máis me gustou foron os debuxos de Luis Davila. É unha pasada o que ese home é capaz de facer en tan só uns minutos.
Anónimo dixo…
Gustoume moito cando Carlos Blanco comezou a dicir algúns refráns que persoas de todos lados lle dixeran. Ao final,cando o debuxante Luís DaVila e Carlos Blanco bailaron co sacho.
Tamén me divirtiu moito cando Luís pintaba e debuxaba caricaturas e paisaxes. Fíxome moita grazia cando se viron na pantalla os nomes das lanchas e a carreira que se fixo co elas.
Anónimo dixo…
a min gustáronme a maioría das frases típicas dos avós.Sobre todo os debuxos de Luis Davila e mais algunhas anécdotas que contou Carlos Blanco . Tamén me gustaron os retós que fixeron .
Anónimo dixo…
gustoume case toido o que mais me gustou foron os debuxos. Tamen me gustou moito o baile do final. So que houbo alguns chistes que non entendín.
Anónimo dixo…
0 que máis me gustou do "Menú da noite" foron os debuxos de Davila. Sorprendeume o rápido e ben que os fai.
O que non me gustou foron a maioría dos chístes que non os entendía. Supoño que sería polo feito de que eran chistes para personas máis maioresygft6f7r6
Alex Otero Cores dixo…
En xeral, a obra gustoume moito porque daba moita graza. Os chistes que facían eran moi graciosos, e os debuos que facía Davila eran impresionantes. O baile que fixeron ao final estivo moi ben.
o que non me gustou foi que alguns chistes no se entendian (o espéctaculo era mais para a xente maior. O menu da noite non foi bo. Non me gusta o caldo.
Anónimo dixo…
O que máis me gustou do espectáculo foron os debxos de Luís Davila.
non me gustou moito que Carlos estivese falando mentres Luís debuxaba. Sen embargo os chistes foron bastante divertidos e o espectáculo foi moi entretido.
Anónimo dixo…
A min gustoume moito o monologo en xeneral pero o que mais me gustou foron os dibuxos de luís Davila.Tamén me gustaron os chistes pero habia algúns que non os entendin .
Anónimo dixo…
O espectáculo foi moiu bo. Gustome moito porque os chistes que contaban eran moi graciosos. Os debuxos que facía Luis Davila eran moi bos e moi graciosos.
O problema que había é que gritaban moito á hora de falar.
Pero o rewsto do espectá saíu moi ben. RECOIMÉNDOVOS IR.
Anónimo dixo…
A min en xeneral gustoume moito o monologo .O que mais me gustou foi os debuxos de luís Davila.
Tamén me gustarón os chistes pero algúns nos entendín.
Anónimo dixo…





-O que me gusta:Os debuxos de Luis Davila e a graza de Carlos Blanco






-O que non me gustou:O fume ó acabar a funcion

Publicacións populares