MENÚ da NOITE
Nós tamén fixemos a nosa sacha e aquí vos deixamos as opinións colleitadas entre o noso alumnado.Como non podía ser doutra maneira, un debuxiño máis de L. Davila:
Este é o blog da biblioteca do IES Illa de Arousa. Pretende ser un punto de encontro de todas as persoas usuarias da biblio.
Comentarios
E un espectáculo variado con diferentes apartados, coma as frases das avoas, os vascos... En definitiva, un monólogo diferente e divertido.
Tamén gustoume moito como debuxaba o seu compañeiro, aínda que quizais distraiache e non prestabas atención ao que dicía Carlos Blanco.
Unhas das cousas que me tamén me gustou foi que a actuación fora dirixida sobre todo a xente da illa, xa que sachou todo o espectáculo de nós.
Un saúdo, espero volver velo pronto.
Algunhas das cousas que me gustaron foron, por exemplo, o xogo de palabras que fixo ao principio con sachar e co sacho. Outra parte que me gustou foi a historia do enterrador. Despois impresionoume un montón o rápido que debuxaba Davila, era unha velocidade incrible.
Non me gustou moito a parte na que poñían frases do avó e da avoa, xa que me pareceron demasiadas.
En defenitiva, gustoume moito este espectáculo, e foi un bo momento para pasalo ben e ''partirse o cu''.
Un saúdo.
Espero que o caldo soubese moi ben.
O principio pareceume xenial, quel vídeo e como ía explicando a palabra "sachar". Resultou un espectáculo moi bo pero creo que estaba feito para persoas de máis idade.
O seu axudante, o que debuxaba, facía uns debuxos impresionantes, pero a min moitas veces despistábanme do que dicía Carlos. En xeral, o espectáculo estivo moi ben, a min gustoume e rinme moito. Recoméndovolo!!
As ilustracións eran bastante boas e os chistes tamén pero a maioría eran do que dicían as avoas.
Tiña moitas cousas boas: que Carlos Blanco estivera acompañado por un debuxante como Luis Davila facíao todo máis entretido e interesante. E, sobre todo, gustoume o grandioso final con esa pegadiza canción, ese fermoso baile e o espectacular fondo.
Pero si teño que elixir quédome cos nomes dos barcos tan orixinais e graciosos.
O que esperaba era máis risas, xa que o contido era máis para adultos e algunhas cousas non se chegaban a entender.
En xeral, estivo ben pero hai certas cousas que non me gustaron. Por exemplo cando Carlos contaba algo Luis debuxaba quedaba mirando fixamente o debuxo que ía facendo Luis e non me enteraba do que dicía Carlos.
Tampouco nos podemos esquecer das cousas boas do espectáculo. A idea principal do espectáculo era rir, que sorrise o público e siso conseguírono sen búbida ningunha.
A min gustoume moito e espero ter o pracer de ver máis espectáculos deles dous
Ás veces, pode ser que perdera o fío do que nos ía contando Carlos, pero é que sen darme conta mergullábame dentro daquel debuxo, a forma na que o facía, as cores, os "bocadillos" que lle engadía... Como toda parte boa dunha opinión persoal, tamén ten a súa parte mala; dicir que o que non me gustou de todo foi que había algunhas cousas que a nós nos costou encontrarlle o sentido. E por último, dicir que me encanta que persoas como Carlos nomeen a Illa e a enchan de palabras tan bonitas, e que non se coñeza a Illa de Arousa por cousas malas, senón polo paraíso que é.
- Pros: Tiveron variedade e distintas perspectivas do humor.
Empregaron distintos elementos como cancións para maior animación e contacto co público.
-Contras: O espectáculo estaba máis dirixido cara o público adulto.
En conclusión, gustoume moito. Foi un número interesante e divertido. Críticas aparte, penso que tiveron unha boa idea á hora de ilustrar as súas ideas e pensamentos.
Tamén cando Carlos comezaba a contar unha historia e Luis Davila cando empezaba a debuxar despista porque debuxa moi ben e cada vez que debuxaba quedábamos abraiados e perdíamos o fío da historia, pero, en xeral, estivo moi ben. A min gustoume e animoos a que sigan facendo este tipo de espectáculos.
encantáronme os seus chistes.
Encantmeáronme os debuxos e as ilustracións feitos por Luis Davila.
É tamén case morro á risa na presentación do espectaculo.
oque mais me gustou foron os debuxos e o que menos é que non me enterin moito.
Tamén me gustaron os chistes de Carlos Blanco, como o facía, cambiando a voz de máis agudo a máis grave etc.
O que on me gustou foi cando se puxeron a cociñar coa 1008 xaque co vapor eu cheirábao e tiña máis fame da que tiña.
o que nonme gustou foi, o principo
o que menos me gustou foi cando competiron contra os vascos.
Foron moi orixinais debuxando e poñendo o debuxo detrás do escenario.
E o seu tema sibre os sachos.
O que poida que nonme gustara, foi que debuxara á vez que falaba porque distaía.
Tamén me gustaron moito algúns dos chistes de Carlos Blanco. O que menos me gustou foi que algunhas cousas que non se entendian moito.
Porque eran cousas que pasan na vida real.
O único que non me gustou foron algúns chistes que non pillei
Tamén que Carlos falara de cousas que pasaban na Arousa tomándoas con humor. O espectáculo estivo ben pero fíxoseme un pouco corto, gustáronme tamén moitos dos chistes que contou.
Aínda que hai cousas que non me gustaron, como por exemplo, Luis Davila case non falaba porque estaba moi concentrado debuxando, podía falar un pouquiño.
Ademais, no medio do espectáculo empezaron a botar un fume que cheiraba fatal. Parecía que se lle queimaba o caldo!
Tampouco me gustaron algúns chistes porque non os daba entendido...
O que menos me gustou foi que Carlos estaba lendo o guión e había un cheiro moi raro a caldo
Rín moito con algúns chistes pero a verdade é que para ser Carlos Blanco esperaba algo mellor. Ese foi o único erro.
O que máis me gustou foron os debuxos de Luis Davila. É unha pasada o que ese home é capaz de facer en tan só uns minutos.
Tamén me divirtiu moito cando Luís pintaba e debuxaba caricaturas e paisaxes. Fíxome moita grazia cando se viron na pantalla os nomes das lanchas e a carreira que se fixo co elas.
O que non me gustou foron a maioría dos chístes que non os entendía. Supoño que sería polo feito de que eran chistes para personas máis maioresygft6f7r6
o que non me gustou foi que alguns chistes no se entendian (o espéctaculo era mais para a xente maior. O menu da noite non foi bo. Non me gusta o caldo.
non me gustou moito que Carlos estivese falando mentres Luís debuxaba. Sen embargo os chistes foron bastante divertidos e o espectáculo foi moi entretido.
O problema que había é que gritaban moito á hora de falar.
Pero o rewsto do espectá saíu moi ben. RECOIMÉNDOVOS IR.
Tamén me gustarón os chistes pero algúns nos entendín.
-O que me gusta:Os debuxos de Luis Davila e a graza de Carlos Blanco
-O que non me gustou:O fume ó acabar a funcion