AVISO! Manexe con cautela. Ler crea adición.

 



Ai, o Nadal, unha das datas máis esperadas por todos. As comidas, as festas, o turrón, as vacacións, decorar a árbore, os agasallos, a familia... e o tempo libre para ler, ler e ler sen parar.

Ás veces, o ritmo do curso afóganos e deixamos de facer  o que máis nos gusta. Pois agora debes recuperar o tempo perdido. E para que che sexa máis doado, en Bibliarousa facémoche as recomendacións lectoras máis variadas, aptas para todos os públicos. 

Pensa que libro che gustaría ler e pídeo en prestamos.bibliarousa@gmail.com

Samaín en Bibliarousa


 O Samaín sempre é unha boa festa para gozar das tradicións. Na Arousa temos o Día de Pedir como algo case única e especial. Este ano foi ben diferente, pero iso non nos impediu gozar do día igual. Neste caso, cuns bos relatos que che xean a pel. 

Lucía (2ºD) e Xoel (4ºB) mandáronnos estas historias de creación propia que merece a pena escoitar e, por que non, contar e difundir. Un pouquiño de medo non lle fai mal a ninguén, ou si?

E para que non quededes con gana de máis historias e
starrecedoras, deixámosvos algunhas recomendacións lectoras que non vos van deixar indiferentes.



Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (Ed. Xerais)

Cando petan na porta pola noite, de X. P. Docampo (Ed. Xerais)

Á lus do candil, de Ánxel Fole (Ed. Galaxia)

Pasaporte lector #Bibliarousa

 


Eis, viaxeirxs! Todas as viaxes requiren dunha identificación, e as que nos facemos en Bibliarousa non ían ser menos. 

Pedide na Biblio o pasaporte lector. Selade os libros que collades na Biblio e cada cinco lecturas, levaredes un agasallo. E garda o pasaporte, as boas e os bos viaxeiros levaran un premio final!

E non perdades nas nosas redes sociais as recomendacións lectoras para pasar un nadal cheo de aventuras, e sen saír do sofá!


#Bibliarousa en tempos de pandemia



É certo que a vida nos cambiou, e moito. E desde logo o isntituto xa non é o que era. Pero pronto volveremos á normalidade. Mentres, os libros son unha boa forma de levar mellor a situación. Non deixes de ler!

A pandemia pechounos a biblio pero poderemos seguir levando libros para a casa para gozar das tardes dunha forma espcial.

Aquí tes a "nova normalidade" de Bibliarousa, que esperamos, durará pouco.

Debes solicitar os libros que desexes en prestamos.bibliarousa@gmail.com.

Anímaste!

BOOKTUBER

A nosa alumna Uxía Martínez de 3º ESO animouse a facer un booktuber. Aquí tendes a súa interesante aportación.


Gañador "Recitando Música"

Dende o Equipo da Biblioteca, como do profesorado de Lingua Galega e por suposto, de todo o profesorado do IES Illa de Arosa, queremos darlle a NORABOA a alumna Uxía Martínez polo maravilloso traballo que fixo para este concurso. Ela, xunto coa súa familia, é a GAÑADORA.
Aquí tendes o seu recitado.




A Arousa Le

Os nosos alumnos e alumnas fan a súa achega ao día das Letras coa escolla destes poemas e microrrelatos.

Felices Letras 2020!


Concurso.

Aquí deixamos as primeiras aportacións do noso alumnado e familias.



Recitando Música


Como sabedes, o próximo 17 de maio celébranse as letras galegas. Por iso, propoñémosvos conmemorar este día, aínda que sen saír da casa, e encher as redes de lingua.
A primeira proposta é un  CONCURSO, no que estades convidados a participar, tanto alumnado como familias.


Compartindo Lecturas

Despois do día do libro, queremos seguir compartindo lecturas con vós e facer estes momentos máis amenos.
Aquí tendes a nosa compañeira Fe, co microrelato elexido.

Bos momentos.


Deste xeito queremos conmemorar con vos o día do libro.

Aquí podedes ver tamén as aportacións do alumnado,así coma de outras compañeiras.

A nosa alumna Laura.

A nosa compañeira e profe de Lingua Castelá, Sonia. A nosa profe de Lingua Galega, . Susana, a profe de tecnoloxía.





Día do Libro



Como sabedes, o vindeiro XOVES 23 DE ABRIL celébrase o Día Internacional do Libro e este ano toca facelo en confinamento, pero non por iso menos especial.



Por este motivo, desde o equipo da biblioteca do IES Illa de Arousa propoñémosvos que nos enviedes un vídeo no que saiades lendo en voz alta un fragmento do libro que escollades out amén nos vale algunha foto co libro.

Se vos animades tedes que envialo
a bibliarousa@gmail.com ata o 23 de abril.


MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS!!

Recursos Dixitais

Nestes días de confinamento, non deixedes de ler.



A continuación tedes varias páxinas ás que podedes acceder para non deixar de lado a lectura:

A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia pon á disposición da poboación o seu catálogo de libros e películas en formato dixital.

Como podedes facer?
Se xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, soamente precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca.
Se non eres socio, pois Rexístrate e coas claves que recibirás, accederás igualmente a Biblio Galicia e ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.
Para acceder ao catálogo pincha AQUÍ

Biblioteca Dixital Mundial. A UNESCO  colgou na INTERNET o acceso á Biblioteca Dixital Mundial. Pincha na LIGAZÓN para poder gozar de todo o material do que dispoñen.

Outras páxinas de interese:


  





Poesía, Libro De Poesía, Romanticismo, Viejo Cuaderno

Dende o IES Illa de Arousa, sumámonos a estas semanas de cuarentena propoñendo ao alumando e familias que reciten algún poema.

Deste xeito, conmemoraremos o día da poesía (21 de Marzo) dende as nosas casas.

Podedes  gravalas e envialas ao correo da biblio: bibliarousa@gmail.com para subila, despois ao noso blog.

Candeloria

                             Celebrando a Candeloria.

Imos conmemorar o casamento dos paxaros repartindo dedicatorias.