FESTA FIN DE CURSO CLUBES DE LECTURA
BOAS!! Onte tivemos a oportunidade de somerxernos na festa de fin de curso dos clubes de lectura, celebrada no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
Alumnado de 3º e 4º de ESO participou en obradoiros interdisciplinares: radio, creación literaria, intercambio de libros... da man de grandes literatxs como Ledicia Costas que foi unha das escritoras traballadas no noso clube de lectura con Escarlatina, a cociñeira defunta; tamén César Mallorquí a quen coñecemos ben no centro grazas ás súas Lágrimas de Shiva. Falou de que a mala literatura tamén debe ser disfrutada porque "grazas" a ela se van formando novas e novos lectores críticos.
O colofón final veu da man de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre quen nos fixeron brincar e transmitirnos que os soños poden ser cumpridos!!!
Até o vindeiro curso!! Desde o noso clube xa estamos artellando novas cousiñas para fomentarmos o gusto pola lectura para que o noso alumnado non deixe de soñar!!
![]() |
Antón Riveiro, Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Ramón Nicolás no obradoiro "Claves literarias para tres voces con éxito". |
![]() |
César Mallorquí |
![]() |
César Mallorquí |
![]() |
Berta Dávila, Rosalía Fernández, Tamara Andrés e Francisco Castro no obradoiro: "Botarse a escribir" |
![]() |
Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre transmitindo boa música e bo ambiente! |
![]() |
O grande Agustín Fernández Paz foi mencionado durante a festa de onte... |
VIAXE DE FIN DE CURSO
O pasado mes de abril, o alumnado de 4º de ESO disfrutou da viaxe de fin de curso a Madrid. No camiño paramos no Castelo de Arévalo para ver a mostra de máis de 400 cereais!! Xa en Madrid, contemplamos algunhas das numerosas mostras do Museo do Prado. E como non todo ía ser cultural, tamén tivemos tempo para cantar no musical Dirty Dancing; saltamos de árbore en árbore no Multiaventura e, como non, unha fantástica xornada no parque de atraccións Warner. Foron días marabillosos nos que o alumnado puido celebrar a gran despedida dunha etapa para o comezo doutra, que seguro será positiva e na que os seus soños serán cumpridos. Aquí vos deixamos cun pequeniño recordo...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)