Amosando publicacións coa etiqueta bibliarousa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bibliarousa. Amosar todas as publicacións

Club de Lectura Manga

 

Neste primeiro Club de Lectura Manga do curso decidímonos por Dr. Stone. Que farías ti se quedas convertido en pedra? Aguantarías máis de 3000 anos sen perdes a consciencia só para volver á vida e que todos estean a durmir? Aquí falamos das nosas sensacións e podedes acceder dende a biblio ao primeiro volume e aos cinco que o seguen. Por suposto, non deixamos pasar a oportunidade de probar delicias que chegan da outra punta do mundo. 

Novo curso, novos retos

 Comezamos novo curso en Bibliarousa. Este ano teremos a posibilidade de ampliar lecturas, pero tamén de ser partícipes da creación de novos camiños e historias que nos levarán a descubrir mundos máis aló da ría. Estades lists? Comezamos!

Carlos Meixide na Arousa

Preparando a visita de Carlos Meixide, deixámosvos unha mostra do traballo das rapazas e rapaces de 2º ESO. Esta é a benvida a un escritor que xa ten o seu club de fans incondicionais na Arousa.
Meixide Internet from María Fé Souto Rego on Vimeo.
Mi película 1 (1) from bibliarousa on Vimeo.

Bookface en lingua francesa no IES Illa de Arousa


Queridas lectoras e lectores, xa estamos de volta do Nadal e comezamos con moreas de actividades educativas!!! Desta vez da man do alumnado de 4º de ESO na materia de Lingua Francesa. Escolleron unha serie de obras literarias para elaborar o seu bookface. Ímosvos deixando os marabillosos resultados.


















O IES Illa de Arousa contra a Violencia de Xénero


Esta semana, o alumnado do IES Illa de Arousa estivo traballando en actividades contra a Violencia de Xénero.
Destacamos o mural feito polo alumnado de 3º de ESO B, guiado pola súa titora, sobre a violencia sexista e os ciclos da violencia doméstica: Acumulación da tensión; Agresión e Reconciliación.
VIOLENCIA DE XÉNERO NUNCA MÁIS






Teatro Tempestades: El caballero de la triste figura y R2D2


Hoxe tivemos a oportunidade de aprender e gozar con El caballero de la triste figura y R2D2 da man de Teatro Tempestades (Ricardo Frazer e María Bilbao). Esta actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura coa colaboración de Bibliarousa. Aquí unha pequena mostra fotográfica: 




































































CONCURSO CABAZAS SAMAÍN 2017


Non vos esquezades que este martes se celebra o Concurso de Cabazas en Bibliarousa neste Samaín 2017.
Como podedes concursar? O martes 31 tedes que traer unha cabaza preparada e decorada. O voso nome non pode estar visible, tédelo que indicar na base da cabaza. 

No recreo, as vosas compañeiras e os vosos compañeiros votarán as máis orixinais, creativas, o traballo que vos deu... 

Xa hai moita xente anotada para participar e ti, a que esperas????


FESTA FIN DE CURSO CLUBES DE LECTURA



BOAS!! Onte tivemos a oportunidade de somerxernos na festa de fin de curso dos clubes de lectura, celebrada no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
Alumnado de 3º e 4º de ESO participou en obradoiros interdisciplinares: radio, creación literaria, intercambio de libros... da man de grandes literatxs como Ledicia Costas que foi unha das escritoras traballadas no noso clube de lectura con Escarlatina, a cociñeira defunta; tamén César Mallorquí a quen coñecemos ben no centro grazas ás súas Lágrimas de Shiva. Falou de que a mala literatura tamén debe ser disfrutada porque "grazas" a ela se van formando novas e novos lectores críticos.
O colofón final veu da man de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre quen nos fixeron brincar e transmitirnos que os soños poden ser cumpridos!!!
Até o vindeiro curso!! Desde o noso clube xa estamos artellando novas cousiñas para fomentarmos o gusto pola lectura para que o noso alumnado non deixe de soñar!!

Antón Riveiro, Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Ramón Nicolás no obradoiro "Claves literarias para tres voces con éxito". 

César Mallorquí

César Mallorquí

Berta Dávila, Rosalía Fernández, Tamara Andrés e Francisco Castro no obradoiro: "Botarse a escribir"

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre transmitindo boa música e bo ambiente!

O grande Agustín Fernández Paz foi mencionado durante a festa de onte...

A banda d'A banda

A banda sen futuro é a lectura escollida para o club de lectura bibliarousa e, tamén, unha das propostas de lectura de 3º ESO. Para que vaiades facendo boca, un traballo moi orixinal do IES Viós:



Outra das lecturas para 3º ESO é Cando Artur non era Rei. Aquí vos deixamos unha entrevista que se lle fai ao autor, Xabier López López.

Lendo en 2015


Recibiches algún agasallo coma este?
Seguro que entre o apalpador e os reis, algún libro che deixarían....
Pois nós aquí estamos ás voltas coas lecturas que temos pendentes, entre elas O Hobbit, que está case rematado e do que tamén comentamos algunha escena da película:



O venres vémonos para comentar o desenlace e tamén haberá algunha sorpresa sobre Smaug.
Convén ir pensando na próxima lectura!









Cómo se grabo la escena de Smaug en El Hobbit 2

En llamas e sen Mandela



Xa comentamos que este curso a biblioteca está en servizos mínimos, debido á redución horaria que sufrimos. Con todo, non queremos deixar esmorecer un dos proxectos máis entusiastas desta biblioteca: os clubs de lectura. Acollemos a demanda de moitos rapaces que pedían comentar a película "En llamas", despois de ter lido a triloxía "Los juegos del hambre". Falamos das nosas escenas preferidas, do paralelo coa mitoloxía clásica (minotauro, panem et circenses...), da simboloxía do sinsajo... e de moitas cousas máis. Coma sempre, comendo algo de chocolate.


Aproveitamos esta entrada para facer unha pequena homenaxe a Nelson Mandela, a voz dos sen voz, que faleceu onte deixándonos un pouco orfos a todos. No proxecto Dereitos Humanos que traballamos o ano pasado, fixemos referencia á importancia da súa figura. 






Aquí vos deixamos, tamén, o poema Irmaus, musicado por Fuxan os ventos:

Bibliarousa na Voz de Galicia

A voz de Galicia presenta unha pequena reportaxe sobre os nosos clubs de lectura. Fai un  percorrido pola andaina dos nosos clubs ata chegar aos tres  que temos hoxe. Convén engadir a estas reflexións o grao de participación do profesorado que se implicou nesta iniciativa desde o primeiro día; a colaboración dos pais que levan connosco varios cursos e, naturalmente, o traballo de moitos  d@s alumn@s que  pasaron polo club e dos que nestes momentos están a participar.  Parabéns a todos eles e oxalá que cumpramos "mil primaveras máis".

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2013/06/15/club-primeros-lectores/0003_201306A15C119913.htm



Queres ser un sinsajo?



















Á vista do éxito da lectura Los juegos del hambre, vímonos na necesidade de desdobrar o club de lectura Bibliarousa, para respectar os distintos ritmos de lectura:
- por unha banda, os que xa van polo segundo libro, En llamas; ou polo terceiro, Sinsajo.
- por outra, os que seguen coa primeira entrega.

De todos os xeitos, compartimos xogos de imaxes e faremos sesións conxuntas para comentar, entre outras cousas, a película.