Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións

SAMAÍN 2017



O martes 31 celebramos o Samaín e pasámolo de marabilla! Aquí vos deixamos unha mostra... 


Uxía Martínez de 1º C tróuxonos unha torta de cabaza para celebrar o Samaín. 

Photocall na biblioteca



A cabaza número 11, realizada por Kevin Rivas e Iago Rodríguez de 1º A (cicatrices) levou o primeiro Premio.
A cabaza número 12 (a negra), feita por Marta Maestú de 1º A,  levou o segundo Premio.
A cabaza número 8 (araña), de Adrián Rey, 1º C,  levou o 3º Premio. 



A cabaza da dereita, feita por Iván Castro de 1º B, levou o 4º Premio.
A cabaza branca levou o 5º Premio.





SAMAÍN EN BIBLIAROUSA


Bo comezo de semana a todas e todos!!! Hoxe chegamos á biblioteca e atopamos unha decoración docemente terrorífica que debeu ser feita por decoradores do alén...QUE MEDO!!!
Tiveron a ben deixarnos unha mostra de libros e pelis que podemos disfrutar nestes días de terror.
Non vos esquezades que mañá é o Concurso de Cabazas. 



CONCURSO CABAZAS SAMAÍN 2017


Non vos esquezades que este martes se celebra o Concurso de Cabazas en Bibliarousa neste Samaín 2017.
Como podedes concursar? O martes 31 tedes que traer unha cabaza preparada e decorada. O voso nome non pode estar visible, tédelo que indicar na base da cabaza. 

No recreo, as vosas compañeiras e os vosos compañeiros votarán as máis orixinais, creativas, o traballo que vos deu... 

Xa hai moita xente anotada para participar e ti, a que esperas????


Mara Dios opinando sobre Escarlatina, a cociñeira defunta






Crítica

Gustoume moito, ademais lémolo mentres estabamos en Halloween e deu moito misterio.

Está moi ben, así que non esperes máis e cómprao!




Resultado de imagen de escarlatina a cociñeira defunta
(Editorial Xerais)

Samaín 2015


Resolto xa o concurso, velaquí os premios:


Zaira García

Os seus beizos percorren cada poro da miña pel,  a súa respiración acelerada sobre o meu pescozo, os seus ollos de cobre fundido sobre os meus, as súas ardentes caricias  polos meandros do meu corpo. O seu corazón latexaba fortemente sobre o meu peito espido, e a miña inocencia e a súa beleza leváronme aquela noite de pracer e  de lúa chea á más terrorífica das mortes.
Eu non sabía que aquel anxo caído ía ser aquilo...
Algo ía mal cando o seus dentes, agora afiados, apertaron con demasiada forza o meu pescozo, cando as súas uñas se cravaron na miña pel; cando a miña prata vermella comezaba a serme irrelevante sobre a cama. O arquexo arrastrado e afogado que se asemellaba a unha risa...
Abrín os ollos con bágoas que me afogaban. As cordas vocais extinguíronse e vin que el non era o fermoso anxo, senón una besta da que me namorara dende facía catro anos de amizade.
O seu globo ocular tinguido de negro destacaba os seus ollos. O seu enrugado nariz chato olfacteábame; A súa áspera lingua probábame, derretíame...
O último que escoitei foi o seu rosmar desgastado:

-“Agora, a túa nova vida, está a piques de comezar...”      
                                                                                                                                                                                                               Lidia Molina




Carla Bugallo


Pantasma

Era rápido e seguro, cunha pel branca e uñas longas, dentes afiados coma coitelos e ollos vermellos coma o sangue. Perseguíame coma se non houbera mañá e chamábame, chamaba por min. Só sentía ganas de chorar, mais non paraba de correr. Abría portas, percorría corredores e el seguía detrás de min. Pero toda historia remata. Non había máis portas nin máis lugares por onde escapar. Achegueime á parede máis próxima e esperei pola miña norte. Acercábase máis e máis a min pero parou, detívose en seco, quitou a máscara da cara e alí estaba o meu pai facéndome unha broma por Samaín.


                                                                              Alexandra Zels Otero






Andrés Romay

Á saída da taberna

Á saída da taberna, polo camiño do monte que leva ao pozo vello, comezo a notar unha estraña sensación. Noto como se alguén me mirara no medio da escuridade e da brétema da noite, como se me seguira alguén, ou algo! Albisco (ou inténtoo) entre a bruma, por se vexo algo, pero nada. Continúo camiñando polo medio da estreita senda que conduce á aldea cando oio pasos que cada vez son máis rápidos e se acercan máis ao meu carón. Comezo a correr polo medio dos fentos e das xestas, xa mollados polas primeiras augas do orballo da mañá  (fixéraseme moi tarde, a verdade), sen importarme a dor nin nada, mais esa cousa que me perseguía incesante, sexa can, animal de monte, home ou lobishome, cada vez se achegaba máis preto de min. A mala sorte fai que tropece e caia a dar cun xeonllo nunha rocha do camiño sen poderme levantar. Comeza a chover e cantan os lobos… Ai de min! E o meu fin, vanme papar!
-          Señor, señor, esquecéuselle a carteira!

                                                                     Manuel Antonio García 

SAMAÍN 2011


Alma from Rodrigo Blaas on Vimeo.
Peta na porta o Samaín e nós, coma sempre, deixámolo entrar. Este ano tráenos
  • Unha exposición na biblioteca de libros e películas de terror
  • Escolma de relatos de terror para ler e compartir. Se queres seguir lendo, pasa pola biblioteca.
  • Sesións de lectura escalofriantes no club de lectura
  • Cabazas extraordinarias, realizadas en colaboración co voluntariado do horto. Mirade:



« Os difuntos falaban castelao » (9.13 min.)





Por se non podes participar nestas actividades, velaquí unha guía de recursos e unha escolma de videos arrepiantes que nos chega a través da rede de bibliotecas escolares.

Terror na Biblioteca 2

E aproveitando o costume de decorar cabazas, pedímoslle ao alumnado do centro que trouxese calacús decorados terroríficamente. Teñen toda esta semana para facelo, porén xa chegaron os primeiros exemplares, que acompañan a exposición de libros. Destes calacús poden sair grandes historias:

Un calacú renal. Terror con Papá Noel.


Un calacú momia. Medo nas Pirámides.


Un calacú meiga chuchona. Apócema na Arousa.


Un calacú fantasmal. O paiaso do medo.


Un calacú demoníaco. Inferno de Chufre.


E seguirán chegando máis!

Terror na Biblioteca 1

Como este fin de semana cadraron dúas terroríficas celebracións, o Halloween e o Samaín; ás que ademais se lle xunta o día de defuntos, na Biblioteca organizamos unha pequena exposición de fondos (libros e películas) centrada no tema do terror e o misterio. E como estabamos animados, tentamos ambientala para que asustase aos lectores e lectoras:


Gatos negros de Allan Poe e vampiros chupasangues guían o camiño cara a Biblioteca.


Na entrada, un concurso para adiviñar personaxes de terror.


No interior, un túnel asustador leva aos libros.

CÓLLEO, SE TE ATREVES