CHUVIA DE MICRORRELATOS




En abril, para conmemorar o Día do Libro e baixo o lema “En abril, libros mil”, levamos a cabo esta actividade para a que contamos coa colaboración dos alumnos de 1º e 2º da ESO e cos departamentos de Lingua castelá e Lingua galega. Todos os alumnos tiñan que escribir o seu microrrelato a partir dun comezo común “Aquel libro aparecera misteriosamente no andel” (en galego, para os alumnos de 2º e en castelán, para os alumnos de 1º). Despois, plasmaron os seus textos en cartolinas recortadas con forma de gotas de chuvia. Todas estas gotas foron colgadas na entrada do centro ofrecendo unha auténtica chuvia literaria...





PENÉLOPE: Obradoiro Poético con Dores Tembrás




O pasado xoves 18 o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de participar nun obradoiro literario con Dores Tembrás, quen lles deu a coñecer un chisco máis a figura da mítica Penélope a través da literatura galega máis tamén da música e a arte plástica. 
Aquí vos deixamos cun pequeno recordo fotográfico...




RECITANDO A CASARES...




O martes 16 de maio, o Concello de A Illa organizou un acto sobre a figura de Carlos Casares con motivo da celebración do Día da Letras Galegas. Alí, @s alumn@s de Primaria e Secundaria leron unha escolma de textos da obra do ourensán , acompañados por pezas musicais que interpretaron @s alumn@s da Escola de Música do Concello







PASAPALABRA POLAS LETRAS



Onte, 16 de maio, disfrutamos dunha divertida sesión de Pasapalabra co alumnado de 1º ESO. Un total de 47 alumnas e alumnos, distribuídos en 12 equipos, xogaron a adiviñar as palabras que se agochaban detrás de cada unha das definicións que elas/eles mesmos elaboraron nas clases de lingua. Como vedes, os roscos son súper creativos!! Houbo premios doces para todos!!!

😜😜

Son unhas/uns artistas!!! 




Participantes adiviñando palabras 😃
Até construíron un muíño de vento... 😍



GAÑADORAS E GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: DÍA DA MULLER



GAÑADORAS E GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
DÍA DA MULLER

1º PREMIO PARA ANDRÉS ROMAY DE 2º A

2º PREMIO PARA LAURA MOROÑO 2ºA

3º PREMIO PARA LUCAS GARCÍA 2ºB

4º PREMIO PARA PAULA AGRA 4ºB 




A CRISE DOS REFUXIADOS EN IMAXES




Novidade na biblioteca!!! A ruta dos refuxiados é unha crónica fotográfica en branco e negro, na que se amosan as vivencias dos refuxiados e refuxiadas no camiño á paz e liberdade. 


img-book

NOVIDADES EN BIBLIAROUSA


NOVIDADES NA BIBLIOTECA!!!!

O PRINCIPIÑO



Xa tedes na biblioteca o filme baseado na obra de Antoine de Saint-Exupéry para aprender o que significa comprender ao outro e a importancia das relacións humanas... A disfrutala!!! :-P

LETRAS GALEGAS 2017




LETRAS GALEGAS 2017


Resultado de imagem para carlos casares

O IES ILLA DE AROUSA RECITA A CARLOS CASARES O MARTES 16 ÁS 19:30 NO AUDITORIO DA ILLA DE AROUSA