Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de poesía. Amosar todas as publicacións

PENÉLOPE: Obradoiro Poético con Dores Tembrás




O pasado xoves 18 o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de participar nun obradoiro literario con Dores Tembrás, quen lles deu a coñecer un chisco máis a figura da mítica Penélope a través da literatura galega máis tamén da música e a arte plástica. 
Aquí vos deixamos cun pequeno recordo fotográfico...




Letras Galegas 2016

Comezan as nosas actividades arredor das Letras Galegas, esta vez adicadas a Manuel María, o poeta da Terra Chá. Escollemos este telexornal, feito polo CPI dos Dices-Rois. Como cada ano, un traballo extraordinario que se converte en referencia obrigada da figura homenaxeada polas Letras Galegas. Parabéns, compañeiros!



Escoitamos ao autor:




Agora, unha versión de Roi Casal do poema A Fala:


    
  • Recital poético en homenaxe a  Manuel María,  en colaboración co Concello da Illa, a Escola de Música e o CEIP Torre- Illa. Velaquí algúns momentos previos



  •  Obradoiro poético con Dores Tembrás, para 2º ESO.  Despois do éxito do ano pasado, dicidimos repetir a experiencia co seu obradoiro titulado "Poesía + Graffiti". 

A poeta coa súa poeplanta "Si miña señor á i-alba de Arousa beilar", de A. Cunqueiro


  •    Arredor de Rosalía, con Anxo Angueira, para 3º ESO. Comezou falándonos do seu propio    vencello coa Arousa, a través de Dorna, e despois foi desmiuzando a vida e a circunstancia vital de    Rosalía, con recitados extraordinarios da súa obra. Quedamos abraiados co poema "Miña Santiña",    do que vos deixo a última estrofa xa que aínda botamos unhas risas tentando facer a rima con "cara    de mona". 

 -¡Ai, qué Santasa!
¡Ai, qué Santona!
Ollos de meiga,
cara de mona,
   pór n'hei de pórche
os meus pendentes,
pór n'hei de pórche
o meu collar,
   xa que non queres,
xa que non sabes
adeprenderme
a puntear.


Anxo Angueira tamén recibiu a súa poeplanta, co poema "Eu fáloa porque si", versión    libre feita pol@s alumn@s do instituto.

  •  Poeplantas , para 2º e 1º ESO, en colaboración co proxecto Voz Natura do noso centro. Unha vez máis, temos que agradecerlle a Mª Xosé Lázare, compañeira de profesión, esta marabillosa idea. Cada ano melloramos a nosa proposta. Mirade que portadas e que poemas!








Poesía con Dores Tembrás

Velaquí algúns dos momentos da intervención de Dores Tembrás no  obradoiro poético para 2º ESO que tivo lugar na biblioteca do noso instituto.





Ela deixounos, entre outras moitas cousas, un fermoso poema:

amor
que sostés os meus pulsos coma se foran
cuncas diminutas de cerámica chinesa
 
e non sabes que as cereixas
deixaron de medrar
ata que volvas


Para ela, o noso agasallo: unha poeplanta cos nosos microrrelatos.