Amosando publicacións coa etiqueta Anxo Angueira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Anxo Angueira. Amosar todas as publicacións

Letras Galegas 2016

Comezan as nosas actividades arredor das Letras Galegas, esta vez adicadas a Manuel María, o poeta da Terra Chá. Escollemos este telexornal, feito polo CPI dos Dices-Rois. Como cada ano, un traballo extraordinario que se converte en referencia obrigada da figura homenaxeada polas Letras Galegas. Parabéns, compañeiros!



Escoitamos ao autor:




Agora, unha versión de Roi Casal do poema A Fala:


    
  • Recital poético en homenaxe a  Manuel María,  en colaboración co Concello da Illa, a Escola de Música e o CEIP Torre- Illa. Velaquí algúns momentos previos



  •  Obradoiro poético con Dores Tembrás, para 2º ESO.  Despois do éxito do ano pasado, dicidimos repetir a experiencia co seu obradoiro titulado "Poesía + Graffiti". 

A poeta coa súa poeplanta "Si miña señor á i-alba de Arousa beilar", de A. Cunqueiro


  •    Arredor de Rosalía, con Anxo Angueira, para 3º ESO. Comezou falándonos do seu propio    vencello coa Arousa, a través de Dorna, e despois foi desmiuzando a vida e a circunstancia vital de    Rosalía, con recitados extraordinarios da súa obra. Quedamos abraiados co poema "Miña Santiña",    do que vos deixo a última estrofa xa que aínda botamos unhas risas tentando facer a rima con "cara    de mona". 

 -¡Ai, qué Santasa!
¡Ai, qué Santona!
Ollos de meiga,
cara de mona,
   pór n'hei de pórche
os meus pendentes,
pór n'hei de pórche
o meu collar,
   xa que non queres,
xa que non sabes
adeprenderme
a puntear.


Anxo Angueira tamén recibiu a súa poeplanta, co poema "Eu fáloa porque si", versión    libre feita pol@s alumn@s do instituto.

  •  Poeplantas , para 2º e 1º ESO, en colaboración co proxecto Voz Natura do noso centro. Unha vez máis, temos que agradecerlle a Mª Xosé Lázare, compañeira de profesión, esta marabillosa idea. Cada ano melloramos a nosa proposta. Mirade que portadas e que poemas!








Letras Galegas 2015

Eu seméntoa para que se multiplique.

Eu régoa para que non se murche.

Eu sóñoa para que a abale a lúa.

Eu cántoa para que o vento a zoe.

Eu navégoa porque estou a salvo no barco que me leva.

Así celebramos as nosas Letras, sementando palabras, colleitando poemas, versionando un ano máis esa fermosa idea de Mª Xosé Lázare (profesora do IES Castro Alobre) para que a nosa lingua poida durar Mil Primaveiras máis.


  • Poeplantas de 2º ESO





  • Conferencia de Anxo Angueira para 3º ESO





Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro) o 13 de xaneiro de 1961, é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega. É o actual presidente da Fundación Rosalía de Castro, que ten a súa sede na Casa Museo de Rosalía, tomando posesión do cargo o día 1 de xuño de 2012
Traballa como profesor no IES do Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo. As súas obras literarias colocárono no primeiro plano da vida literaria do país. Como poeta publicou Val de Ramirás; O valo de Manselle; Libro da vertixe e o máis recente Fóra do Sagrado. Mais Angueira tamén destaca como poderoso narrador. Así o ten demostrado no libro de relatos Bágoas de facer illas ou nas novelas Pensa nao, Iria  ou A Morte de A

Para saber máis sobre A. Angueira 





Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña en 2001. Doutorouse en 2008 coa tese Arquitectura de un desencuentro, sobre Alejandra Pizarnik, logo de diferentes estadías investigadoras en Suecia, Madrid e Bos Aires. Dende entón non deixou a investigación sobre a literatura hispanoamericana, centrándose na figura desta poeta, impartindo seminarios e participando en numerosos congresos e revistas especializadas. En 2009 publica o seu primeiro poemario, O pouso do fume. Colaborou en revistas como Serta, Revista das Letras coa serie Esquiagrafías, Dorna co micropoemario OPIVM e Caravansari co micropoemario Silabario. En 2013 obtivo o Premio de poesía Concello de Carral coa obra Cronoloxía da urxencia.





A RAG adica este ano o día das Letras Galegas a Filgueira Valverde