Xornais do mundo. As fotos.





Como xa vos anunciamos, a exposición Xornais do Mundo, xa está en marcha.
Pasou por ela case todo o alumnado!
A exposición está organizada partindo da clasificación en familias lingüísticas e os seus respectivos grupos: primeiro as románicas, seguida da vasca, das xermánicas, camiñando até o exotismo final da lingua támil. Intentamos conseguir exemplares de xornais en varias linguas, e de variedades diversas dentro da mesma [español peninsular e de América, portugués peninsular, brasileiro e africano,...].
Tiñamos interese tamén en ter mostras de diferentes alfabetos: cirílico, grego, latino, árabe, chinés,... Esta é a parte da exposición que máis éxito está a ter, pois temos a medio instituto a escribir nomes e mensaxes en todos os sistema de escrita do mundo [case].
Para quen queira volver a visitar a expo, aínda permanecerá aberta outra semana...

Aproveitamos para dar as grazas a todas as persoas que nos axudaron a conseguir os xornais que protagonizan a exposición.


Club de lectura. Unha biblioteca de medo



Despois da lectura de Harry Potter, cadraba ben seguir a liña do medo. Fixemos unha sesión de recomendación de lecturas con este tema ( Henry James, Allan Poe, A. F. Paz, Carlos Ruiz Zafón, C. Miranda...) Por votación, as seguintes lecturas serán Cartas de inverno , El príncipe de la niebla, de Carlos Ruiz Zafón.
Quedamos, coma sempre, os venres no recreo.