DÍA DA PAZ EN BIBLIAROUSA!!


Gandhi dicía que non hai camiño para a Paz, senón que a Paz é o camiño. Por iso, todxs xs que formamos o IES Illa de Arousa queremos aproveitar para festexar todos os días de PAZ. 



Mural "Que calen as armas e falen @s poetas": Agardarei polo albor dun novo día, Celso Emilio.





Poesías pola Paz. Alumnado de 1º de ESO locutou na radio do centro poemas da súa colleita. Velaquí unha pequena mostra, seguimos gravando co profe de música! 


Cine pola Paz: Vaiana, mércores 31/01/2018 ás 16:00 horas na biblioteca do centro. 





Instagram en Bibliarousa



BOAS!! LEMBRÁMOSVOS QUE ESTAMOS A TOPE CO NOSO INSTAGRAM. ALÍ ATOPARÁS MOREAS DE ACTIVIDADES QUE ESTAMOS A REALIZAR NO NOSO CENTRO. 



Bookface en lingua francesa no IES Illa de Arousa


Queridas lectoras e lectores, xa estamos de volta do Nadal e comezamos con moreas de actividades educativas!!! Desta vez da man do alumnado de 4º de ESO na materia de Lingua Francesa. Escolleron unha serie de obras literarias para elaborar o seu bookface. Ímosvos deixando os marabillosos resultados.