Samaín 2015


Resolto xa o concurso, velaquí os premios:


Zaira García

Os seus beizos percorren cada poro da miña pel,  a súa respiración acelerada sobre o meu pescozo, os seus ollos de cobre fundido sobre os meus, as súas ardentes caricias  polos meandros do meu corpo. O seu corazón latexaba fortemente sobre o meu peito espido, e a miña inocencia e a súa beleza leváronme aquela noite de pracer e  de lúa chea á más terrorífica das mortes.
Eu non sabía que aquel anxo caído ía ser aquilo...
Algo ía mal cando o seus dentes, agora afiados, apertaron con demasiada forza o meu pescozo, cando as súas uñas se cravaron na miña pel; cando a miña prata vermella comezaba a serme irrelevante sobre a cama. O arquexo arrastrado e afogado que se asemellaba a unha risa...
Abrín os ollos con bágoas que me afogaban. As cordas vocais extinguíronse e vin que el non era o fermoso anxo, senón una besta da que me namorara dende facía catro anos de amizade.
O seu globo ocular tinguido de negro destacaba os seus ollos. O seu enrugado nariz chato olfacteábame; A súa áspera lingua probábame, derretíame...
O último que escoitei foi o seu rosmar desgastado:

-“Agora, a túa nova vida, está a piques de comezar...”      
                                                                                                                                                                                                               Lidia Molina




Carla Bugallo


Pantasma

Era rápido e seguro, cunha pel branca e uñas longas, dentes afiados coma coitelos e ollos vermellos coma o sangue. Perseguíame coma se non houbera mañá e chamábame, chamaba por min. Só sentía ganas de chorar, mais non paraba de correr. Abría portas, percorría corredores e el seguía detrás de min. Pero toda historia remata. Non había máis portas nin máis lugares por onde escapar. Achegueime á parede máis próxima e esperei pola miña norte. Acercábase máis e máis a min pero parou, detívose en seco, quitou a máscara da cara e alí estaba o meu pai facéndome unha broma por Samaín.


                                                                              Alexandra Zels Otero






Andrés Romay

Á saída da taberna

Á saída da taberna, polo camiño do monte que leva ao pozo vello, comezo a notar unha estraña sensación. Noto como se alguén me mirara no medio da escuridade e da brétema da noite, como se me seguira alguén, ou algo! Albisco (ou inténtoo) entre a bruma, por se vexo algo, pero nada. Continúo camiñando polo medio da estreita senda que conduce á aldea cando oio pasos que cada vez son máis rápidos e se acercan máis ao meu carón. Comezo a correr polo medio dos fentos e das xestas, xa mollados polas primeiras augas do orballo da mañá  (fixéraseme moi tarde, a verdade), sen importarme a dor nin nada, mais esa cousa que me perseguía incesante, sexa can, animal de monte, home ou lobishome, cada vez se achegaba máis preto de min. A mala sorte fai que tropece e caia a dar cun xeonllo nunha rocha do camiño sen poderme levantar. Comeza a chover e cantan os lobos… Ai de min! E o meu fin, vanme papar!
-          Señor, señor, esquecéuselle a carteira!

                                                                     Manuel Antonio García 

De volta

Un curso máis, comezamos as actividades da biblioteca. Iniciamos o curso coas xornadas de acollida para 1º ESO, posta a punto o servizo de empréstitos e retomamos as sesións do club de lectura bibliarousa.


No club de lectura Biliarousa 1 ( 1º e 2º ESO) escollemos, por votación,  a lectura El sueño de Iván. A historia trata de como un equipo de fútbol xuvenil se vai enfrontar a unha selección dos mellores xogadores do mundo coa intención de recadar fondos para os damnificados dun terremoto.

Podedes consultar, tamén, como se fixo a película


Na primeira sesión comezamos vendo algunha escena da fermosa película Quiero ser como Beckham. Analizamos os prexuízos sociais que nos mostra esta historia na que unha rapaza de cultura hindú quere ser futbolista. 




Aprendemos algo máis desta cultura e, entre outras cousas, os diferentes tipos de vestidos e a súa orixe. E todo isto nunha sesión práctica na que Susana nos foi explicando como colocar eses fermosos 7 m. de tea.










Despois de varias sesións de comentario, acabamos a lectura facendo unha valoración da experiencia. Para iso, escollemos unha dinámica parecida á que fai op adestrador do equipo de fútbol: atar con cordas aos xogadores para que aprendan a traballar en equipo. Nós fixémolo envolvendo unha cordiña nos dedos ata quedar todos unidos. Un bo exercicio de expresión oral e corporal!!!

































Máis recomendacións con esta temática:

E. GaleanoEl fútbol a sol y sombra


S. Gómez Xurxo. Déixao medrar

Pinto & Chinto.Tito Longueirón





No club de lectura Bibliarousa 2 (3º e 4º ESO) escollemos Drácula, unha novela de Bram Stoker, publicada en 1897. É un clásico entre os libros de horror, e unha das representacións máis famosas do concepto de vampiro. O libro deu lugar a unha longa serie de versións para o cine, o teatro, a televisión e a banda deseñada.
Para atender aos distintos ritmos lectores, propoñeremos outras versións.










Pese ás poucas sesións que tivemos, aproveitamos ben a lectura:
-comentamos algunha escena da película



e aí seguimos fincándolle o dente a Drácula, simbolizada pola  galleta máis gótica que atopamos.