2º PREMIO OUFF ESCOLA PARA O NOSO IES

O video O xefe Seattle: selvaxe? elaborado polos alumn@s de 4º ESO do ano pasado, resultou gañador do 2º premio no Festival de Cine OUFF Escola de Ourense. Este traballo estaba incluído dentro do Proxecto América, coordenado pola biblioteca deste centro durante o curso pasado. PARABÉNS a tod@s os alumn@s e a Sonia, a directora desta curta.
Novas coma esta fan que este centro sexa coñecido, tamén, polo noso traballo e non só polas xustas e merecidas reivindicacións. Este é o Ensino que queremos!!!

O xefe Seattle: salvaxe? from Ourense Film Festival on Vimeo.

Comentarios

Anónimo dixo…
Noraboa a todos/as. Emocionoume. Graciñas por facer estes traballos tan fermosos
Frianciño dixo…
Parabéns! Seguro que lle tiramos proveito. Unha arousana de adopción.

Publicacións populares