Ciencia na biblio. As cremas solares
Club de Lectura na Biblio coa profe de Física. Aida ensinounos a facer as cremas máis solicitadas do mercado, despois de ler !Que se le van las vitaminas!, de Déborah García Bello. Pasámolo moi ben coñecendo as propiedades e beneficios da química do coidado facial, especialmente importante á hora de protexernos do sol ou outros axentes externos. Cada unha fixo ou seu propio ungüento para levar para a casa. Esperemos que funcione!
Club de lectura de adultos. A culpa
Desta volta reunímonos na Meca para, arredor da mesa para falar de A culpa, de María Solar. Foi unha comida de debate sobre o valor dos cartos, o prezo que temos as persoas e ata onde estamos dispostos a chegar, as relacións tóxicas... Dou para moito, desde logo, pero sobre todo, e coma sempre, desfrutamos dun día de boa compañía.
Novidades na Biblio
Aquí vos deixamos as novidades de primavera da nosa Biblio. Achegádevos a facervos cun dos exemplares recén chegados para gozar do sol e do comezo do bo tempo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)