Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións

Nadal de libros

O ano acaba, e con el facemos memoria dos libros lidos e listaxe dos que veñen. Por iso deixamos aquí as suxestións lectoras que podedes incluír nos propósitos do vindeiro ano. Botádelle un ollo e animádivos tamén a facer suxestións!

Recortes

Coma un mazazo, chegounos a noticia dos novos recortes de profesorado cando aínda estabamos saboreando o resultado do noso proxecto de biblioteca deste curso. Se se manteñen as previsións de recortes, non imos poder atender a biblioteca, con todo o que iso significa:
- catalogación e empréstito de libros,
- coordinación do Proxecto Lector,
- formación de usuarios,
- alfabetización informacional,
- dinamización de recursos,
- proxectos,
- clubs de lectura...
Tantos anos de traballo, tanta implicación do alumnado e do profesorado, tanta ilusión e tanta aprendizaxe...para NADA?????

 "E pois que cada tempo ten seu tempo,
iste é o tempo de (protestar)





A prensa recolle as nosas protestas:








Terror na Biblioteca 2

E aproveitando o costume de decorar cabazas, pedímoslle ao alumnado do centro que trouxese calacús decorados terroríficamente. Teñen toda esta semana para facelo, porén xa chegaron os primeiros exemplares, que acompañan a exposición de libros. Destes calacús poden sair grandes historias:

Un calacú renal. Terror con Papá Noel.


Un calacú momia. Medo nas Pirámides.


Un calacú meiga chuchona. Apócema na Arousa.


Un calacú fantasmal. O paiaso do medo.


Un calacú demoníaco. Inferno de Chufre.


E seguirán chegando máis!

Terror na Biblioteca 1

Como este fin de semana cadraron dúas terroríficas celebracións, o Halloween e o Samaín; ás que ademais se lle xunta o día de defuntos, na Biblioteca organizamos unha pequena exposición de fondos (libros e películas) centrada no tema do terror e o misterio. E como estabamos animados, tentamos ambientala para que asustase aos lectores e lectoras:


Gatos negros de Allan Poe e vampiros chupasangues guían o camiño cara a Biblioteca.


Na entrada, un concurso para adiviñar personaxes de terror.


No interior, un túnel asustador leva aos libros.

CÓLLEO, SE TE ATREVES