FESTA FIN DE CURSO CLUBES DE LECTURA



BOAS!! Onte tivemos a oportunidade de somerxernos na festa de fin de curso dos clubes de lectura, celebrada no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
Alumnado de 3º e 4º de ESO participou en obradoiros interdisciplinares: radio, creación literaria, intercambio de libros... da man de grandes literatxs como Ledicia Costas que foi unha das escritoras traballadas no noso clube de lectura con Escarlatina, a cociñeira defunta; tamén César Mallorquí a quen coñecemos ben no centro grazas ás súas Lágrimas de Shiva. Falou de que a mala literatura tamén debe ser disfrutada porque "grazas" a ela se van formando novas e novos lectores críticos.
O colofón final veu da man de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre quen nos fixeron brincar e transmitirnos que os soños poden ser cumpridos!!!
Até o vindeiro curso!! Desde o noso clube xa estamos artellando novas cousiñas para fomentarmos o gusto pola lectura para que o noso alumnado non deixe de soñar!!

Antón Riveiro, Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Ramón Nicolás no obradoiro "Claves literarias para tres voces con éxito". 

César Mallorquí

César Mallorquí

Berta Dávila, Rosalía Fernández, Tamara Andrés e Francisco Castro no obradoiro: "Botarse a escribir"

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre transmitindo boa música e bo ambiente!

O grande Agustín Fernández Paz foi mencionado durante a festa de onte...

Comentarios

Publicacións populares