Amosando publicacións coa etiqueta #clubsdelecturagal b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #clubsdelecturagal b>. Amosar todas as publicacións
CHEIRA A OUTONO E NATUREZA NA BIBLIOTECA
O alumnado de 4º de ESO fixo unha pescuda dalgunhas obras de temática ecolóxica que se agochan nas estanterías da nosa biblioteca.
FESTA FIN DE CURSO CLUBES DE LECTURA
BOAS!! Onte tivemos a oportunidade de somerxernos na festa de fin de curso dos clubes de lectura, celebrada no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
Alumnado de 3º e 4º de ESO participou en obradoiros interdisciplinares: radio, creación literaria, intercambio de libros... da man de grandes literatxs como Ledicia Costas que foi unha das escritoras traballadas no noso clube de lectura con Escarlatina, a cociñeira defunta; tamén César Mallorquí a quen coñecemos ben no centro grazas ás súas Lágrimas de Shiva. Falou de que a mala literatura tamén debe ser disfrutada porque "grazas" a ela se van formando novas e novos lectores críticos.
O colofón final veu da man de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre quen nos fixeron brincar e transmitirnos que os soños poden ser cumpridos!!!
Até o vindeiro curso!! Desde o noso clube xa estamos artellando novas cousiñas para fomentarmos o gusto pola lectura para que o noso alumnado non deixe de soñar!!
![]() |
| Antón Riveiro, Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Ramón Nicolás no obradoiro "Claves literarias para tres voces con éxito". |
![]() |
| César Mallorquí |
![]() |
| César Mallorquí |
![]() |
| Berta Dávila, Rosalía Fernández, Tamara Andrés e Francisco Castro no obradoiro: "Botarse a escribir" |
![]() |
| Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre transmitindo boa música e bo ambiente! |
![]() |
| O grande Agustín Fernández Paz foi mencionado durante a festa de onte... |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







