Boas!!! Seguimos con máis cousiñas para reivindicar a igualdade das mulleres. Neste caso, o alumnado de 3º de ESO, guiado pola profe Rocío, pescudou información sobre os grandes logros matemáticos con mente feminina. Por exemplo, sabías que Emma Northom fixo grandes aportacións á Teoría da Relatividade ou no eido da álxebra?
As alumnas do IES da Illa deArousa, desde a radio escolar, empregaron un traballo da Marcha Mundial das Mulleres do ano 2010 para elaborar este vídeo.
Moitas grazas a todas!!
O venres tivemos sesión relax con chocolate. Estivemos vendo esceas de series relacionadas con Ulises e as cronoamigas, o último libro que lemos. Amais, cadaquén leu o que quixo mentres papabamos nas galletas e bolos de chocolate!! Repetiremos...
O vindeiro mércores 7 de marzo, o alumnado de 1º de ESO compartirá unha sesión de literatura coa escritora de La canción de Shao Li, Marisol Ortiz de Zárate. Terán a oportunidade de facerlle unha pequena entrevista que será emitida na radio do centro.
O pasado 6 de febreiro o alumnado de 4º de ESO tivo unha clase de Lingua e Literatura Galega diferente, xa que realizaron un Encontro Literario con Manuel Núñez Singala, quen lles falou da escrita literaria e da normalización da lingua galega. Interesantes preguntas que realizaron as alumnas e alumnos, quen previamente tiñan lido e investigado sobre obras do autor.
Esta actividade foi organizada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte baixo o programa "Ler dáche vidas extra".