O día de Rosalía celébrase si ou si!

O pasado 24 de febreiro celebramos no IES da Illa de Arousa o día de Rosalía, conmemorando así o aniversario do nacemento da nosa poeta máis celebrada.

Nesta data agasallamos a un ser querido cun libro e unha flor e nós non iamos ser menos. Preparamos uns fermosos marcapáxinas cos versos de Cantares gallegos e de Follas novas, e engadimos unha flor, das que xa comezan a agromar en febreiro, coas primeiros raios de sol antes da primavera.

E quedaron así de fermosos! Ollade que cantidade de artistas temos na Arousa!



 

Club de lectura III. Fagámonos visibles

 


O alumnado de 3º e 4º da ESO lerá no Club de Lectura Invisible, de Eloy Moreno. Unha novela que emociona e que nos fai reflexionar sobre as relacións sociais na adolescencia e a importancia de visiblizar as situación de acoso. 

Este é un libro que todos e todas deberiamos ler. Se non te anotaches, aínda está a tempo. Anímaste?

Non hai curso bo sen un bo equipo!

Comeza o ano en con el novos retos lectores. Unha páxina en branco para encher con listaxes de libros. Neste caso imos con o O neno co pixama de raias, de John Boyne. E a tradución ao galego, por suposto! O certo é que este libro nunca defrauda. Sabedes que o seu autor o escribiu en nada menos que DOUS DÍAS!!! Iso foi algo que aprendimos hoxe, e o que nos queda. Aproveitamos para ver algún fragmento da película, que leva o mesmo nome, e así poder poñerlle cara aos dous protagonistas da novela, aínda que, como xa sabedes, os libros son mellores porque a nosa imaxinación vai sempre máis aló de calquera imaxe. Quen máis leu este libro? Ou decantástesvos antes pola versión cinematográfica? Cal é o voso personaxe preferido? E o máis odiado? Se non o lestes, estas cinco mozas reconméndavolo sen dúbidas!

Club de lectura #Bibliarousa

 




O ano arranca cargadiño de novas vibracións. Parece que se ve un raíño de luz ao fondo do túnel, non si? E mentres agardamos e esa nova vida, nós que facemos? Ler, que é o que se nos dá ben.

Arrincamos o ano co Club de lectura Bibliarousa. Os membros máis destacados escolleron o libro, O neno co pixama a raias", unha edición en galego do libro publicado por John Boyne que narra a historia de Bruno, un neno alemán que se muda a unha casa preto dunha reixa. 

O autor recomenda non estragar a lectura lendo a contraportada. Sumerxiremonos  logo na súa lectura e descubriremos os segredos desta novela sobre a II Guerra Mundial da que temos tamén a versión cinematográfica.

Estamos convencidxs da que non nos deixará indiferentes. Imos aló!

AVISO! Manexe con cautela. Ler crea adición.

 



Ai, o Nadal, unha das datas máis esperadas por todos. As comidas, as festas, o turrón, as vacacións, decorar a árbore, os agasallos, a familia... e o tempo libre para ler, ler e ler sen parar.

Ás veces, o ritmo do curso afóganos e deixamos de facer  o que máis nos gusta. Pois agora debes recuperar o tempo perdido. E para que che sexa máis doado, en Bibliarousa facémoche as recomendacións lectoras máis variadas, aptas para todos os públicos. 

Pensa que libro che gustaría ler e pídeo en prestamos.bibliarousa@gmail.com

Samaín en Bibliarousa


 O Samaín sempre é unha boa festa para gozar das tradicións. Na Arousa temos o Día de Pedir como algo case única e especial. Este ano foi ben diferente, pero iso non nos impediu gozar do día igual. Neste caso, cuns bos relatos que che xean a pel. 

Lucía (2ºD) e Xoel (4ºB) mandáronnos estas historias de creación propia que merece a pena escoitar e, por que non, contar e difundir. Un pouquiño de medo non lle fai mal a ninguén, ou si?

E para que non quededes con gana de máis historias e
starrecedoras, deixámosvos algunhas recomendacións lectoras que non vos van deixar indiferentes.



Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (Ed. Xerais)

Cando petan na porta pola noite, de X. P. Docampo (Ed. Xerais)

Á lus do candil, de Ánxel Fole (Ed. Galaxia)

Pasaporte lector #Bibliarousa

 


Eis, viaxeirxs! Todas as viaxes requiren dunha identificación, e as que nos facemos en Bibliarousa non ían ser menos. 

Pedide na Biblio o pasaporte lector. Selade os libros que collades na Biblio e cada cinco lecturas, levaredes un agasallo. E garda o pasaporte, as boas e os bos viaxeiros levaran un premio final!

E non perdades nas nosas redes sociais as recomendacións lectoras para pasar un nadal cheo de aventuras, e sen saír do sofá!


#Bibliarousa en tempos de pandemia



É certo que a vida nos cambiou, e moito. E desde logo o isntituto xa non é o que era. Pero pronto volveremos á normalidade. Mentres, os libros son unha boa forma de levar mellor a situación. Non deixes de ler!

A pandemia pechounos a biblio pero poderemos seguir levando libros para a casa para gozar das tardes dunha forma espcial.

Aquí tes a "nova normalidade" de Bibliarousa, que esperamos, durará pouco.

Debes solicitar os libros que desexes en prestamos.bibliarousa@gmail.com.

Anímaste!

BOOKTUBER

A nosa alumna Uxía Martínez de 3º ESO animouse a facer un booktuber. Aquí tendes a súa interesante aportación.


Gañador "Recitando Música"

Dende o Equipo da Biblioteca, como do profesorado de Lingua Galega e por suposto, de todo o profesorado do IES Illa de Arosa, queremos darlle a NORABOA a alumna Uxía Martínez polo maravilloso traballo que fixo para este concurso. Ela, xunto coa súa familia, é a GAÑADORA.
Aquí tendes o seu recitado.




A Arousa Le

Os nosos alumnos e alumnas fan a súa achega ao día das Letras coa escolla destes poemas e microrrelatos.

Felices Letras 2020!


Concurso.

Aquí deixamos as primeiras aportacións do noso alumnado e familias.