Salvando libros


Despois de varias sesións de traballo, xa está en marcha a nosa exposición "Salvando libros".
Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.

Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.
Esta foi a nosa particular maneira de celebrar o Día das Letra Galegas, que este ano tiveron como protagonista, amais de Lois Pereiro, a moitísim@s escritores, salvados grazas á colaboración de
96 bibliotecas que participaron neste fermosísimo proxecto.

Queremos dar moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.




ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:

Comentarios

Anónimo dixo…
Tres pasos polo misterio de Agustín Fernández Paz


¨ Só hai unha cativa posibilidade de deter a Deusa Serpe, e alguén debe intentalo antes de que sexa demasiado tarde. Alguén debe volver á Roza das Modias e arrasar con todo o que alí hai, destruír o niño onde naceu tanta maldición, facer que o lume purificador acabe con calquera vestixio de vida. Quizais así se consiga que remate este pesadelo e que a Deusa Serpe, privada da forza maligna que a sostén, volva outra vez á súa forma de pedra e permaneza aprisionada nela deica a fin dos tempos.

Sergio Dios Cores 4º P.D.C

Publicacións populares