Relatos en bolboretas

En 3º ESO comezamos este curso coa lectura do relato de M. Rivas "A lingua das bolboretas". Despois de traballar este conto e visionar algunha escena da película, todos queriamos, como é natural, verlle a lingua ás bolboretas. E conseguímolo! Pintámolas de cores e puxémoslle unha lingua con cadanseu microrrelato, comezando por algunha das frases do conto orixinal, entre elas:
  •  Tanto nos falaba de como se agrandaban as cousas miúdas é invisibles… 
  •  Cando levades o dedo humedecido a un tarro de azucre…
  •  Ao principio, os meus pais non podían crelo, non podían entender como eu quería ao meu mestre...
  •  Creo que nunca corrín tanto como aquel verán anterior ao ingreso na escola. .
  •  O meu pai contaba como un tormento, como se lle arrincaran as amígdalas coa man… 
  •  Encollido na cama, escoitaba o reloxo de parede na sala coa anguria dun condenado. 
  •  O medo, como un rato, roíame os adentros. 

 E así fomos compoñendo as nosas historias. Se queres lelas, achégate á exposición dos nosos "Relatos en bolboretas"


Club de Lectura

No Club de Lectura estamos a tope!! Andamos a ler "O achado do castro" de M. Singala e argallando algo co rap e funk... Irémosvos informando...




Visita de Carlos Meixide


O pasado venres 18 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas 2018, o alumnado de primeiro ciclo solicitou a visita do seu escritor favorito en lingua galega, Carlos Meixide
Fixeron un gran traballo para sorprender ao autor, como xa vistes na entrada anterior, pero el@s tamén foron soprendidos... Carlos Meixide está a traballar na súa próxima novela e esta está ambientada na Illa de Arousa!! Graciñas Carlos, agardamos con ilusión esta nova achega!! 














Carlos Meixide na Arousa

Preparando a visita de Carlos Meixide, deixámosvos unha mostra do traballo das rapazas e rapaces de 2º ESO. Esta é a benvida a un escritor que xa ten o seu club de fans incondicionais na Arousa.
Meixide Internet from María Fé Souto Rego on Vimeo.
Mi película 1 (1) from bibliarousa on Vimeo.

LETRAS GALEGAS 2018



Boas!!! Comezamos coas actividades para celebrar as Letras Galegas 2018. Hoxe, o alumnado de 2º ESO está gozando dun obradoiro de poesía con Dores Tembrás. Tamén teremos a visita de María Solar e Carlos Meixide, quen nos falarán de "Os nenos da varíola"  e "Cans", respectivamente... 
No vos esquezades que o venres 18 é o día límite para a entrega de relatos no I Concurso de Relatos Letras Galegas 2018. 


Dores Tembrás impartindo obradoiro de poesía a 2' Eso.

María Solar falando da súa obra no Auditorio para o alumnado de 3' e 4' ESO

Exposición de María Victoria Moreno, agasallo da Consellería 

Exposición María Victoria Moreno



Xogos educativos en Bibliarousa


Xa chegaron os novos xogos á biblioteca, para reforzar contidos de ciencias, lingua, historia... de maneira divertida. Vén á biblio gozar destas novas adquisicións!!

Inauguración recuncho de ler

Hoxe inauguramos o recuncho de ler coa chegada dos puffs tan desexados.  Súperilusionad@s!!! Grazas ao Plambe, seguirán chegando novas cousiñas!! 




Canto contan as familias!!

O pasado 23 de abril, acompañounos Manolo Panadero quen nos leu relatos da súa colleita e nos deu indicacións para facer un relato a partir das experiencias vividas no día a día. 







Cine Día do Libro 2018

Onte pasamos unha tarde amena con "Una serie de catastróficas desdichas", baseada na obra de L. Snicket.



Podcast do Martes. Semana do Libro

 

O mellor documental que se fixo sobre Corea do Norte é unha historieta. Guy Delisle cóntanos a sua estancia na capital coreana cun agudo sentido da observación e a ironía.
Escoita o noso podcast do martes nesta Semana do Libro.



Canto contan as familias!!


Esta semana visitarannos familiares do alumnado para lernos relatos da súa colleita. Cada visita será unha sorpresa!!! 



Cine no Día do Libro


Agardámosvos este luns para disfrutarmos dunha sesión de cine en  Bibliarousa.  Coma sempre, haberá froitas e chuches!! 



Día da Poesía 2018



Onte celebramos o Día da Poesía con vídeopoemas realizados polo alumnado. Deixámosvos unha mostra






Mulleres matemáticas



Boas!!! Seguimos con máis cousiñas para reivindicar a igualdade das mulleres. Neste caso, o alumnado de 3º de ESO, guiado pola profe Rocío, pescudou información sobre os grandes logros matemáticos con mente feminina. Por exemplo, sabías que Emma Northom fixo grandes aportacións á Teoría da Relatividade ou no eido da álxebra? 





Resume histórico do Día da Muller Traballadora


As alumnas do IES da Illa deArousa, desde a radio escolar, empregaron un traballo da Marcha Mundial das Mulleres do ano 2010 para elaborar este vídeo.
Moitas grazas a todas!!

Club de Lectura: Ulises e as cronoamigas... Sesión relax!!!



O venres tivemos sesión relax con chocolate. Estivemos vendo esceas de series relacionadas con Ulises e as cronoamigas, o último libro que lemos.
Amais, cadaquén leu o que quixo mentres papabamos nas galletas e bolos de chocolate!! Repetiremos... 




Encontro Literario con Marisol Ortiz: La canción de Shao Li


O vindeiro mércores 7 de marzo, o alumnado de 1º de ESO compartirá unha sesión de literatura coa escritora de La canción de Shao Li, Marisol Ortiz de Zárate. Terán a oportunidade de facerlle unha pequena entrevista que será emitida na radio do centro. 


II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: DÍA DA MULLER





CONCURSO: PONLLE NOME Á RADIO...






ENCONTRO LITERARIO CON MANUEL NÚÑEZ SINGALA


O pasado 6 de febreiro o alumnado de 4º de ESO tivo unha clase de Lingua e Literatura Galega diferente, xa que realizaron un Encontro Literario con Manuel Núñez Singala, quen lles falou da escrita literaria e da normalización da lingua galega. Interesantes preguntas que realizaron as alumnas e alumnos, quen previamente tiñan lido e investigado sobre obras do autor. 

Esta actividade foi organizada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte baixo o programa "Ler dáche vidas extra".