Club de Lectura. Sibila

Dunha Illa a outra Illa. Unha sen nome que non fixo senón mergullarnos en todas as illas que hai en nós. Rosa Aneiros nuca defrauda e deixounos un Club de Lectura cheo de reflexións.
A lingua, os topónimos, os personaxes, as relacións... deixáronnos atrapadas, como prendidas do fío vermello do vestido de Amalia, dos ollos de Minina ou dos paxaros de Miluchas. Nós tamén queremos beber agora auga da fonte de Setestrelo.