O Grupo co Grupo
Escollimos este libro máis co corazón que coa cabeza. Ás veces a portada, o título... impúlsanos a escoller unha ou outra lectura. Neste caso foi o nome das protagonistas o que nos levou a decantarnos por el, porque quen non se sentiu máis próxima a un compañeiro de onomástica algunha vez?
Escollimos xuntarnos na praia. O vento era forte pero gozamos de analizar a nosa personaxe preferida ou de poñernos na súa pel e ver como reaccionariamos nós se foramos Carla, Antón ou Runa.
É unha novela para pensar, para reflexionar e poñernos na situación de quen carga ás veces cunha gran mochila.
Animádevos!