Neste curso entramos de novo no programa Bibliotecas Solidarias. O certo é que un dos programas máis satisfactorios que realizamos. Un gran número de alumnos e alumnas sumouse ao programa e cada recreo temos un lote de mans axudando nas tarefas diarias da Biblio. Isto dá soporte á Biblioteca, pero tamén se meten de cheo detrás dos libros. Coñécenos, lenos, compártenos e vólvense así parte da súa vida diaria.
Tamén son as responsables de organizar eventos, actos, concursos... dá gusto.
E sobra dicir que non poderiamos ter mellores axudantes! Eficientes, resolutivs, curiosxs... Que gusto rodearse de xente así!