Que gusto dá recibir amigos da Biblio. Carlos Meixide é un deles. Sempre nos acompaña para falar da súa novela e do proceso de escrita. Neste caso, foi recibido polo alumnado de 2º de ESO, que vén de ler a súa novela,
Ons, e algúns xa se adentraron na continuación do misterio dos 5 de Ons, con
Cans ou
Portugal. Se aínda non lestes ningunha das súas obras, ide correndo a coller un prestado, porque é unha moi boa lectura de verán.