Exposición Castelao


Velaquí a nosa exposición sobre a obra gráfica de Castelao.  



A nosa  derradeira lección do mestre é froito do traballo do alumnado de 4º ESO que, en pequenos grupos, seleccionaron diferentes láminas con cadansúa temática: educación, emigración, ecoloxismo, violencia de xénero... 







Relatos en bolboretas

En 3º ESO comezamos este curso coa lectura do relato de M. Rivas "A lingua das bolboretas". Despois de traballar este conto e visionar algunha escena da película, todos queriamos, como é natural, verlle a lingua ás bolboretas. E conseguímolo! Pintámolas de cores e puxémoslle unha lingua con cadanseu microrrelato, comezando por algunha das frases do conto orixinal, entre elas:
  •  Tanto nos falaba de como se agrandaban as cousas miúdas é invisibles… 
  •  Cando levades o dedo humedecido a un tarro de azucre…
  •  Ao principio, os meus pais non podían crelo, non podían entender como eu quería ao meu mestre...
  •  Creo que nunca corrín tanto como aquel verán anterior ao ingreso na escola. .
  •  O meu pai contaba como un tormento, como se lle arrincaran as amígdalas coa man… 
  •  Encollido na cama, escoitaba o reloxo de parede na sala coa anguria dun condenado. 
  •  O medo, como un rato, roíame os adentros. 

 E así fomos compoñendo as nosas historias. Se queres lelas, achégate á exposición dos nosos "Relatos en bolboretas"


Club de Lectura

No Club de Lectura estamos a tope!! Andamos a ler "O achado do castro" de M. Singala e argallando algo co rap e funk... Irémosvos informando...




Visita de Carlos Meixide


O pasado venres 18 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas 2018, o alumnado de primeiro ciclo solicitou a visita do seu escritor favorito en lingua galega, Carlos Meixide
Fixeron un gran traballo para sorprender ao autor, como xa vistes na entrada anterior, pero el@s tamén foron soprendidos... Carlos Meixide está a traballar na súa próxima novela e esta está ambientada na Illa de Arousa!! Graciñas Carlos, agardamos con ilusión esta nova achega!! 














Carlos Meixide na Arousa

Preparando a visita de Carlos Meixide, deixámosvos unha mostra do traballo das rapazas e rapaces de 2º ESO. Esta é a benvida a un escritor que xa ten o seu club de fans incondicionais na Arousa.
Meixide Internet from María Fé Souto Rego on Vimeo.
Mi película 1 (1) from bibliarousa on Vimeo.

LETRAS GALEGAS 2018



Boas!!! Comezamos coas actividades para celebrar as Letras Galegas 2018. Hoxe, o alumnado de 2º ESO está gozando dun obradoiro de poesía con Dores Tembrás. Tamén teremos a visita de María Solar e Carlos Meixide, quen nos falarán de "Os nenos da varíola"  e "Cans", respectivamente... 
No vos esquezades que o venres 18 é o día límite para a entrega de relatos no I Concurso de Relatos Letras Galegas 2018. 


Dores Tembrás impartindo obradoiro de poesía a 2' Eso.

María Solar falando da súa obra no Auditorio para o alumnado de 3' e 4' ESO

Exposición de María Victoria Moreno, agasallo da Consellería 

Exposición María Victoria Moreno



Xogos educativos en Bibliarousa


Xa chegaron os novos xogos á biblioteca, para reforzar contidos de ciencias, lingua, historia... de maneira divertida. Vén á biblio gozar destas novas adquisicións!!

Inauguración recuncho de ler

Hoxe inauguramos o recuncho de ler coa chegada dos puffs tan desexados.  Súperilusionad@s!!! Grazas ao Plambe, seguirán chegando novas cousiñas!! 




Canto contan as familias!!

O pasado 23 de abril, acompañounos Manolo Panadero quen nos leu relatos da súa colleita e nos deu indicacións para facer un relato a partir das experiencias vividas no día a día. 







Cine Día do Libro 2018

Onte pasamos unha tarde amena con "Una serie de catastróficas desdichas", baseada na obra de L. Snicket.



Podcast do Martes. Semana do Libro

 

O mellor documental que se fixo sobre Corea do Norte é unha historieta. Guy Delisle cóntanos a sua estancia na capital coreana cun agudo sentido da observación e a ironía.
Escoita o noso podcast do martes nesta Semana do Libro.