O exército inimigo invade a nosa ría!!!!!!!!!!!!!!

E se Galiza fose invadida por un exército inimigo?
Como se organizaría a resistencia?
Con que medios contariamos para defendernos?
Esta marabillosa docu-ficción de Susana Rei, As cousas de Kulechov,contesta a todas estas preguntas.

Felices lecturas!!!


O club de lectura Bibliarousa felicita estas festas con tarxetas de recomendación de lecturas.
Velaquí as nosas suxestións:
Tamén lles desexamos felices lecturas ao grupo de "profes" do noso club:




ULISES


A próxima lectura, para o venres 28, tratará o tema do mito de Ulises.
Escollemos varias posibilidades de lectura:
  • para os máis atrevidos, La Odisea, a obra orixinal de Homero,
  • se queres unha lectura rápida, Deuses e heroes da mitoloxía grega, de Giovanni Caselli e Michael Gibson .

Maxia no club de lectura




Rematamos os comentarios sobre As memorias de Idhún creando o noso obxecto máxico, feito coas distintas personaxes simbolizadas con distintas cores.
Grazas ás feiticeiras mans d@s nos@s alumn@s creamos a nosa "alma"

Somos políglotas!!!


Contaxiados polo espíritu das linguas que nos deixou a exposición de "Xornais do mundo", decidimos mostrar a configuración do noso blog en diferentes idiomas . O primeiro foi o portugués, agora vai en FRANCÉS. Pensamos que, cantos máis idiomas falemos, mellor nos imos entender.

Lecturas de verán. E agora, que lemos?


Na primeira sesión deste curso, no club de lectura bibliarousa, comentamos as nosas lecturas de verán: Sangre de Tinta de Cornelia Funke, A sombra do vento, de Carlos Ruiz Zafón e varios libros máis.

Despois de darlle moitas voltas, escollemos Memorias de Udhún, de Laura Gallego. Esta obra contaba con boas referencias por parte dos nosos lectores e podiamos conseguir os exemplares precisos para cada participante.
Vémonos o próximo venres no recreo.

Que liches este verán?


Xa estamos de volta e queremos comentar as nosas lecturas de verán. Velaquí vai a proposta:

  • Cal foi o libro que máis che gustou?
  • Quen cho recomendou?
  • Qu lecturas che gustaría comentar no noso club?

Despedida club de lectura bibliarousa

Na última sesión do club "biliarousa" despedímonos xogando:

- Nun percorrido polo instituto, cada alumn@ tiña que traer: un organisno vivo, unha máquina simple, un olor, algo máis vello ca eles...



- "A pitacega con lazarillo". Cos ollos pechados había que identificar o camiño e as sensacións que o compañeiro ía mostrando.



-Para rematar, unha avaliación moi especial: arredor dun paracaídas, e con cadanseu globo, tiñan que ir dicindo o que máis lles gustou do club de lectura.


-Como non podía ser doutra maneira, acabamos comendo chocolate, o noso conxuro contra os difíciles "patronus" que temos ao longo do curso.

lecturas de verán




Unha novidade para este curso:
Como é o verán a época en que máis tempo temos para disfrutar da lectura, sexa na praia, á sombra dos piñeiros ou na casa, o máis lóxico é que non estea pechada a biblioteca.
Por iso, e como proba, estes últimos días poderedes coller libros e películas en préstamo, nas mesmas condicións que durante o curso, só que tendo a tranquilidade de que dispoñedes do mes de Xullo para devolvelos. Iso si, en vez de facelo no local da biblioteca, farédelo na conserxería, pois será Pedro quen teña a listaxe de préstamos.
Para darvos ideas e facer suxerencias, hai na biblioteca unha pequena exposición con lecturas de verán.

Exposición sobre África





Estes últimos días de curso aproveitamos para dar conta do que algúns grupos se esforzaron durante o ano. Podemos coñecer os traballos sobre África que realizaron alumnas e alumnos do centro.
Por unha parte, os grupos de segundo, nas clases de Amancio, prepararon murais sobre todos [TODOS!!] os países de África, con todos os datos básicos sobre cada un para que aprendamos un pouco máis sobre este continente.
Por outra, o grupo de cuarto de Bioloxía, con Charo, preparou murais e maquetas sobre os grandes biomas deste mesmo continente.
Podedes velos todos na biblioteca.
Vide coñecer África!!

MOTIVACIÓN LECTORA


O pastor Miguel Brun contoume que fai algúns anos estivo cos indios do Chaco Paraguaio.
Formaba parte dunha misión evanxelizadora.
Os misioneiros visitaron un cacique que tiña prestixio de ser moi sabio.
O cacique, un gordo quieto e calado, escoitou sen pestenexar a propaganda relixiosa que lle leron na lingua dos indios.
Cando a lectura rematou, os misioneiros
quedaron esperando.
O cacique tomouse o seu tempo. Despois, opinou:
"-ISO RASCA, E… RASCA MOITO, E… RASCA MOI BEN…
E SENTENCIOU:
PERO RASCA ONDE NON PICA"
E. GALEANO

Xornais do mundo. As fotos.





Como xa vos anunciamos, a exposición Xornais do Mundo, xa está en marcha.
Pasou por ela case todo o alumnado!
A exposición está organizada partindo da clasificación en familias lingüísticas e os seus respectivos grupos: primeiro as románicas, seguida da vasca, das xermánicas, camiñando até o exotismo final da lingua támil. Intentamos conseguir exemplares de xornais en varias linguas, e de variedades diversas dentro da mesma [español peninsular e de América, portugués peninsular, brasileiro e africano,...].
Tiñamos interese tamén en ter mostras de diferentes alfabetos: cirílico, grego, latino, árabe, chinés,... Esta é a parte da exposición que máis éxito está a ter, pois temos a medio instituto a escribir nomes e mensaxes en todos os sistema de escrita do mundo [case].
Para quen queira volver a visitar a expo, aínda permanecerá aberta outra semana...

Aproveitamos para dar as grazas a todas as persoas que nos axudaron a conseguir os xornais que protagonizan a exposición.


Club de lectura. Unha biblioteca de medo



Despois da lectura de Harry Potter, cadraba ben seguir a liña do medo. Fixemos unha sesión de recomendación de lecturas con este tema ( Henry James, Allan Poe, A. F. Paz, Carlos Ruiz Zafón, C. Miranda...) Por votación, as seguintes lecturas serán Cartas de inverno , El príncipe de la niebla, de Carlos Ruiz Zafón.
Quedamos, coma sempre, os venres no recreo.

Ler o mundo


Comezamos a 2ª edición de "Ler o Mundo". Esta actividade está dirixida ao alumnado de 2º ESO. Traballaremos con "Astérix nos xogos olímpicos", "Astérix e Cleopatra", "Tintín no Congo" e "A noite de Samaín"

Obradoiro sobre o Paleolítico











O venres, 14 de marzo, o alumnado de 1º de ESO vai participar nunha charla-obradoiro sobre a cultura material paleolítica. Entre outras actividades, os participantes poderán ver como se fabricaban diferentes ferramentas (bifaces, raedeiras, etc.) naquela época.

"Xornais no mundo"


Durante o mes de abril, "Xornais do mundo"
Exposición de distintos xornais en diferentes linguas, acompañados dunha pequena introdución sobre a orixe da escritura e os diferentes alfabetos (grego, latino, cirílico, árabe, chinés...)

club de lectura bibliarousa


"A maxia dos libros de Harry Potter"
Reunión do club de lectores para comentar o libro "Harry Potter e o preso de Azkabán". Xoves, 28 de marzo, no recreo.
As sesións sobre esta obra comezaron cun reparto de cartas dos distintos animais fantásticods que aparecen nesta lectura. Segundo a carta que che tocase, comezabas a falar da escena correspondente. Esta técnica deu moi bo resultado pois todo o mundo tiña algo que dicir sobre o hipogrifo, o lobishome, o boggart... Na última sesión sobre Harry Potter, repartimos chocolate para recuperar forzas, tal como se facía con Harry despois de facer o Patronus.

O Amor na biblioteca


O Amor na biblioteca. Un percorrido polas historias de amor máis famosas en formato libro ou películas. Ao tempo, poderás ler unha escolma de textos de diversos autores (Cortázar, Rosa Aneiros, Catulo...)reunidos baixo o título "Que me queres,Amor?".

Comezamos!

Por fin, despois de semanas pelexando co rato, co blogger, co teclado, co contrasinal e co santísimo ordenador (mártires, nós), bota a andar o blog da biblioteca do IES Illa de Arousa.