Amosando publicacións coa etiqueta linguas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta linguas. Amosar todas as publicacións

BENVID@S!!!




BENVIDAS E BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO NO IES ILLA DE AROUSA!!! 
COMEZAMOS CELEBRANDO O DÍA EUROPEO DAS LINGUAS COAS CREACIÓNS DO ALUMNADO DE PRIMEIRO CICLO...
ESCOLLERON UNHA PALABRA INTRADUCIBLE E FIXERON UNHA ILUSTRACIÓN A MODO DE EXPLICACIÓN...
TAMÉN SE REPARTIRON PEGATINAS CO LEMA "FÁLAME" EN DIFERENTES LINGUAS. 
Velaquí unha pequena mostra do traballo do alumnado:



Komorebi (Xaponés): Efecto da luz difuminada e entrecortada que acontece cando os raios do sol brillan entre as árbores.
Pegatinas co lema "Fálame" en diversas linguas
Sudoku (Xaponés): Xogo matemático

Won (Coreano): Rexeitamento por esquecer unha ilusión

Tsundoku (Xaponés): Acto de mercar un libro e deixalo nunha estantería sen lelo...

Culaccino (Italiano): Marca que deixan os vasos sobre unha mesa

Prozvonit (Checo): Facer unha chamada perdida para que cha devolvan
Iktsuarpok (Inuit): A frustración de agardar por alguén
Gökotta (Sueco): Acordar cedo co propósito de escoitar aos paxaros cantar
Fernweh (Alemán): Morriña por un lugar ao que nunca fuches
Pochemuchka (Ruso): Persoa que fai demasiadas preguntas

Aware (Xaponés): Felicidade melancólica por un momento de beleza efímero
Hanyauku (Rukwangali): Acto de camiñar sobre a ponta dos pés sober a area quente

Bretón, galés, élfico e outras linguas

Un ano máis, botamos man da nosa exposición "Xornais do mundo" á que tanto rendemento lle sacamos. Comezamos co curso de Cultura Clásica de 4º,no que traballamos conceptos previos na aula e, despois, por grupos, foron dispoñendo e organizando o material. O resto do alumnado foi pasando pola exposición ata chegar a 2º ESO, co que rematamos.
Como novidade, este ano engadimos exemplares de Islandia, Croacia, Escocia, A Bretaña (por fin conseguimos algo escrito en bretón!) e, como sorpresa,  unha mostra de alfabeto élfico, a lingua na que falan as personaxes de Tolkien na súa obra "O señor dos Aneis". Como facemos co resto dos países reais, este idioma tamén leva a súa ficha, neste caso un mapa da Terra Media. Observar como se pode "inventar" un idioma para facer máis realista a ficción é un dos aspectos que máis chama a atención dos rapaces.




Os xornais árabes, chineses, xaponeses... tamén son obxecto de moitos comentarios xa que sorprenden desde o momento en  que os abrimos e lemos en sentido inverso; o xaponés, de arriba cara a abaixo. Algunhas alumnas de 2º (Jennifer e Lidia M.) están procurando a tradución das noticias da portada en chinés e xaponés. Moitas grazas por enriquecer esta exposición!!! 


Cantos Días merecen as Nosas Letras?




Programando a Semana das Letras Galegas para este ano, queremos mostrar esta chamada de atención sobre a importancia dunha lingua que é NOSA, que nos criou, que nos pertence e que non queremos perder. Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Blanco son os  autores destes vídeos.
Parece, xa que logo, que é unha cuestión  de LIBERDADE pero tamén de RESPONSABILIDADE




Velaquí unha pequena mostra dun manifesto elaborado polos nosos alumnos, basado nun texto de Celso Emilio Ferrreiro e que recolle moitas das razóns que non explican nin as Gramáticas nin os Dicionarios pero que son suficientes para nós:


Eu fáloa porque si, porque me gusta.
Eu quéroa porque si, porque me mola.
Eu quéroa porque é parte de min.
Eu quéroa porque é miña, e chega.
Eu síntoa miña porque me criou desde pequeño.
Eu respéctoa porque son as miñas raíces.

Eu elíxoa porque si, porque vale a pena.
Eu fáloa porque me sae pola boca.
Eu aloumíñoa porque me fai máis feliz.
Porque me dá a vida.
Porque me fai soñar.

Eu seméntoa para que se multiplique.
Eu régoa para que non se murche.
Eu sóñoa para que a abale a lúa.
Eu cántoa para que o vento a zoe.
Eu navégoa porque estou a salvo no barco que me leva.

Eu esquézoa para lembrala unha e outra vez.
Porque grazas a ela podo escribir estas palabras.


Queremos, por último, facer unha homenaxe a Valentín Paz Andrade, o autor ao que se lle adican as Letras Galegas 2012. Escollemos un traballiño feito polo CPI dos Dices, en Rois, que nos parece moi interesante:

Orgullosos do galego.

Un fermoso vídeo feito por alunado e profesorado do IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas:

Linguas


Xa comentamos a nosa intención de ir configurando este blog en distintas linguas para facer posible a idea de que cantas máis linguas falemos, mellor nos entenderemos". Tócalle agora ao italiano que, por ser unha lingua románica, resúltanos moi familiar. Ciao

Somos políglotas!!!


Contaxiados polo espíritu das linguas que nos deixou a exposición de "Xornais do mundo", decidimos mostrar a configuración do noso blog en diferentes idiomas . O primeiro foi o portugués, agora vai en FRANCÉS. Pensamos que, cantos máis idiomas falemos, mellor nos imos entender.