Este é o novo libro que escollemos para comentar no noso club de lectura.
A protagonista desta historia é Carlota, unha rapaza que acaba de cumprir 14 anos e a súa avoa regálalle un diario.
- Quen decidiu que, en asuntos amorosos, os rapaces teñan que tomar a iniciativa?
- Por que a cor azul ten que ser a cor dos rapaces e a rosa, a das rapazas?
- Por que está mal visto que choren os homes?
- Por que é máis importante o aspecto físico das rapazas que o dos rapaces?
Carlota descobre tamén as cifras arrepiantes: o 70% dos pobres da Terra son mulleres, o 65% dos analfabetos da Terra son mulleres…
En todo isto vai pensando Carlorta mentras comeza a mirar o mundo coas súas gafas cor violeta.