O cazador de trolls (II)


Un regalo de Luis Davila, humorista com sección diaria no Faro de Vigo, que ten moito sentido para todas as persoas que vimos de ler O Cazador de Trolls.

O cazador de trolls


Carballo Agarimoso e Vento Morno lévannos a unha espesa fraga chea de aventuras nas que as bestas parecen humanos e os humanos compórtanse coma auténticas bestas.
Se queres acompañarnos nesta descoberta da natureza, le este libro( O cazador de trolls, de Luís Seixido) e vai buscando un nome semellante aos dos trolls como contrasinal para a próxima sesión do club de lectura.

O exército inimigo invade a nosa ría!!!!!!!!!!!!!!

E se Galiza fose invadida por un exército inimigo?
Como se organizaría a resistencia?
Con que medios contariamos para defendernos?
Esta marabillosa docu-ficción de Susana Rei, As cousas de Kulechov,contesta a todas estas preguntas.

Felices lecturas!!!


O club de lectura Bibliarousa felicita estas festas con tarxetas de recomendación de lecturas.
Velaquí as nosas suxestións:
Tamén lles desexamos felices lecturas ao grupo de "profes" do noso club:




ULISES


A próxima lectura, para o venres 28, tratará o tema do mito de Ulises.
Escollemos varias posibilidades de lectura:
  • para os máis atrevidos, La Odisea, a obra orixinal de Homero,
  • se queres unha lectura rápida, Deuses e heroes da mitoloxía grega, de Giovanni Caselli e Michael Gibson .

Maxia no club de lectura




Rematamos os comentarios sobre As memorias de Idhún creando o noso obxecto máxico, feito coas distintas personaxes simbolizadas con distintas cores.
Grazas ás feiticeiras mans d@s nos@s alumn@s creamos a nosa "alma"

Somos políglotas!!!


Contaxiados polo espíritu das linguas que nos deixou a exposición de "Xornais do mundo", decidimos mostrar a configuración do noso blog en diferentes idiomas . O primeiro foi o portugués, agora vai en FRANCÉS. Pensamos que, cantos máis idiomas falemos, mellor nos imos entender.

Lecturas de verán. E agora, que lemos?


Na primeira sesión deste curso, no club de lectura bibliarousa, comentamos as nosas lecturas de verán: Sangre de Tinta de Cornelia Funke, A sombra do vento, de Carlos Ruiz Zafón e varios libros máis.

Despois de darlle moitas voltas, escollemos Memorias de Udhún, de Laura Gallego. Esta obra contaba con boas referencias por parte dos nosos lectores e podiamos conseguir os exemplares precisos para cada participante.
Vémonos o próximo venres no recreo.

Que liches este verán?


Xa estamos de volta e queremos comentar as nosas lecturas de verán. Velaquí vai a proposta:

  • Cal foi o libro que máis che gustou?
  • Quen cho recomendou?
  • Qu lecturas che gustaría comentar no noso club?

Despedida club de lectura bibliarousa

Na última sesión do club "biliarousa" despedímonos xogando:

- Nun percorrido polo instituto, cada alumn@ tiña que traer: un organisno vivo, unha máquina simple, un olor, algo máis vello ca eles...



- "A pitacega con lazarillo". Cos ollos pechados había que identificar o camiño e as sensacións que o compañeiro ía mostrando.



-Para rematar, unha avaliación moi especial: arredor dun paracaídas, e con cadanseu globo, tiñan que ir dicindo o que máis lles gustou do club de lectura.


-Como non podía ser doutra maneira, acabamos comendo chocolate, o noso conxuro contra os difíciles "patronus" que temos ao longo do curso.

lecturas de verán




Unha novidade para este curso:
Como é o verán a época en que máis tempo temos para disfrutar da lectura, sexa na praia, á sombra dos piñeiros ou na casa, o máis lóxico é que non estea pechada a biblioteca.
Por iso, e como proba, estes últimos días poderedes coller libros e películas en préstamo, nas mesmas condicións que durante o curso, só que tendo a tranquilidade de que dispoñedes do mes de Xullo para devolvelos. Iso si, en vez de facelo no local da biblioteca, farédelo na conserxería, pois será Pedro quen teña a listaxe de préstamos.
Para darvos ideas e facer suxerencias, hai na biblioteca unha pequena exposición con lecturas de verán.

Exposición sobre África





Estes últimos días de curso aproveitamos para dar conta do que algúns grupos se esforzaron durante o ano. Podemos coñecer os traballos sobre África que realizaron alumnas e alumnos do centro.
Por unha parte, os grupos de segundo, nas clases de Amancio, prepararon murais sobre todos [TODOS!!] os países de África, con todos os datos básicos sobre cada un para que aprendamos un pouco máis sobre este continente.
Por outra, o grupo de cuarto de Bioloxía, con Charo, preparou murais e maquetas sobre os grandes biomas deste mesmo continente.
Podedes velos todos na biblioteca.
Vide coñecer África!!

MOTIVACIÓN LECTORA


O pastor Miguel Brun contoume que fai algúns anos estivo cos indios do Chaco Paraguaio.
Formaba parte dunha misión evanxelizadora.
Os misioneiros visitaron un cacique que tiña prestixio de ser moi sabio.
O cacique, un gordo quieto e calado, escoitou sen pestenexar a propaganda relixiosa que lle leron na lingua dos indios.
Cando a lectura rematou, os misioneiros
quedaron esperando.
O cacique tomouse o seu tempo. Despois, opinou:
"-ISO RASCA, E… RASCA MOITO, E… RASCA MOI BEN…
E SENTENCIOU:
PERO RASCA ONDE NON PICA"
E. GALEANO