Un Amor de biblioteca




Un ano máis, a biblioteca expón unha escolma de textos relacionados co amor: desde os poemas de Catulo ata Celso Emilio, pasando por Benedetti e Rosa Aneiros. Tamén podes consultar os libros e películas relacionados con este tema que se mostran na biblioteca.
Se estás namorad@ ven á biblioteca. Se non estás, tamén.


Mochilas viaxeiras



A mochila viaxeira é un proxecto da biblioteca IES Illa de Arousa que ten por finalidade achegar ao alumnado e ás familias diferentes obras dos nosos fondos.

O contido está adaptado ao nivel d@s alumn@s e integrado na programación das distintas materias.

Comezamos esta actividade no nivel de 1º ESO, coa intención de que vaian rulando de curso en curso e de man en man.


O que tes nas túas mans é un material que debes coidar e devolver no prazo indicado pero, ante todo, úsao e aprovéitao.


Ciencia ficción



O club de lectura bibliarousa comeza un novo ciclo temático, a ciencia ficción.
A ciencia ficción nace como xénero literario arrredor de 1920 e foi aproveitado con moito éxito polo xénero cinematográfico. Trata sobre o impacto que producen os avances científicos, tecnolóxicos, sociais e culturais na sociedade ou no individuo.

Iniciamos as nosas lecturas con A sombra cazadora de Suso de Toro.
Velaquí as nosas recomendacións de películas e relatos que xiran arredor deste tema:

-películas
-relatos

O cazador de trolls (II)


Un regalo de Luis Davila, humorista com sección diaria no Faro de Vigo, que ten moito sentido para todas as persoas que vimos de ler O Cazador de Trolls.

O cazador de trolls


Carballo Agarimoso e Vento Morno lévannos a unha espesa fraga chea de aventuras nas que as bestas parecen humanos e os humanos compórtanse coma auténticas bestas.
Se queres acompañarnos nesta descoberta da natureza, le este libro( O cazador de trolls, de Luís Seixido) e vai buscando un nome semellante aos dos trolls como contrasinal para a próxima sesión do club de lectura.

O exército inimigo invade a nosa ría!!!!!!!!!!!!!!

E se Galiza fose invadida por un exército inimigo?
Como se organizaría a resistencia?
Con que medios contariamos para defendernos?
Esta marabillosa docu-ficción de Susana Rei, As cousas de Kulechov,contesta a todas estas preguntas.

Felices lecturas!!!


O club de lectura Bibliarousa felicita estas festas con tarxetas de recomendación de lecturas.
Velaquí as nosas suxestións:
Tamén lles desexamos felices lecturas ao grupo de "profes" do noso club:




ULISES


A próxima lectura, para o venres 28, tratará o tema do mito de Ulises.
Escollemos varias posibilidades de lectura:
  • para os máis atrevidos, La Odisea, a obra orixinal de Homero,
  • se queres unha lectura rápida, Deuses e heroes da mitoloxía grega, de Giovanni Caselli e Michael Gibson .

Maxia no club de lectura




Rematamos os comentarios sobre As memorias de Idhún creando o noso obxecto máxico, feito coas distintas personaxes simbolizadas con distintas cores.
Grazas ás feiticeiras mans d@s nos@s alumn@s creamos a nosa "alma"

Somos políglotas!!!


Contaxiados polo espíritu das linguas que nos deixou a exposición de "Xornais do mundo", decidimos mostrar a configuración do noso blog en diferentes idiomas . O primeiro foi o portugués, agora vai en FRANCÉS. Pensamos que, cantos máis idiomas falemos, mellor nos imos entender.

Lecturas de verán. E agora, que lemos?


Na primeira sesión deste curso, no club de lectura bibliarousa, comentamos as nosas lecturas de verán: Sangre de Tinta de Cornelia Funke, A sombra do vento, de Carlos Ruiz Zafón e varios libros máis.

Despois de darlle moitas voltas, escollemos Memorias de Udhún, de Laura Gallego. Esta obra contaba con boas referencias por parte dos nosos lectores e podiamos conseguir os exemplares precisos para cada participante.
Vémonos o próximo venres no recreo.