NOVIDADES EN BIBLIAROUSA
NOVIDADES NA BIBLIOTECA!!!!
O PRINCIPIÑO
Xa tedes na biblioteca o filme baseado na obra de Antoine de Saint-Exupéry para aprender o que significa comprender ao outro e a importancia das relacións humanas... A disfrutala!!! :-P
Documental en liña sobre a MULLER
Que non tes plan para hoxe?? Aquí che deixamos un convite para disfrutar deste documentario en liña e de balde!! FELIZ DÍA DA MULLER... HOXE E SEMPRE!!! |
| ESTREA HOXE 8 DE MARZO ÁS 22 HORAS WWW. ELPAIS.COM |
EU SON FEMINISTA...
EU SON FEMINISTA...
Deixámosvos cun vídeo realizado polo alumnado do IES Politécnico de Vigo. Idea de Carme Adán e realización/edición de Ana Ojea.
8 de marzo: DÍA DA MULLER
MULLERES NA HISTORIA II: AS GRANDES ESQUECIDAS e SIMONE DE BEAUVOIR
Entrevista completa a S. de Beauvoir "Por que quero ser feminista?"
8 de marzo: DÍA DA MULLER
MULLERES NA HISTORIA I: INVENTORAS
Durante anos, as mulleres que querían rexistrar unha patente dun invento tiñan que facelo a nome dos seus pais, maridos ou irmáns.
8 DE MARZO DÍA DA MULLER
8 MULLERES, 8 VOCES, 8 DE MARZO...
8 voces de mulleres galegas para o 8 de Marzo. Distintas propostas musicais, distintas xeracións: Uxía, Ugia Pedreira, Alba María, Pilocha, Carmen Rey, Belem Tajes, Silvia Penide e Sonia Lebedinsky. A letra e a música é da máis nova de todas elas, Alba María.
Concurso Fotografía Día da Muller Traballadora
8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Concurso de fotografía A MULLER TRABALLADORA NO
CONCELLO DA ILLA DE AROUSA
BASES
TEMA E
CATEGORÍAS
A temática das fotografías deberá reflectir o traballo
das mulleres no concello da Illa de Arousa en calquera ámbito (público ou
privado), mostrando o papel feminino en
diferentes eidos da nosa sociedade.
Establécese unha
categoría:
- FOTOGRAFÍAS ACTUAIS: Valorarase a dificultade non
soamente técnica senón tamén do momento no que foron sacadas, a orixinalidade,
a achega que signifique a imaxe ao coñecemento e recoñecemento do traballo das
mulleres da Arousa.
PARTICIPANTES
Neste concurso poderá participar calquera alumno/a,
autor/a das imaxes presentadas.
PRESENTACIÓN DE
TRABALLOS
Admitiranse ata tres fotografías por
autor, que
poden estar relacionadas entre si (serie) e que en calquera caso poderán ser en
branco e negro ou color; tomadas por calquera tipo de cámara. As fotografías
deberán presentarse na Biblioteca do centro en soporte dixital ou en soporte CD
en formato JPG ou PNG, con boa resolución e dun sobre pechado dentro do cal
figurarán os seguintes datos para a súa identificación: Nome e Apelidos, Curso,
Título da foto e data e lugar onde se realizou.
PRAZO DE
ADMISIÓN
O prazo de admisión de traballos estará aberto MÁXIMO até o día 6 de marzo de 2017.
EXPOSICIÓN
As obras participantes serán expostas no IES Illa de
Arousa. A exposición será inaugurada o Día da Muller Traballadora, o 8 de marzo de 2017.
Mara Dios opinando sobre Escarlatina, a cociñeira defunta
Crítica
Gustoume moito, ademais lémolo mentres estabamos en Halloween e deu moito misterio.
Está moi ben, así que non esperes máis e cómprao!
(Editorial Xerais)
25 de novembro: Contra a Violencia de Xénero
Bo día!!! Lembrámosvos que hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. É por isto que vos deixamos con esta curta de Eléonore Pourriat (2010) para concienciármonos da importancia do respecto e igualdade.
O respecto e a dignificación debe ser hoxe e SEMPRE!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



