Outra Carrapuchiña Vermella.


Interpretación do conto da Carrapuchiña Vermella por parte de Paula Carballeira. Un pouco rotunda e destrutiva pero ben breve. Para o Club de Lectura... Pinchade aquí.

A ilustración é de Carmen Segovia Moreno.

lobishome


Seguindo co ciclo de terror,comentamos o conto O lobo da xente de V. Risco.
Para completar o estudo do lobishome, escollemos unha escena da película
En compañía de lobos de Neil Jordan na que se fai unha revisión do mito da carapuchiña vermella. Nós escollemos a escena na que a carapuchiña chega á casa da avoa e descobre quen é, de verdade, o lobo.

lecturas terroríficas




















Levamos xa unhas cantas sesións do club de lectura falando do terror. Velaquí algunhas das lecturas arrepiantes:
Sobre a morte do Bieito, un conto extraordinario de R. Dieste
El gato negro, un relato que abofé que che mete o medo no corpo.
Preparádevos para a seguinte lectura: O lobo da xente, unha narración de V. Risco que retoma a lenda do lobishome.
Que animais terroríficos nos agardan para as seguintes lecturas?????

Recital Miguel Hernández













Sentimos o AMOR en plena BATALLA:

Sobre los ataúdes feroces en acecho,
sobre los mismos muertos sin remedio y sin fosa
te quiero, y te quisiera besar con todo el pecho
hasta en el polvo, esposa.

Escríbeme a la lucha, siénteme en la trinchera:
aquí con el fusil tu nombre evoco y fijo,
y defiendo tu vientre de pobre que me espera,
y defiendo tu hijo.


Todos fomos "Un niño yuntero"

Nace, como la herramienta,
a los golpes destinado,
de una tierra descontenta
y un insatisfecho arado.

Empieza a vivir, y empieza
a morir de punta a punta
levantando la corteza
de su madre con la yunta.

Empieza a sentir, y siente
la vida como una guerra
y a dar fatigosamente
en los huesos de la tierra.

Contar sus años no sabe,
y ya sabe que el sudor
es una corona grave
de sal para el labrador.

Estas e outras fermosas poesías foron recitadas por Rubén Suárez coa súa guitarra, acompañados pol@s nos@s alumn@s. Moitas grazas a todos por este fermoso recital que conmemora o aniversario de MIGUEL HERNÁNDEZ


<

Fomos ao teatro!!!














A representación que Candido Pazó fixo de Memorias dun neno labrego fíxonos ser a tod@s un pouco Balbino: soñamos con ir a América; ilusiónamonos coa caixiña que atopou no rebusco da festa; sufrimos coa malleira do seu pai; namorámonos de Eladia... En fin, asistimos a unha "lectura" desta obra moi especial na que pasamos das gargalladas ás bágoas enleados na silveira da vida, que tan ben dramatizou o actor.
Por se todo isto fose pouco, o mesmísimo autor, Neira Vilas, estivo con nós contándonos anecdotas e respondendo ás nosas preguntas.

Muros



Despois de falar das pontes, cada un de nós fomos escollendo a imaxe coa que nos identificamos: Susana, un muro; Ana, unha ponte; Laura, ás veces ponte e ás veces muro; Carmela, un muro con portiña...
Lemos, para a próxima sesión a canción de O Muro de Pink Floyd

Pontes












Como non podía ser doutra maneira,
no aniversario da construción da ponte da Arousa,o club de lectura Bibliarousa bota a andar falando precisamente deste tema. Ao tempo que iamos construindo as nosas pontes, fomos falando do que significa para cada un de nós, das melloras que supuxo e falando e falando váisenos o tempo...

Aquí vos deixamos uns poemiñas para ilustrar estes comentarios.
Eu cheguei desde antes das orixes.
Ti estabas máis aló, na outra beira,
e xuntos atravesamos todas as pontes.

Claudio Rodríguez Fer

No son pies invasores los que cruzan
los nuevos puentes, ni los crueles carros
del odio y de la guerra:
son pies pequeños de niños, firmes
pasos de obrero.
Sobre los nuevos puentes
pasas, oh primavera,
con tu cesta de pan y tu vestido fresco,
mientras el hombre, el agua, el viento
amanecen cantando
Pablo Neruda
Na próxima sesión seguiremos lendo, escoitando cancións e pensando no significado das "pontes" e dos "muros"

Mellorando...


Nun comezo de curso algo movido... queremos ir empezando a falar do que nos gusta e que nos une na nosa illa de libros aínda que, xa o sabemos, non son "bos tempos para a lírica".
A pesar de todo, concedéusenos por 2º ano o Plan de Mellora de Bibliotecas escolares, o que supón unha achega económica importante e tamén a participación en proxectos comúns na rede de bibliotecas de Galiza.
No club de lectura bibliarousa temos que ir pensando nas nosas lecturas de verán e nas propostas para este curso que vén. Nós xa temos varias ideas!!!
Bicos lectores

Adeus...

Posted by Picasa

Esta foi a última sesión deste curso do club de lectura bibliarousa. Rematamos a lectura de O achado do castro coa doce compaña do chocolate, o noso alimento fetiche. Foi un ano de cine, poesía, cómic, teatro... houbo de todo!!!!
Aquí vos esperamos tamén durante o verán porque a rede de bibliarousa non ten vacacións e, aos que nos gusta ler, estamos desexando ter tempo libre para ler todo o que non puidemos durante o ano. Facede os vosos comentarios e recomendacións.
Por certo, a biblioteca tamén presta libros durante o verán. Pasade por alí.

Marcos Nine e Ugia Pedreira pasaron por aquí



Marcos Nine, recoñecido guionista e documentalista, estivo con nós para falarnos de Carcamáns e presentarnos algún avance dos seus novos traballos.

Volvemos emocionarnos ao ver aos carcamáns na súa loita titánica contra o chapapote . Grazas, Marcos, polo teu traballo e polo teu ofrecemento para futuros proxectos.
Olga Nogueira repasou para nós a historia da música galega. Comezou a súa charla (apoiada con imaxe e son) falando das cantigas medievais e acabouna ofrecéndonos unha panorámica ben completa da nosa actualidade musical. O noso agradecemento vai tamén para ela.
Ugia Pedreira cantounos unha fermosa canción cos alumnos de 4º ESO.

Gustounos moito o traballo de todos os alumnos e alumnas! Pero que ben tocan!!!!!

E, como non, parabéns ás nosas pandereteiras (e pandereteiro)

Orgullosos do galego.

Un fermoso vídeo feito por alunado e profesorado do IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas:

Polo rius abaixus vai unha troitae de pé


Manolitus e Carmiñae están namorados,
O Emperador e Arpexia opóñense a este amor,
Uns ladróns ( un parvo e o outro tamén) quérenlle roubar o medallón ao Emperador...
Todo isto sucede na comedia de M. N Singala, O achado do castro , a obra de teatro que escollemos para rematar o curso. Risas aseguradas coa magníficae actuacionis dos nosus actóribus e actrízaes. Mola este latín macarrónico!!!




Letras Galegas 2010. O poeta do Courel

Seguramente estes son malos tempos para a lírica, son malos tempos para a nosa lingua que está en boca de todos aínda que non sempre para falar ben dela. Somos dos que pensamos que un día das Letras Galegas non significa nada se detrás non hai unha verdadeira vontade de querela, coidala e protexela. Seremos capaces de garantir as 1000 primaveiras máis das que falaba Cunqueiro?
Con todo, estes días de son unha boa escusa para coñecer algo máis das nosas letras.Velaquí unha escolma de poemas de Uxío Novoneyra, o poeta do Courel, o autor escollido para esta festa das Letras. Estes traballos chégannos a través da rede de bibliotecas escolares, neste caso dos institutos IES Pedra da Guía e do IES de Fene.




E nós, para que lemos?




Levamos un tempo dándolle voltas no instituto a esta pregunta e as respostas son interesantes e, moitas veces, sorprendentes. Como nos parece unha boa reflexión, decidimos facer esta pregunta por toda a Arousa. Lembramos que esta é unha iniciativa que xorde no Club de Lectura de Implicadas no Desenvolvemento e que foi secundada por moitas bibliotecas escolares. Deixade aquí as vosas respostas.
Retomo esta entrada para agradecerlle a Cruz, profesora do curso Celga na Arousa, a acollida desta proposta e por conseguir entusiasmar aos seus alumnos e alumnas que nos deixaron estas fermosas palabras. Moitas grazas por colaborar e por ser, como parece, tan bos lectores e lectoras.

Cine, Amor e Poesía III

Como (case) todo o bo acaba, nesta sesión do noso club de lectura falamos dos amores que se acban, dos amores difíciles ou imposibles. Escollemos unha escena da película
"Un lugar no mundo" na que vai nacendo un amor entre os dous rapaciños protagonistas que se romperá por diferentes causas, entre elas as diferenzas sociais. Velaquí unha mostra desta fermosa película que, amais do amor, nos mostra outras realidades como a cobiza das grandes multinacionais, a xenerosidade e o traballo de moita xente, o amor a un lugar, a unha terra...
Na próxima sesión comentaremos os poemas e escolleremos un tema para as seguintes sesións.
Como isto vai de amor, aí van uns BICOS SALGADOS POLO MAR DA AROUSA!!!!!

Día do Libro.


Esta vez, o Día do Libro cadrou en venres, polo que o noso Club de Leitura puido facer unha sesión especial.
Aproveitamos para convidar algunhas persoas que tiñan curiosidade por coñecernos e, por esta semana, deixamos de lado o tema do amor, e simplemente dialogamos en volta da pergunta que preside a nova exposición da Biblioteca: E TI, PARA QUE LES?.
Poidemos adozar as respostas cuns libros especiais: galletas e chocolate.

E ti para que les?


Este é o título da actividade que imos levar a cabo no instituto para celebrar o Día do Libro, máis ben a semana do libro. Trátase dunha iniciativa de IND
( Implicadas No Desenvolvemento) en colaboración con 103 bibliotecas escolares de Galicia.
Encheremos o centro con respostas a esta pregunta. Ti xa pensaches para que les?
Non valen respostas do tipo: para aprobar, para que non me berren na casa...
No club de lectura bibliarousa temos hoxe unha sesión especial Día do Libro

Velaquí a mostra dixital da exposición, enviado desde a rede de bibliotecas escolares.

Exposición Banda Deseñada

No IES Illa de Arousa levamos uns días traballando na exposición Banda Deseñada que nos cedeu o IES Rodeira de Cangas. Trátase dunha exposición moi interesante que fai un percorrido desde as primeiras manifestacións do que se pode considerar un cómic ata as máis modernas mostras deste xénero. Aprendemos como se deseña; relacionamos obras artísticas con Astérix; descubrimos fórmulas matemáticas con Superman...en fin, unha exposición que aproveitamos todos os cursos desde as diferentes materias. Os nosos parabéns e agradecemento ao instituto Rodeira porque este é un traballo ben, ben feito.

Cine, Amor e Poesía II

Seguimos falando do Amor. Esta vez escollemos unha escena de Wall-e, o momento no que o robot agarda pacientemente a que a súa namorada, Eva, volva a ser a que era. Todo un exemplo de Amor.
Despois escoitamos a versión de Uxía de un dos poemas de Amor máis fermosos:
Eu en ti
e Moraima, de Celso Emilio Ferreiro.

Cine, Amor e Poesía

Comezamos unha nova andaina no club de lectura da man do Amor, o Cine e a Poesía.
Quixemos aproveitar a exposición do Amor que tivemos recentemente na biblioteca e tamén, celebrar o día da poesía facendo unha combinación de poemas e escenas de Amor. O risco de poñernos cursis é moi alto pero, como di Pessoa: "só as criaturas que nunca escribiron cartas de amor son as que son ridículas"
Iniciamos esta sesión cunha selección de poemas de Pablo Neruda, acompañados dunha escena de El Cartero de Pablo Neruda.
Ao longo das seguintes sesións ilustraremos os poemas seleccionados con escenas de películas que compartan o tema do Amor.
Esta é a escena que comentamos, iso si, en italiano:



Banda deseñada II: De Profundis.

Para pechar as sesións do Club de Leitura adicadas á banda deseñada, deleitámonos co visionado destes dous vídeos.
Centramos as leituras e os comentarios no autor galego máis internacional, Miguelanxo Prado, paseando por historias das suas Quotidianías Delirantes e dos Fragmentos da Enciclopedia Délfica. Non podíamos acabar sen dar unhas vistas, cando menos, ao trailer de De Profundis e a ese outro pequeno vídeo onde vemos ao autor inspirándose para a creación.



Amor na biblioteca




Un ano máis, estamos namorad@s.
Durante estes días @s alumn@s dos diferentes cursos van pasando pola nosa exposición titulada Que me queres, Amor?
Comezamos coa lectura dalgúns poemas de Cortázar, Pessoa, Aníbal Jairo, textos de Darío X. Cabana, Rosa Aneiros...
Despois, facemos un percorrido dos BICOS a través da Historia da Arte e do cine cunha presentación de power point.
Logo, xogamos a emparellar bicos famosos
Para acabar, cadaquén colle os poemas de amor que lle gusten (non paramos de repoñer!!!)



Xornais do Mundo andando o mundo.

A nosa exposición de Xornais do Mundo saiu de viaxe, e anda de xira polos institutos de media Galiza. No blog Trafegando Ronseis fanse eco dela e prepararon unha presentación con todos os xornais.

Que gusto dá poder compartir o traballo!!

Banda Deseñada (I)



O club de lectura Bibliarousa comeza un novo ciclo temático: a banda deseñada. Principiamos a primeira sesión facendo un percorrido pola historia do cómic; mostrando algúns conceptos teóricos sobre as diferentes técnicas e botándolles un vistazo ás obras que andan pola nosa biblioteca (Emigrantes, Crónica Marvel, BDbanda....
Escollemos un autor para traballar: Miguelanxo Prado
Este autor vainos abrir varios camiños para gozar das súas lecturas: a crítica social de Quotidianía delirante,as viaxes fantásticas de Fragmentos da enciclopedia délfica, o pracer estético de De Profundis...

Unha nova de interese para os máis "postos" nas novas tecnoloxías: Quotidianía delirante editarase para IPhone e I Pod Touch.