Máis mostras, do curso 2015:
Videopoemas para Rosalía (II)
Tal como programamos, na materia de Lingua e Literatura galegas, fomos recollendo os diferentes traballos audiovisuais sobre a escolma poética A miña primeira Rosalía, de Xiana e
Xosé Lastra e con ilustracións de María Manuela. O libro vén acompañado dun
disco con poemas musicados por María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra. O alumnado de 3º ESO elaborou diferentes versións , nunha escolla libre dos poemas e dos formatos: , ppt, movie maker... Déixovos unha mostra, neste caso, elaborada por Nico e Iago:
Máis mostras, do curso 2015:
Máis mostras, do curso 2015:
Despedida Bibliarousa+
Este martes celebramos a derradeira sesión do club de lectura bibliarousa+ xa que, debido á escasa asistencia das últimas sesións, decidimos poñerlle fin a esta actividade.
Nestes tres anos xuntámonos cada mes para facer comentarios sobre diferentes libros ou películas.Gústanos ler, gústanos falar do que nos conmove e nos emociona, e gustoume (falo en primeira persoa) compartir esa viaxe literaria con todos vós. Nunca foi unha actividade maioritaria, sempre tivo un seguimento irregular, por iso foi sostido a base de entusiasmo e compromiso. E, claro, o entusiasmo foi esmorecendo e só quedaba o compromiso. E gústame manter os compromisos.
Pero non me gustan as despedidas. E por que non me gustan as despedidas?
Porque os abrazos quedan convocados para outra aperta, porque os bicos son de ida e volta, porque as palabras poden ser as derradeiras. Pero nesta sesión de despedida non houbo nada: nin abrazos, nin bicos, nin sequera unhas palabriñas. Nada, non houbo nada. E a nada non doe.
Fe Souto
As miñas últimas recomendacións:
![]() |
A memoria da choiva, de P. Feijoo |
![]() |
La cena, de Herman Koch |
Sementando pensamentos, colleitando poemas.
Sementamos pensamentos
colleitamos poemas
Esta foi a nosa particular celebración das Letras Galegas: plantamos pequenos pensamentos acompañados de cadanseu poema escollido polos alumn@s de 3º ESO. Temos que agradecer a idea a Mª Xosé Lázare; a colaboración necesaria de Charo e Sonia e, por suposto, aos rapaces e rapazas voluntarios que botaron unha man na plantación e presentación das "poeplantas".
Nunha sesión previa contamos coa presenza da famosísima poeta Susana S. Aríns, quen nos falou de como empezou a escribir, cales son os seus gustos literarios, cantos cartos se gañan escribindo poesía... en fin, unha sesión moi ben aproveitada na que @s alumn@s preguntaron todo o que sempre quixeron saber sobre a cración poética e non tiñan a quen preguntarlle...
Para ela tamén houbo unha poeplanta.
LETRAS GALEGAS 2014
Un ano máis, programamos as nosas actividades para celebrar as nosas Letras. Como xa temos comentado, somos do parecer de que as Letras hai que coidalas día a día e non esperar á celebración do día de para que se nos encha a boca de loanzas e fermosas palabras. Queremos lembrar o valor desta lingua coas palabras de Castelao en Sempre en Galiza:
“Que diríamos se o Estado mandase derrubar o Pórtico da Gloria? Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateo. Creouna o xenio inviolable do noso pobo e labrouna o amor, a dor e a ledicia de moitísimas xeracións. Unha lingua é máis que unha obra de arte: é matriz inagotable de obras de arte”.
Neste ano 2014 celébrase a obra do poeta Díaz Castro. Para achegarnos a esta figura botamos man dun telexornal feito no CEIP Os Dices. Tamén, o documental. Moitas grazas, compañeir@s, por este traballo impresionante que xa se vén convertendo nun clásico arredor da figura homenaxeada nas Letra Galegas
Para acabar, a visión tan particular que fai Paco Nogueiras do poema Penélope:
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961
“Que diríamos se o Estado mandase derrubar o Pórtico da Gloria? Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateo. Creouna o xenio inviolable do noso pobo e labrouna o amor, a dor e a ledicia de moitísimas xeracións. Unha lingua é máis que unha obra de arte: é matriz inagotable de obras de arte”.
Neste ano 2014 celébrase a obra do poeta Díaz Castro. Para achegarnos a esta figura botamos man dun telexornal feito no CEIP Os Dices. Tamén, o documental. Moitas grazas, compañeir@s, por este traballo impresionante que xa se vén convertendo nun clásico arredor da figura homenaxeada nas Letra Galegas
Para acabar, a visión tan particular que fai Paco Nogueiras do poema Penélope:
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961
Inés y la alegría
Toulouse, verán de 1939. Carmen de Pedro, responsable en Francia dos dezmados comunistas españois, crúzase con Jesús Monzón, un cargo menor do partido que, sen ela intuílo, alberga un ambicioso plan. Uns anos despois, en 1944, Monzón, convertido na súa parella, organizou o grupo máis disciplinado da Resistencia contra a ocupación alemá, prepara a plataforma da Unión Nacional Española e conta cun exército de homes dispostos a invadir España...Tal como falamos nas últimas sesións, comentaremos a obra Inés y la alegría, de Almudena Grandes. A sesión será o martes, 3 de xuño. É importante a vosa asistencia para tomar decisións arredor deste club de lectura. |
Videopoemas para Rosalía (I)
Deixamos aquí unha mostra do que se vén chamando videocreación, é dicir, unha mestura de texto, imaxe e son que pode servir para ilustrar unha historia.
Primeiro, un titorial para axudarnos a crear un videopoema:
Comezamos co videopoema que fixeron @s alumn@s de 4º PDC, do poema de Celso Emilio Ferreiro "Eu en ti":
Xa máis elaborados, estes videopoemas de Rosalía feitos por alumnos de 3º ESO do IES As Barxas. Podedes ver o seu interesatísimo blog EDUCORTO.
E, por último, este poema de Andrea Nunes Brións, "Todas as mulleres que fun". Gañadora do 1º premio de cinEOI da Coruña, 2012
Ánimo @s nos@s alumn@s de 3º ESO. Seguro que conseguen facer algo ben fermoso!!!
Máis referencias:
https://www.youtube.com/view_play_list?p=F8D921DC23F9D5FE
Primeiro, un titorial para axudarnos a crear un videopoema:
Comezamos co videopoema que fixeron @s alumn@s de 4º PDC, do poema de Celso Emilio Ferreiro "Eu en ti":
Xa máis elaborados, estes videopoemas de Rosalía feitos por alumnos de 3º ESO do IES As Barxas. Podedes ver o seu interesatísimo blog EDUCORTO.
E, por último, este poema de Andrea Nunes Brións, "Todas as mulleres que fun". Gañadora do 1º premio de cinEOI da Coruña, 2012
Ánimo @s nos@s alumn@s de 3º ESO. Seguro que conseguen facer algo ben fermoso!!!
Máis referencias:
https://www.youtube.com/view_play_list?p=F8D921DC23F9D5FE
lendoamares
-Escollo un anaco dalgunhas lecturas que me gustasen
-Cópioo e déixoo nos comentarios, indicando o autor e título do fragmento, así como o nome de cada lector.
Os primeiros usuarios deste espazo serán @s alumn@s de 2º ESO. Comezamos pola materia de literatura galega, polo tanto, o seu código será: lendoamares2G. Para axudarvos nesta viaxe literaria, lémbrovos as diferentes lecturas que traballamos ao longo do curso:
- Castelos na area (Erros e Tánatos) de G. Navaza
- A marquesiña, Na cova dos carcamáns, de Castelao
- Cartas de inverno, de A. Fdez. Paz
- O cazador de trolls, de Luís Seixido
- A expedición do Pacífico, de M. Aleixandre
- Punto cero, de A. Fdez. Paz
- Un tesouro, de X. Neira Vilas
- Falar (Made in Galiza) de Séchu Sende
- O comezo das vacacións, de M. N. Singala
- Os lobos, de A. Fole
- Todos somos, de M. Calveiro
- Microficción
- Micropoemas
- O encargo (Proxecto Bolboreta), de Andrea Maceiras
- Non te esquecerei (Boy, relatos de infancia), de Roald Dahl
Nunha segunda fase, incluiremos crítica literaria, biografías... xa iremos informando.
" A vida dos outros"
No club de lectura bibliarousa+ andamos ás voltas entre a literatura e o cine. Despois de ler "a noite branca", parecíanos moi interesante ilustrar a época posterior á 2ª guerra mundial, os tempos da guerra fría, con esta extraordinaria película. Recomendamos a crítica que fai a revista Zinema, unha das nosas páxinas de cine preferidas.

Sinopse:
O capitán Gerd Wiesler é un oficial extremadamente competente da Stasi, a todopoderosa policía secreta do réxime comunista da antiga República Democrática alemá. Pero, cando en 1984 lle encomendan que espíe á parella formada polo prestixioso escritor Georg Dreyman e a popular actriz Christa-Maria Sieland, non sabe ata que punto esa misión vai influír na súa propia vida.
Bretón, galés, élfico e outras linguas
Un ano máis, botamos man da nosa exposición "Xornais do mundo" á que tanto rendemento lle sacamos. Comezamos co curso de Cultura Clásica de 4º,no que traballamos conceptos previos na aula e, despois, por grupos, foron dispoñendo e organizando o material. O resto do alumnado foi pasando pola exposición ata chegar a 2º ESO, co que rematamos.
Como novidade, este ano engadimos exemplares de Islandia, Croacia, Escocia, A Bretaña (por fin conseguimos algo escrito en bretón!) e, como sorpresa, unha mostra de alfabeto élfico, a lingua na que falan as personaxes de Tolkien na súa obra "O señor dos Aneis". Como facemos co resto dos países reais, este idioma tamén leva a súa ficha, neste caso un mapa da Terra Media. Observar como se pode "inventar" un idioma para facer máis realista a ficción é un dos aspectos que máis chama a atención dos rapaces.
Os xornais árabes, chineses, xaponeses... tamén son obxecto de moitos comentarios xa que sorprenden desde o momento en que os abrimos e lemos en sentido inverso; o xaponés, de arriba cara a abaixo. Algunhas alumnas de 2º (Jennifer e Lidia M.) están procurando a tradución das noticias da portada en chinés e xaponés. Moitas grazas por enriquecer esta exposición!!!
Pacificando
Un ano máis, celebrando un día de PAZ entre tantas frontes de batalla: recortes, novas leis de educación e do aborto... en fin, unha sociedade máis inxusta e menos libre.
Xa comentamos como afectou a esta biblioteca o recorte de profesorado. Por esta razón, as actividades que desenvolvemos non irían avante sen a colaboración e implicación de moit@s compañeir@s (titorías, orientación, dirección...) que sempre están aí para botar un cabo. Así as cousas, e botando man do traballo de anos anteriores, conseguimos programar actividades para falar de PAZ e dos DEREITOS. Esta é a nosa proposta:
Xa comentamos como afectou a esta biblioteca o recorte de profesorado. Por esta razón, as actividades que desenvolvemos non irían avante sen a colaboración e implicación de moit@s compañeir@s (titorías, orientación, dirección...) que sempre están aí para botar un cabo. Así as cousas, e botando man do traballo de anos anteriores, conseguimos programar actividades para falar de PAZ e dos DEREITOS. Esta é a nosa proposta:
- "Pido a Paz e a palabra". Lecturas do club de lectura bibliarousa arredor deste tema. Entre moitas outras, velaquí unha mostra:
Deseñado polo artista británico Gerald Holtom en 1958 como emblema dunha das meirandes marchas antinucleares da historia. En realidade, é o logo de CND, Campaign for Nuclear Disarmament.
O deseñador construíu o símbolo a partir das letras N (uclear)
e D (isarmament) da linguaxe das bandeiras.
Primeiro colleron aos comunistas,
e eu non dixen nada porque non era
comunista.
Logo levaron aos xudeus,
e eu non dixen nada porque non era xudeu.
Logo, viñeron buscar aos obreiros;
non dixen nada, porque non era obreiro nin
sindicalista.
Máis tarde metéronse cos católicos,
e non dixen nada porque eu era protestante.
Cando, finalmente, viñeron por min,
xa non quedaba ninguén para protestar.
Martin Niemüller (1892-1984) Pastor luterano.
Foi un dos primeiros e máis tenaces críticos do
nazismo.
e eu non dixen nada porque non era
comunista.
Logo levaron aos xudeus,
e eu non dixen nada porque non era xudeu.
Logo, viñeron buscar aos obreiros;
non dixen nada, porque non era obreiro nin
sindicalista.
Máis tarde metéronse cos católicos,
e non dixen nada porque eu era protestante.
Cando, finalmente, viñeron por min,
xa non quedaba ninguén para protestar.
Martin Niemüller (1892-1984) Pastor luterano.
Foi un dos primeiros e máis tenaces críticos do
nazismo.
“Rapaces, coidado, loitamos moito
por conseguir o que tedes. Agora
tócavos a vós defendelo, mantelo e melloralo; non permitades que volo
arrebaten”.
Prólogo de J. L. Sampedro en “Indignaos!”, de Stephane Hessel. Este libro foi a
orixe do movemento 15 M.

- Exposición "Un mundo inxusto".Programada para os rapaces de 1º ESO xa que o resto do alumnado xa a visitara o ano pasado.
- Película Cometas en el cielo. Programada para todo o centro con sesións de traballo. Paralelamente, un concurso de papaventos co lema "Voando en son de Paz".
A noite branca
Velaquí o próximo libro que escollemos no club de lectura bibliarousa+. Comentarémolo o martes, 18 de marzo.
Podemos consultar tamén o interesante blog de Fdez Naval, onde se recolle a entrevista ao autor no programa Eirado da TVG:
Felices lecturas

Entre elas, o próximo libro que escollemos para o club de lectura de adultos, Demasiada felicidad, de Alice Munro.
En llamas e sen Mandela
Xa comentamos que este curso a biblioteca está en servizos mínimos, debido á redución horaria que sufrimos. Con todo, non queremos deixar esmorecer un dos proxectos máis entusiastas desta biblioteca: os clubs de lectura. Acollemos a demanda de moitos rapaces que pedían comentar a película "En llamas", despois de ter lido a triloxía "Los juegos del hambre". Falamos das nosas escenas preferidas, do paralelo coa mitoloxía clásica (minotauro, panem et circenses...), da simboloxía do sinsajo... e de moitas cousas máis. Coma sempre, comendo algo de chocolate.

Aquí vos deixamos, tamén, o poema Irmaus, musicado por Fuxan os ventos:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)