Entradas

Mostrando entradas de junio, 2012

Lecturas de sol e sombra

Imagen
As actividades da nosa biblioteca e dos clubs de lectura Bibliarousa e Bibliarousa+non acaban co curso.Como xa sabedes, seguimos a prestar libros e películas para o verán. Podedes vir pola biblioteca do centro no mes  de xullo para devolver ou levar o material que queirades. E xa que o verán é tempo de dietas, velaí vai a nosa receita: comidas de cine, fartura de libros, devorar as lecturas, devecer por seguir lendo... sen moderación, nin dosificación!!!

Castelao e Kiko Dasilva

Imagen
Mentres agardamos a visita de Kiko Dasilva ao noso centro, no club de lectura Bibliarousa andamos a ler as Cousas de Castelao, por aquelo de que é un dos nosos primeiros ilustradores famosos. Amais desta paixón pola arte gráfica, é evidente que comparten algo máis: ironía, humor, RETRANCA e GAFAS!