Entradas

Mostrando entradas de junio, 2017

DESPEDIDA COS "CAMIÑOS NA AUGA"

Imagen
Esta novela escolleuse conxuntamente co Instituto da Basella de Vilanova. O plan inicial, proposto ademais pola editorial, era que Núñez Singala fixera unha visita para ambosinstitutos para comentar connosco o seu libro pero finalmente non puido ser, o que realmente é unha pena xa que tiñamos moito interese en que os rapaces participaran nunha sesión conxunta coa Basella que é o centro onde van a acudir un bo número dos nosos alumnos de 4º. Non se fixeron moitas sesións por falta de tempo pero cómpre indicar que a obra cumpriu notoriamente co noso horizonte de expectativas! Amais de falar cada un dos aspectos que máis nos chamaron a atención ou que máis nos impactaron,fixemos unha viaxe cibernética a través dos lugares máis significativos da ruta realizada por Szymo como o Lago Vitoria, Tanganica ou o río Lukuga-Congo...



FESTA FIN DE CURSO CLUBES DE LECTURA

Imagen
BOAS!! Onte tivemos a oportunidade de somerxernos na festa de fin de curso dos clubes de lectura, celebrada no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
Alumnado de 3º e 4º de ESO participou en obradoiros interdisciplinares: radio, creación literaria, intercambio de libros... da man de grandes literatxs como Ledicia Costas que foi unha das escritoras traballadas no noso clube de lectura con Escarlatina, a cociñeira defunta; tamén César Mallorquí a quen coñecemos ben no centro grazas ás súas Lágrimas de Shiva. Falou de que a mala literatura tamén debe ser disfrutada porque "grazas" a ela se van formando novas e novos lectores críticos.
O colofón final veu da man de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre quen nos fixeron brincar e transmitirnos que os soños poden ser cumpridos!!!
Até o vindeiro curso!! Desde o noso clube xa estamos artellando novas cousiñas para fomentarmos o gusto pola lectura para que o noso alumnado non deixe de soñar!!





VIAXE DE FIN DE CURSO

Imagen
O pasado mes de abril, o alumnado de 4º de ESO disfrutou da viaxe de fin de curso a Madrid. No camiño paramos no Castelo de Arévalo para ver a mostra de máis de 400 cereais!! Xa en Madrid, contemplamos algunhas das numerosas mostras do Museo do Prado. E como non todo ía ser cultural, tamén tivemos tempo para cantar no musical Dirty Dancing; saltamos de árbore en árbore no Multiaventura e, como non, unha fantástica xornada no parque de atraccións Warner. Foron días marabillosos nos que o alumnado puido celebrar a gran despedida dunha etapa para o comezo doutra, que seguro será positiva e na que os seus soños serán cumpridos. Aquí vos deixamos cun pequeniño recordo...