Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2013

150 anos de Cantares

Imagen
Así define Curros Enríquez a Rosalía de Castro, a escritora que queremos lembrar por cumprirse o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos.
Son moitos os traballos que nos chegan desde a rede de bibliotecas escolares para conmemorar este día. Velaquí unha escolma:
- desde a Asociación de Escritores de Lingua Galega, un percorrido pola personalidade poética da escritora


- desde o IES San Paio de Tui: Lingua nai, nai da Lingua





- desde o IES de Poio, estaconstelación literaria arredor da obra de Rosalía.
- desde a biblioteca do  CEIP Alexandre Bóveda, Rabuñando Cantares
Para acabar, diferentes achegas musicais á obra de Rosalía: desde Amancio Prada a Guadi Galego pasando por Luz Casal, Rapoemas...



LENDO E LENDO

Imagen
Novas propostas para os clubs de lectura:- bibliarousa 1. Abdel, de Enrique Páez. Abdel é un rapaz  tuareg nómade que un día ve como cambia a súa vida: o seu pai,  Yasir,  decide emigrar a España procurando mellor vida; pero a viaxe vai estar chea de dificultades.  Una novela  que aborda o  tema da inmigración ilegal. Velaquí unha curta animada dos primeiros capítulos da novela, feito por Carlos Aldana, un rapaz guatemalteco que fixo a súa primeira curtametraxe cando tiña 16 anos.

-  - bibliarousa 2. Donde los árboles cantan,de Laura Gallego.Viana, a única filla do duque de Rocagrís, está prometida ao novo Robian de Castelmar desde que ambos eran pequenos. Os dous ámanse e casarán na primavera. Con todo, durante a celebración do solsticio de inverno, alguén advirte ao rei de Nortia e os seus cabaleiros da ameaza dos bárbaros das estepas... e tanto Robian como o duque vense obrigados a marchar á guerra...


- bibliarousa +. As voces baixas, de Manuel Rivas."Todos e todas levamos d…

Paz e Dereitos Humanos

Imagen
Durante esta semana fomos traballando no noso Proxecto Dereitos Humanos. Tal como programamos, estas foron as actividades realizadas: -Visita á exposición "Un mundo inxusto". Cada curso foi visitando a exposición e realizando un cuestionario. - Visionado da película "Los juegos del hambre", acompañada dunha unidade didáctica para traballar o tema da Paz e os Dereitos Humanos. Esta unidade foi aproveitada, tamén, para traballar as diferentes competencias, particularmente a  competencia lingüística e a social utilizando a dinámica de xogos cooperativos.