Que libro salvarías ti?


(Cartaz de Carme Loureiro)


Se se queimasen todos os libros ,
se desaparecese toda a nosa cultura escrita,
se non puidésemos nunca máis ler un libro na nosa lingua...

QUE LIBRO SALVARÍAS TI?

De momento, isto é ficción pero por se isto chegase a pasar, nós propoñemos que cada un escolla un libro do que gustase e que transcribamos aquí un anaquiño. Por exemplo:

EU SALVARÍA:
"Soño coa primeira cereixa do verán. Doulla e ela lévaa á boca, mírame con ollos cálidos, de pecado, mentres fai súa a carne. De repente, bícame e devólvema coa lingua. E eu que marcho tocado para sempre, o óso da cereixa todo o día rolando no teclado dos dentes como unha nota musical silvestre."
"Que me queres, Amor?" de M. Rivas

PORQUE:
Porque me gustan as cereixas, porque me gusta o verán, porque me gustan…os bicos!
Creo que este é un libro que merece ser salvado porque nel podemos atopar, amais de fermosos bicos, outras historias apaixonantes como “A lingua das bolboretas”.


Fe Souto

Esta é unha iniciativa da rede de bibliotecas escolares de Galiza na que está incluída a nosa biblioteca. Nesta primeira fase da actividade, cada alumn@ escolle o seu libro; logo, escolleremos un libro por curso; despois, por nivel e, ao final, un por centro.

Comentarios

Anónimo dixo…
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo…
Cartas de amor ridículas de F.Pessoa.

"Todas as cartas de amor son
ridículas.
Non serían cartas de amor se non fosen ridículas.
Tamén escribín no meu tempo cartas de amor
como as outras
ridículas.
Mais, á fin,
só as criaturas que non escriben cartas de amor,
son as que son
ridículas.
Quen me dera volver ao tempo en que escrbía sen decatarme
cartas de amor
ridículas.
A verdade é que hoxe
as miñas lembranzas
desas cartas de amor
son as que son ridículas."

É un poema que me gustou moito e que me chamou á atención porque di toda a verdade. Penso, que as cartas de amor e todo o relacionado co amor é precioso, incluídos os enfados, e cando un o realiza todo lle parece normal, pero sen embargo se calquera persoa, ainda que estea namorada, se se para a mirar a calquera outra paella dase de conta de que o amor é ridículo, totalmente ridículo.

Rosa García Moroño. 3ºB
Anónimo dixo…
NOIVOS

>>Primavera galanada
con colares de luar
e con pendentes de estrelas
está ó seu noivo a agardar.
Domente os ventos de Marzo
tecen o seu manto de noiva
pregunta ao paxaro sabio
de garante e ruborosa:

"Cuco-rei
rabo de escoba
¿cantos días faltan
para a miña boda?"

O paxaro de contado
poñíase a cantar
e o corazón latexante
estaba a moza a cantar:

"Un dous, tres;
¿te non trabucaches,
meu bo cuco-rei?"

Doemnte que ela escoitaba
tremecida de vergonza
xa estaba Maio galán
entrándolle pola porta.<<

Poema "Noivos" de L. Amado Carballo. Porque ocorre no mes de marzo, o día no que cumpro anos, pero tamén o salvo porque me gustan os vestidos de noivas e as vodas. Outra razón pola que salvo este libro é que uns poemas tan fermosos e ben escritos.

Alba Alvarez Castro. 3ºB
Anónimo dixo…
CELSO EMILIO FERREIRO.Poesía galega completa. "EU EN TI" "Eu xa te busquéi cando o mundo era unha pedra intaita. Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba. Eu xa te procuréi no comezo dos mares e das chairas. Cando Dios procuraba compañía eu xa te procuraba. Eu xa te chamei cando soio a voz do vento soaba. Cando o silenzo chamaba polar verbas, eu xa te chamaba Eu xa te namoréi cando o amor era unha folla branca. Cando a lúa namoraba as outras cumes, eu xa te namoraba. Sempre, dende a neve dos tempos, eu, na túa ialma." COMENTARIO: Este poema gustoume porque fala do amor eterno, de que el sempre a amou, desde o principio dos tempos, desde que as cousas non tiñan nome,el sempre a amou.Eu creo que este amor non sería posible, pero penso que todos ou casetodos soñariamos con el, porque poderiamos ser felices.

Laura González González 3ºB
Anónimo dixo…
AS SOMBRAS DO FARO.

"Despois de salvar todos aqueles obstáculos, atopeime nun espazo sorprendentemente libre de maleza. Fronte a min tiña a aba do outeiro, cuberta pola herba nunha boa parte da súa superficie. E no cume,´máis impresionante ainda polo efecto do contrapicado, erguiase a torre semiderruída que biñera buscar, cos sempiternos corvos andando por riba dela".

Comentario:

Este libro contén 3 historias diferentes pero con un parecido: Que as 3 historias xiran arredor de algún misterio. E a historía que máis me gustou foi a de " As sombras do faro". Gústame porque ao ler esto quédaste coa intriga de que é o que vai pasar ou o que pasou antes.
O libro gustoume moito porque hai 3 misterios dentro do libro moi bonitos e intrigantes, e gustoume especialmente esta historia porque todo o misterio xira arredor dunha rapaza e dun faro.


Álvaro José Falcón Otero 3ºB
Anónimo dixo…
"A banda sen futuro" de Marilar Aleixandre.

"Se o recreo é o foxo de cocrodilos hoxe consigo atravesalo non sobre unha táboa, senón sobre un arame como se levase na meixela un letreiro luminoso: AQUÍ BICO, BICO,BICO...¿E iso é estar namorada? ¿ Este zunido que ocupa a metade da cabeza e non deixa pensar con claridade? Carlota non podes quedar colgada dun tío porque te bique amablemente... O malo é que xa estaba colgada antes..."


Eu salvaría este libro porque gústame a forma metafórica que se expresa Carlota e a forma que expoñe os seus sentimentos. É unha historia de superación e integración na sociedade adolescente porque nestas idades costa máis que te integren nun grupo sobre todo se fisicamente es diferente.

Laura Dios 3ºA
Anónimo dixo…
Cartas de Inverno
Agustín Fernández Paz

Se chega ata aquí e que xa sabes a verdade.
Pero quizais non caíches nas súas trampas.
Abandónao todo… Porque eu xa estou perdido.
Non me busques mais, escaparías de min.
Para entendelo terías que ver o que vin, terías que saber o que hai abaixo. Poderías tolear para sempre.
!Vaite ti que aínda estas a tempo!

Por que me gustou:
E unha gran novela , ademais este anaco esperta o interese por saber que pasou, por aclarar o misterio, e transmite sensación de horror, de medo…

Isaac Vieites Señorans 3ºA
Anónimo dixo…
Libro: "Tres pasos polo misterio"
Autor: Agustín Fernández Paz

"A vella fotografía das estrelas"

Nunca poderei esquecer o ceo das noites do cebreiro, esa colcha inmensa que se enche de estrelas tan distantes e tan proximas: nunca cansarei de miralas. Aínda que o que vexamos delas non sexa máis que a súa vella fotografía.

Eu salvaría este libro porque gústame a maneira que ten de redactar a historia, como garda a emoción ata o final, e a forma que ten de darlle vida ás personaxes mediante os diálogos. Xoga co misterio entre as estrelas e as personaxes, conseguindo así un paralelismo.

Jessica Silva Paz 3ºA
Anónimo dixo…
Libro:Os dous de sempre
Autor:Castelao

"Xa fai máis dun ano e Pedro sigue dando trambulladas no negociado de "clases pasivas" sometido as burlas dos compañeiros e o desprezo do xefe"



Eu salvei este libro porque é un libro moi interesante de dous amigos.un traballaba moito e cobraba pouco e outro case non traballaba e era rico.Con este libro rin moitas veces pero tamén dá moita pena o suicidio de Rañolas

Alex Rial Santamaria
3ºA
Anónimo dixo…
"Tres pasos polo misterio" de Agustín Fernandez Paz.

"As sombras do faro"

"Ao chegar á súa altura erguín a cabeza e tentei mirarlles o rostro, pero o que vin xeoume o sangue e deixoume sumido no maior dos espantos. Aqueles homes, se homes eran, tiñan por cara unha especie de superficie escura e uniforme, aínda que había un brillo estraño no lugar onde deberían estar os ollos. E os seus corpos, que tan sólidos me pareceran desde lonxe, vistos de preto semellaban esculturas de fume, compactas formas negras de contornos imprecisas que se confundían coa escuridade que comezaba a dominar todo aquel espazo terrible..."

"Salvaría este libro porque tras del hai moito misterio escondido e coas súas palabras consegue engancharte á historia, consegue esa intriga tan buscada neste tipo de contos, e isto fai que continúes lendo o libro ata o final para que este misterio engaiolante sexa desvelado. Ademais, por outra parte, a maneira de redactar de Agustín Fernandez Paz, gústame moito."

Paula Rodrígez Otero 3ºA
Anónimo dixo…
"Pedro, fora de sí, apreita un coitelo e sen mais zorrégalle tres puñaladas no molete dereito. [...]
-Acabo de matar a miña sogra. Son un criminal.
Os policías, afeitos ó trato con xente ruín, non se asombran dabondo, pero redixen unha terríbel acto, meten a Pedro na prevención e levan o parte ó Xuzgado."

Gústameeste fragmento por que ten acción pero tamén ten cousas graciosas pero tamén tristes.

Mario Parada 3ºA
Anónimo dixo…
NEIRA VILAS, X. "Memorias dun neno labrego."

<>

Escollo este libro porque cando o lin, gustoume moito. Creo que é un deses libros dos que non te fartas endexamais, e cada vez que o abres para lelo, sentes a mesma sensación de tranquilidade e desacougo que a primeira vez que o les. Paréceme un libro máxico, porque me transporta á vida de Balbino, facéndome sentir coma él cnado vía a Eladia ou cando perdera ao seu padriño no accidente de tractor, chegando a emocionarme. Tamén me fixo sentir liberdade, cando fuxía detrás dos foguetes na escena da procesión.
En resumo, é un libro fantástico.

Carmela Otero Abal, 3ºA
Anónimo dixo…
"Os dous de sempre" - Castelao

"O feito aconteceu no anoitecer deburado nun día de vrán. O estrondo chamou polos veciños, que se detiveron encorados de anguria. A parede fendida, a xanela pendurada dun gonzo, as tellas rompidas...A traxedia ventábase dentro da casa."

Este anaco escollino porque é o momento máis forteda historia porque un dos protagonistas decide suicidarse para sorpresa de todos os veciños e lectores.
O libro paréceme interesante xa que conta a historia de dous rapaces que eran moi amigos pero tiveron que seguir cada un polo seu camiño.

David Dios Iglesias. 3ºA
Anónimo dixo…
Tres pasos polo misterio de Agustín Fernandez Paz "As sombras do faro"
"Ao chegar á súa altura erguín a cabeza e tentei mirarlles o rostro,pero o que vin xeoume o sangue e deixoume sumido no maior dos espantos."

A min gústame especialmente este anaco,porque cando o les danche máis ganas de seguir lendo.Intrígante esas sombras,queres saber quen son,e como chegaron aí.Só pensas en que pasará despois.

Iván Rial Dios
Anónimo dixo…
Racamonde deu volta por detrás do cabalo e sacou o coitelo coa empuñadura de prata,achegousa a Daniel polas contas e cortoulle o pescozo e dixo:
-Es un ladrón e os ladróns hai que matalos.

escollín este anaco por que me gusta para dar intriga ao lector por que ao lector este tipo de escenas son as que lle gustan.Nesta historia defendese aos trolls de Racamonde un cazador experto que ansía cazar un troll

Rodrigo Ramos 3º A
Anónimo dixo…
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz:


Non me vas crer, has pensar que estou tolo! Pero teño que contarcho, teño que contarmo, teño que deixar constancia das cousa no papel, ou acabarei crendo tamén eu que desvarío. Lembras ben a descriciónque fixen do gravado, a primeira vez que o vin? Pois cando o mirei de novo; a rapaza estaba a durmir na cama, cunha expresión tensa no seu rostro, coma se estivese pasando por un mal soño. desta vez puiden verlle ben a cara, de faccións case perfectas. É moi noviña, como xa sospeitaba, seguro que non pasa dos dezaseis anos. Agora mesmo o teño diante de min, mentres escribo estas liñas, e todo está tal como che digo.


Salvo este porque ten moito misterio e, é un xénero dos que máis me gusta. Ten unha historia intrigante e faiche pasar un bo momento. Collín este fragmento porque é cando empeza a verse o misterio. Adrián escríbelle cartas ao seu amigo Xabier o que lle está sucedendo, e escribe para desafogarse.

Pablo Rodríguez González 3ºA
Sonia dixo…
"Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas
"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, pero a ese non hai quen lle tusa"
Eu salvaría este libro porque a historia que conta é dura e tenra ao mesmo tempo e porque me gustou moito cando o lin, debía de ter uns sete anos.
Anónimo dixo…
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.

"CARTAS DE INVERNO"

"Pois cando o mirei de novo, a rapaza non estaba asomada á fiestra!. Mal podía estalo, porque as dúas follas da ventá aparecían pechadas e a rapaza estaba a durmir na cama, cunha expresión tensa no seu rostro, coma se estivese pasando por un mal soño. Desta vez puiden verlle ben a cara, de faccións case perfectas. É moi noviña, como xa sospeitaba, seguro que non pasa dos dezaseis anos."

COMENTARIO:

Elixín este libro porque me parece moi interesante e ademáis mantén o suspense ata o final. Este anaco que escollín foi porque a imaxa da que está a falar Adrián, o protagonista, pertence a un libro na que cada vez que a miraba era como se a rapaza cobrase vida. Producíame un certo medo ao lelo e imaxínome qué faría eu cando estivese mirando un álbum de fotos e unha imaxe cobrase vida.

Andrea Chaves Pouso 3ºB
Anónimo dixo…
Longa noite de Pedra.
Celso Emilio Ferreiro.

Unha vez houbo un home
que núnca dixo meu.
Petou nas portas do mundo,
chamou no meu corazón.
Falaba con palabras
que semellaban pombas.
As cousas á súa beira
púñanse brancas.
Nacíalle nos ollos un abrente
coma un río de luz,
ou coma un mar lonxano de gueivotas
Un bálsamo de amor
tiña aquil home
pra ista miña dor
sin nome.

Gústame porque esta vez é unha muller, a que nos fala do seu amor. O seu único antídoto da dor que ten,é un home do cal está namorada e faina sentir ben. Non é o típico home ao que estamos afeitos. Para mín faladun home sensible e nada egoísta.
Ela gusta dos seus detalles á hora de falar e do resplandor que emiten os seus ollos.

Alicia Bello Carro 3ºB
Anónimo dixo…
Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro

Unha vez houbo un home
que nunca dixo meu.
Petou nas portas do mundo
chamou no meu corazón.
Falaba con palabras
que semellaban pombas.
As cousas á súa beira
puñanse brancas.
Nacíalle nos ollos un abrente
coma un río de luz,
ou coma un mar lonxano de gueivotas.
Un balsamo de amor
tiña aquil home
pra ista a miña dor
sin nome.

Gustame porque esta vez é unha muller a que nos fala do seu amor.O seu unico antídoto da dor que ten, é un home do cal está namorada e faino sentir ben. Non é o tipo de home ao que estamos afeitos. Para mín fala dun home sensible e nada egoista.
Ela gusta dos seus detalles á hora de falar e do resplandor que emiten os seus olllos.

Alicia Bello Carro 3ºB
Anónimo dixo…
Rúa Carbón de Marilar Aleixandre.

"Náufrago busca táboa_quizais a encontre dentro d 1 ano_se as cousas cambian_non me contestes_unicamente non digas non"

Gústame porque é unha mensaxe chea de esperanza que pode desembocar nunha explosión de ledicia ou nunha pena moi grande, pero sobre todo porque a esperanza é o que "mantén" viva a unha persoa.
Eu salvaría este libro porque se o comando de ETA desaparecese ou firmase a paz, os protagonistas da historia, coma outras persoas, terían a posibilidade de salvar o seu amor.

Natalia Vargas Castro 4ºPDC
Anónimo dixo…
Poema "Eu son" autor Manuel Antonio

Gústame este poema porque xoga con nomes en diferentes idiomas e creouno de forma que con eses nomes se fixese a forma dunha rosa dos ventos, e nunca vin así un poema;e sorpréndeme a súa forma

Sara Álvarez Rivas
Tamara Álvarez dixo…
Noite de voraces sombras de Agutín Fdez Paz:

"Inda nos meus beizos arde
con labaradas de ferbe
o bico de aquela tarde"

Eu salvei este libro porque trátase dun amor imposible.Un hombre que nunca esquezerá o bico que lle deu a muller hai moito tempo.
Gústame porque fala da paixón daquela bico.Este bico non se vai repetir.Sepáranse os seus caminos e ela casase pero el morre só co soño de bicala outravez.
Anónimo dixo…
Eu salvaría o conto "A nena do circo" do libro VENTO FERIDO de Carlos Casares.
"Sentíu os labios dela que se pousaban nos seus.Foi como un trallazo.Unha ledicia branca nacíalle dentro do corazón.Despois bicáronse.Bicáronse moitas veces.E ela apoiou a súa cabeza no peito del."
A min principalmente gustoume moito esta escena,xa que é unha moi boa forma de describir un bico con amor e paixón, explicando cada paso que dan ata chegar a darse o bico.E despois a ledicia que lles causa tras a escena romántica.Esta escena é unha das partes do conto "do circo", unha rapaza que é a filla do dono do circo vai traballar co seu pai e demais artistas a unha vila na que se encontra con ese rapaz.El dende o primeiro día que a viu, fascinoulle e día tras día que acampaba alí o circo ía vela. Ata que un día tivo a iniciativa de achegarse e poder coñecela de verdade, xa que lle interesaba.De todo este encontro que tiveron surxiu esta escena do bico,pero foi corta a ledicia,xa que el ao día seguinte do encontro foi a onde estaba acampando o circo,pero alí soamente se atopaba o sitio onde estivera.

NOELIA DIOS DIOS 4ºPDC
Anónimo dixo…
Noite de voraces sombras de Agustín Fdez Paz:

"¡Que longos se me fan os días sen ti! Cóntoos un por un, táchoos no calendario e esperto polas mañas o primeiro que fago é restar un, convencerme de que xa queda menos para que veñas ata aquí. Claro que máis longas se me fan as noites, pois, aínda que atraso canto podo a hora de deitarme, o sono tarda horas en vir; neses momentos , mentres estou na cama, repaso unha e outra vez as palabras que me dixeches a véspera de marchar acochados nas rochas do Orzán."



Eu salvei este libro porque me apaixona a historia de amor que viviron estes dous personaxes:Ramón e Sara, e ademais a ambientación é nunha época difícil para o amor,onde o mais importante conservar a vida.
Eu creo que moitos amores coma este sucederon na realidade.

Ángela Núñez Lorenzo.4ºpdc
Anónimo dixo…
Eu escollín o poema "Pra Habana" de Rosalía de Castro.

"Este vaise i aquel vaise,e todos,todos se van. Galicia,sen homes quedas que te poidan traballar.
Tés,en cambio,orfos e orfas e campos de soledad,e nais que non teñen fillos e fillos que non teñen pais.
E tés corazóns que sufren longas ausencias mortás,viudas de vivos e mortos que ninguén consolará."

- Escollín este poema,porque tratando o tema da emigración,Rosalía móstranos a outra Galicia,a Galicia pobre e soa que queda cando se vai a súa xente,e cando as familias quedan rotas. Hai persoas ás que lle parece ben que a xente emigre, porque van a gañar cartos, e a gañarse a vida,pero ninguén se para a pensar neses nenos que incluso non coñecen aos séus pais,porque marcharon cando eles aínda eran uns nenos, ou nesas mulleres que teñen que sacar adiante á súa familia sen a figura masculina na casa.

Saskia Dios Pájaro 4ºPDC
Anónimo dixo…
O Misterio das Badaladas de Xabier P. Docampo:

"Meteronse dentro. Xa Pedro lavaba o foco na man disposto a exploralo sobrado do muíño, pero non lle facia falta, porque aínda non deran ben dúas paradas dentro do muíño, viron unha escada apoiada nunha trabe, que a tarde anterior non estaba alí. Despois de se ollaren pero sen pronunciar nin unha sóa palabra"

Escollín este fragmento porque é o que máis me gusta e o que máis intriga ten de todos os fragmentos e non saves o que vai acontecer cando cheguen arriba e cada vez vaino alongando para que teña máis intriga

Rubén Lois Cores. 3ºB
farangulha dixo…
"subindo por curantes e olives, a pé dos cumes do boi morto, passando fraíz, está a lagoa sacra. a lagoa nom seca nunca. já pode vir o verám mais seco em anos, já pode botar a primavera toda sem cair umha gota, que a lagoa nom seca.
porque no fundo da lagoa há umha cemitério dos mouros. há muitíssimos anos houvo umha sanguenta batalha entre os mouros e o exército de carlomagno. ganhou carlomagno e alí, na lagoa sacra, ficárom todos os cadáveres.
quando a lagoa baixa o nível da água, por algumha extraordinária seca, distinguem-se no fundo, as lousas dos enterramentos e os restos da batalha"

nom sei se esta história forma parte dalgum livro. o que sim sei é que forma parte dumha literatura que está a arder já nos nossos focinhos e que da nossa mao está salvá-la das lapas do esquecemento: toda a literatura de tradiçom oral que as nossas velhas e velhos vam levar com eles se nom os escuitamos um pouquinho máis.

susana sánchez arins
Anónimo dixo…
Tres pasos polo Misterio de Agustín Frenández Paz:

A vella foto das estrelas

"O corazón copezou a descontrolárseme cando lin o que alí poñía:

Nunca poderei esquezer o ceo das noites do Cebreiro, esa colcha inmensa de estrelas que se enche de estrelas e nos protexe a todos.

As estrelas,tan distantes e tan próximas:nunca cansarei de miralas.Aínda que o que vexamos de3las non sexa máis que a súa vella fotografía.

Elexín este anaco porque foi o que máis me gustou do libro. Elexino porque aprendín que o que vemos das estrelas, non é máis que unha vella fotografía, e tamén porque aínda que non o pareza é unha carta de amor que só a entende quen a recibe.

José Ortigueira Rial 3ºB
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:
Inda non amencera cando eu xa estaba preste, e coa pucha nova, i a doña Teodora, vestida, pro puñérase unha fladra aberta de pano merino, que deixaba ver, dende o van á media lúa final, a graciosa cola de loito dobrado, e cal mi amo dixera, na bordiña das escamas un fío de ouro lucido que mui ben lle acaía. (...) Mi amo ben mirou que eu estaba algo apesarado e que algún fío do engado da sirea tiña ao pescozo.
-Sosega, sosega, meu Felipe, díxome palmeándome do lombo. Non se collen troitas a bragas enxoitas, e istas brevas de mérito, que lle van pedir a un galán coma ti agás a vida? Non quería eu verte comesto dos peixes nunha praia da Arousa.
Contimais, engadiu Xose do Cairo que sempre falaba sabido e sentencioso; cantimais que pola cola repoluda que ten, de ser muller, como as máis, seguro que tiña as pernas gordas en demasía.
Dixo, e cuspiu, anoxando. I eu boteime a chorar.

PORQUE...
É un fragmento de Merlín e Familia, de Álvaro Cunqueiro, unha das obras mestras da nosa literatura. A min paréceme un libro prodixioso, aínda que se cadra non resulta de lectura moi doada... Escollín o final deste conto (A sirea grega) porque ten un toque arousán e é bonitísimo. Pobre Felipe!!

Manuel Glez. Seoane
Anónimo dixo…
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz:
"Sabes o que che digo querido Xabier? Pois que quizáis sexa verdade que as pantasmas entraban no lote, xunto coa cassa e todo o que contiña. Se eu non fose unha persoa culta,unha persoa que percorreu medio mundo e xa escoitou todas as historias, pensaría agora que os paisanos terían algo de razón no que contaban e que, efectivamente, a vivenda que merquei ben merece o cualificativo de enmeigada."
Gustoume este libro porque ten unha historia intrigante que che obriga a seguir lendo para saber o que pasa ao final.
Ten un final un pouco sorpresa porque como en todos os libros hai un final feliz, neste desaparecen os dous protagonistas.
Marcos Fernández Nieto, 2ºA
Anónimo dixo…
Cartas de inverno( Agustín Fernández Paz)

Marcou cun círculo o centro da estancia e lentamente, enriba do lugar elixido, foi facendo unha pirámide con aqueles materiais, coidando de colocar as pastillas na base. Cando estivo todo amontoado, colleu un misto e prendeulle lume a unha delas. As chamas apareceron axiña e estendéronse con rapidez por todo aquel material que acumulara.

Salvaría este libro polo misterio que che atrapa desde o principio ao fin da novela.
Rubén Martínez Cores, 2ºA.
Anónimo dixo…
O misterio das badaladas de xabier P. Docampo:

Cando o reloxio comenzou a dá-las badaladas correspondentes ás doce da noite, xa moitos dos habitantes de Eiranova estaban na cama. Só Xes, que, encargado polos veciños de leva-los trámites todas da instalación, xa que se poñía na igrexa, estaba preocupado e contaba as badaladas todas desde que quedara en funcionamento. Así que cando a campá comezou a tocar, el tamén principiou a contar; tann, unha; tann, dúas...

Salvaría este libro porque cando o lín gústoume moito e ademáis ten moito misterio e intriga xa que os rapaces tratan de resolver un misterio.

Mara Dios Suárez , 2ºA
Anónimo dixo…
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz:
Se é preciso que morra eu para salvar a Afrian, para salvarme eu, para salvar a humanidade enteira, estou disposto ao sacrificio.Por iso poño agora o remate a este escrito, sabendo o o que me agarda, coa certeza plena de que xamais marcharéi de aquí.

Eu salvaría este libro porque é un dos mellores libros que lin e dos que me chegaron a gustar de verdade pola sua grande intriga dende o principio ata o fin.

Manuel Oubiña García, 2ºA
Anónimo dixo…
Cartas de Inverno
Agustín Fernández Paz

colleu o libro e, con pasos decididos, encamiñouse ata onde deixara o coche, preto do que quedaba da casa. Cando chegou onda o vehículo, abriu o maeleteiro e colleu o sobre que contiña todo o que recibira de Xabier. Remexeu entre outros obxectos que tiña no maleteiro, ata que atopou o que buscaba: as pastillas de prender lume que utilizaba cando ía de camping.

Salvei este libro porque gustoume moito cando o lin e tívome moi entretido ata o final, tamén porque me gustan este tipo de libros, de intriga.

Monchi Dios Gándara 2ºA
Anónimo dixo…
Vaiche Boa de Paul Jennings:

Sentía un formigo ao redor da boca. Notou que Jill o miraba de un xeito extraño;os seus ollos abertos coma pratos, estaban cravados nel. A rapaza abalanzouse sobre Marcus botoulle os brazos ao pescozo e bicouno. Marcus quedou tan sorprendido que case cae redondo.

Salvin este libro por que e moi entretido e divertido, cando lín o titulo e vín a portada non o quixen leer pero como din "Non se pode xulgar un libro pola portada" ademais leerlo era obrigatorio non me arrepinto de habelo lido.

Wendy Alexandra Zapata. 2A
Anónimo dixo…
Para o outro día pola mañá era o último día de escola. Houbo xogos e actividades deportivas, con asistencia de moitos pais. Os rapaces case non estiveron nada xuntos, e moito menos para falar do asunto que os ocupaba. Os que si falaron foron os adultos, que case non tiveron outro tema de conversa entre eles que non fose o da badalada a maiores que daba o reloxio novo da igrexa.

Salvaria este libro porque ten un misterio que fai que cada vez te vaias poñendo mais dentro da historia.
Marta Leiro Pouso, 2ºA
Anónimo dixo…
O misterio das badaladas
Na sua cama, tamén Cristina contaba as badaladas: tann, tres; tann catro; tann cinco... Estivera estudando para un control e había pouco que se deitara, por eso estaba desperta cando o rteloxio daba a media noite. Tann, seis; tann, sete...
Ó boticario, don Anxo, que tiña por costume ller ata moi tarde, as badaladas non lle permitían concentrarse na lectura, e ía contando mentalmente: tann,oito; tann, nove... Para el non tiña máis interés o asuto que comprobar cando remataban para se volver a concentrar na lectura...
Tann,dez... Pensaba Xes. Tann, once... Contaba Cristina no leito. Tann,doce... Xa podía d0n Anxo v9olver a se mergullar nas aventuras que o libro lle estaba a relatar... Tann,!TRECE...¡ O reloxio deu unha badalada que facía o numero trece.

Eu salvei este libro porque me gustou moito cando comecei a lelo e ao ler este anaco xa me gustou e intrigoume.

JORGE A. DIOS VÁZQUEZ
Anónimo dixo…
Eu salvaría o libro de "Contos por palabras" de Agustín Fernández Paz.
A mín gustoume moito este libro porque é divertido, bonito e entretido.
O fragmento que me gustou moito de este libro é:
-É para a túa filla,
é para ti.
Sé natural e libre co xampú HURÍ.

-CACACHUP vaiche gustar,
os teus dedos vas chupar.
CACACHUP é o que mola máis,
pídellelo xa aos teus pais.

Antia Dios Nieto, 1ºA
Anónimo dixo…
O misterio das badaladas de Xabier P. Docampo:

"Cando Cristina ía emprender novamente o labor de copia-los signos,quedou un anaquiño, menos dun segundo, fitando os papeis a posición na que estaban, e inmediatamente corrixiu a posición dos papeis ata que ámbalas dúas liñas -primeira da copia e segunda do orixinal-coincidian plenamente."

Eu salvo este libro porqueme gustou o misterio que ten e faiche participar a ti tamén como se foses un persoaxe do conto.

Marcos Abal Outeda 1ºA
Anónimo dixo…
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo…
Eu salvaría:
"Tann, dez... Pensaba o Xes.
Tann, once...Contaba Cristina no leito.
Tann, doce...Xa podía don Anxo volver a se mergullar nas aventuras que o libro lle estaba a relatar...
Tann,¡¡TRECE...!! o reloxo deu unha badalada que facía o número trece".

O misterio das badaladas, de Xavier Docampo.


Eu salvaría este libro porque:
Me gustan moito os libros de misterio e gustame moito resolver as pistas que lle dan os personaxes.


David García Allo. 1ºA
Anónimo dixo…
Eu salvaría: Perigo Vexetal
"Cando Suso dos que estaban na cabana lle déron a míster Beluz no ollo de cristal cunha pedra."

Eu escribín este fragmento porque me gustou e ademais ese momento foi moi emocionante e ademais foi o mais divertido que lin.
Anónimo dixo…
Eu salvaría: Perigo vexetal.
Sheila pasou aquela noite enteira na árbore, na compaña de Comba, Suso e Berta, segundo soubemos despois. Tiñan tanto que contarlle, e era tanta a curiosidade dos rapaces por saber de nós, que a miña irmá fóiselle o santo ao ceo e esqueceu completamente volver a o seu papel de sentinela.
Gústame porque é un libro moi divertido e conta cousas interesantes das prantas.
Daniel Iglesias Rivas, 1ºA.
Anónimo dixo…
Eu salvaría: Perigo vexetal, de Ramón Caride.
Tras varios días de anovados agasallos, deixamos aos nosos amigos kim-Sam e Yu-su e Suíza,con pena-Sheila case chorou e eu non fun menos, para que vos vou dicir outra cousa-, mais tamén con ceretza de poder reunirnos axiña, e volvermos por fin ao noso vello muiño. Todoe staba igual, pois xa nos aranxaran os destrozoz causados polos robots de mr. Beluz cando pretenderon capturarnos.
O único descorazonado bfoia cantidade de traballo que se acumulara en tantos dias de aventura; e aínda por riba, como agora eramos famosos, todo o mundo nos necargaba deseños amoreas.
Asique eu tamen vos deixo porque o tarballo reclamame! Apertas!

Eu salvaria este libro porque foi un dos poucos libros que cando os lín foronme enganchando ata leelo todo! Foi un libro como de aventura.
Por outra parte elexín este fragmento porque amín gustanme as partes nas que todoesta tranquilo, e nada mellor que un final feliz coma este.

Katia Diz Dacosta 1ºa
Anónimo dixo…
Perigo vexetal de Ramón Caride

"-Aatchiss!!
Escoitei un espirro, alto e claro, que, evidentemente, non era obra de animal nigún. Identifiquei a árbore da que proviña. Era un xigantesco bido. Sen dubidalo un intre, nin pensar no perigo, comecei a gabear polo groso talo."

Eu salvaría este libro porque me enganchou e non podía parar de lelo

Noelia Feijoo Doeste 1ºA
Anónimo dixo…
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo…
"Ingo e Drago"

Trata dun neno que perdeu a pelota, buscouna na sebe e non a atopou.
Despois encontrou un ovo moi rechamante, levouno para a casa e a súa nai ao ve-lo ovo non se decatou da pelota.
Un día de noite o ovo escachou, Ingo foi chamar a nai, era moi feo dicía a súa irmá Alba.

Eu salvaría este libro porque me gustou moito, está divertido para pasar un bo rato lendo. Aconséllovolo.

Sara Mougán García 1ºA
Anónimo dixo…
Eu salvaría este libro: O misterio das badaladas de Xabier P. Docampo

-Non quere dicir que o vaiamos ver tocar, senón que tocará e estarémolo vendo a el, pero non tocando a campá -cortou Cristina a intervención de Miguel-. Polo menos iso interpreto eu.

Eu savaría este libro porque o misterio que garda é moi interesante e ademáis as pistas que ten ppara resolvelo son xeniais.

Cristian Dios Rial, 1ºA
Anónimo dixo…
Eu salvaría este libro: O misterio das badaladas de Xabier P. Do Campo.

O papel tiña un texto mais curto do que acostimaba a selas mensaxes, pero non ofrecía dubida a autoría porque o papel dicía así.
¡¡ENTRADE!!

Eu salvaría este libro por que: foi o libro que mais me gustou dos que lin en galego.

de: Javier Gondar Otero 1ºA
Anónimo dixo…
CONTOS POR PALABRAS DE AGUSTÍN FERNADEZ PAZ .
O que está claro e que na vida hai que tomar decisións arriscadas se non non vas a ningures (...) Eu ( Spiderman ) como vin que estaban salindo cada vez mais superheroes novos enton aquí ,limpando cristais !

Gustoume este libro porque todas as historias que conta gustaronme e entriteronme moito

PABLO OTERO FARIÑA 1A
Anónimo dixo…
Perigo vexetal de Ramón Caride
-Mira! -Asombrado, comtemplei como un dos vidros escuros que facían as veces de olos de míster Beluz,se esnaquizaba, estourando en finísimos anacos de cristal

Este libro gustoume moito poorque é moi divertido e a súa historia é moi emocionante

Alfredo Padín Santiago, 1ºA
Anónimo dixo…
O misterio das badaladas, Xabier P.Docampo:

Puxo o reloxeiro o reloxio nas sete e vinte, pois tal hora era daquela, e baixou da escada que foi retirada polo Leonardo do Coxo. Arredouse o home unhas pasadas andando de arrecú, e, ollando para o reloxio, díxolle ó Xes, que estaba ó seu lado:

-Levan vostedes reloxio para moitos anos. Máis dos que ha durar vostede, e quiera Deus que sexan moitos. e máis do que durarán os cregos que lle sucedan nesta parroquia.


RUTH VIDAL SUÁREZ, 1ºA.

Salvo este libro porque gustoume moito cando o lin porque é un libro de medo e intriga e faite entrar na história porque é moi realista. Escollín este fragmento porque aquí empeza a gran aventura que han de solucionar.
Anónimo dixo…
Xabier P.Docampo O misterio das badaladas
-¡Fixádevos que hai aquí!
Era unha folla de papel na ue estaban pegadas letra de distinto tipo, formando palabras.
-¿Que é isto? -preguntou Miguel.
-Non sei -respondeu Cristina-.Un papel que había aquí, dentro deste libro.
Pasóulle-lo papel ós outros para que o fosen lendo, mentres ela seguía a follear no libro.
-Eu non entndo nada. ¿Que quere decir isto? -estrañouse Eisa.

JOSE MARÍA SUÁREZ RIAL 1ªA
Anónimo dixo…
EU SALVARIA:
"Menos mal, rapaces, menos mal, que puidemos entrar na central da C.U.B. por que alí alí pasounos algo sorprendente."
"Perigo vexetal" de Ramón Caride.
PORQUE:
Salvo este gran libro poque ten moitas aventuras emocionantes, e incluso perigosas.
José maría Fariña Viana 2ºB1
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:

"Todo empezou hai uns días, xusto na data en que eu cumpría corenta e dous anos. Levaba varios meses instalado nunha depresión que amenazaba con arrebatarme as ganas de vivir. Mais non perdera a esperanza e dentro de min gardaba a ilusión de que, en calquera momento, un golpe de sorte fixese cambiar a miña vida. Por iso, cando ese día lin aquel anuncio no xornal, pensei que estaba diante da oportunidade que viña buscando desde había tanto tempo. Podía ter ao alcance da man a solución de todos os meus problemas! Porque alí o decía ben claro: "Duplicamos todas, con ou sen mostra". Era, sen dúnida, o sinal que estaba a agardar."

"Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz."

PORQUE:

"Porque gústame o misterio que conleva todo este conto, sobre todo o principio, desde ese intre tes curiosidade por saber como continua e como remata a historia."

Alba Serantes Rial, 2ºB1
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:
"A badalada que avisaba que eran as dez e media, xa non mereceu a atención máis que dalgúns. E as das once foron moi poucos os que as contaron."
"O misterio das badaladas" Xabier P.Docampo

PORQUE:
Porque é un libro moi interesante, gústame moito o misterio que desenvolve o longo da historia,este libro é unha boa maneira de desconectar, de pasar o tempo, de meterse noutra historia na que pasan cousas moi extrañas. É
un moi bó libro e por iso o salvaría.

Ana Rial Cousido 2ºB1
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:

"Despedíronse os rapaces para ir xantar, quedando en se veren pola tarde, ás catro. Todos haberían de trae-las bicicletas, porque irían na procura da continuación das pistas que, con toda seguridade, os levarían ó descubrimento do autor, ou polo menos iso era o que eles pensaban."
"O misterio das badaladas", de Xabier P. Docampo.

PORQUE:

Porque me gustou como está redactado, a intriga lévache a seguir lendo e a querer saber o final da historia.

Lara Otero Barbosa, 2ºB1
Anónimo dixo…
EU SALVARIA:

"Había pan de ovo, pan con queixo, pan con aceite e azucre, aros de cebola, raíz de cenoria, biberóns de leite, cabaza en doce, zume de cereixas, caramelos, cuncas de iogur...."
"Na barriga do drgaón" de Xoán Babarro e Ana Mª Fernandez.

PORQUE:

Porque me gustan as froitas e son saludables. Porque me gustan os libros de aventura como este. E esta historia enganchoume moito, por como esta redactada.

Aitana Porto Rubín, 2ºB1.
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:
"Eu son...Balbino. Un rapaz da aldea. Coma dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por cousa miña.
No verán ando descalzo. O pó quente dos camiños faime alancar. Magóanme as ares e nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés."

Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilás.

PORQUE:
Poque narra a as tristezas e as poucas alegrias que sufría verdadeiramente por aquela época un neno labrego. Tamén me gustou pola lírica empregada do seu escritor Xosé Neira Vilas.

Laura Rey Romay, 2ºB1
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:
"-Eu no seu lugar non dispararía, míster Beluz, pode acertarme e, nese caso, os dous iámonos matar na caída, como lles aconteceu aos seus robots. Eu non vou soltalo. Antes me tiro con vostede. Solte a arma e ordénelles aos robots de abaixo que o fagan tamén e que non se movan, ou do contrario votede e mais eu ímonos estrelar ao chan agora mesmo.
Perigo Vexatal Ramón Caride.
GUSTOUME POR:
Gustoume porque a min encántanme as historias de ciencia ficción e este libro reflexa moito este xénero ademais de que ten moita acción e sucesos imprevisibles.
Xian González García 2ºB1
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:
O gato celebrou as festas de setembro ben celebradas:
Non tomou sopa,
non tomou ensalada
nin tomou pastel de mel.
Pero si tomou un plato de carne asada.
E cando a mamá de Marce retirou a fonte das talladas para a cociña...Que fixo o gato lambón?Levantou o rabo, levantou a cabeza, choutou, ssss...zas!, ao alto da mesa e comeu carne asada, comeu carbe asa, comeu carne asada, ata que se lle puxo a barriga inchada.
Ao acabar lambeu o prebe e, ssss...zas!, volveu a saltar ao revés coma un sapo barrigón."
"Na barriga do dragón" Xoán Babarro e Ana Mª Fernández.

PORQUE:

Nesta historia pasan unha serie de cousas que me pareceron moi interesantes e ten intriga, cousa que a min especialmente me gusta. O que pasa no libr é que nunhas festas do seu pobo, hai unha atracción na que se meten e esa atraccion é un dragón no que se teñen que meter, e alí dentro pasan unha serie de sucesos, empezan a encontrarse con máis xente e a o final conseguen escapar coa axuda dunha fada chamada Lupina.

Marina Pérez Suárez 2ºB1
Anónimo dixo…
EU SALVARIA:
"Desta vez non me despido, porque penso seguirche escribindo máis tarde, contándoche os resultados da miña expedición ao faio, se é que finalmente hai algo que contar."
"Cartas de inverno" de Agustín Fernádez Paz.
PORQUE:
Gustoume moito porque, chegado a este punto do libro fíxome que o medo me entrara no corpo.Tamén, porque as escenas de medo gústanme moito.
Òscar Iglesias Nieto.2ºB1.
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:
"-¡Fixádevos que hai aquí!
Era unha folla de papel na que estaban pegadas letras de distinto tipo, formando palabras.
-¿Que é isto?-preguntou Miguel.
-Non sei-respondeu Cristina-. Un papel que había aquí, dentro deste libro."

O misterio das badaladas de Xabier P. Docampo

Eu salvaría este libro porque é un dos libros que máis me gustou, e ademais, este libro faiche sentir parte da historia, como si foras un personaxe máis, grazas aos seus misterios que ti tes que resolver.

Adrián García Mariño , 2ºB1
Anónimo dixo…
EU SALVARIA:
"Aquela noite, ás doce, o reloxio da igrexa de Eiranova non deu trece badaladas, como viña facendo desde que fora instalado. Pero tampouco deu as doce que lle correspondía dar a aquela hora.
Aquela noite ás doce deu ONCE badaladas."

PORQUE:

Ten moito misterio e emoción e tamén por que engancha ao ler, é un bo libro.
"O misterio das badaladas" de Xabier P.Docampo

Eloy Vidal Cores. 2ºB1
Anónimo dixo…
EU SALVARIA:
"Imaxinade cal non sería a nosa sorpresa, cando en lugar de atopar os nosos amigos agardándonos ao pé do río, o único interesante que achamos foi a illa aparentemente illada deserta!
Eu fun o primeiro en sospeitar que as cousas se ían complicar.
- Aquí pasa algo raro, Sheila. Non me gusta nada isto. Ese silencio dáme mala espiña.
- Deixa de recear, Said, e non esbardalles. Non lembras que esta noite durmimos todos mal? Seguro que cansaron de esperar e han estar botando a sesta na casa da árbore.
Pero, desgraciadamente, eu estaba no certo.Non ben tiñamos andado uns pasos cando a voz de míster Beluz troou dende un altofalante.
- Fálavos míster Beluz, non tentedes fuxir.Desta volta estades das miñas mans. Non teddes a menor oportunidade.
Para confirmar aquelas sinistras palabras, escoitamos un zunido ás nosa costas."
"Perigo vexetal" de Ramón Caride.
PORQUE:
Porque me gusta a maneira de redactar e gustanme os libros de acción, por eso escollín este libro.
Sergio Parracho Nieto 2ºB1
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:"Cartas de inverno", de Agustín Frenandez Paz.
"A investigación axiña deixou claro que o incendio se iniciara na cociña e que quizais fora intencionado; as latas de gasolina que se atoparon, co metal rebentado por algunha explosión, así parecían testemuñalo.

PORQUE:
E unha historia que me gustou moito pola suspense que hai por coñecer o autor do incendio.
Foi un dos libros cos que mais gocei lendo.

Ángel Manuel Iglesias Paz
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:

"-Mirade! -exclamou o doutor,asustado.
Volvemos a cabeza, vimos catro robots que saían da auga, estirando as súas patas telescópicas cara a nós. Cada un deles traía unha pistola de alta enerxía na súa man. Dispararon e a nosa lancha pneumática, con todo o seu contido, ardeu instantaneamente e volatilizouse, deixando un desagradable cheiro a goma queimada.
-Convencédesvos agora? -retrucou a voz de carraca de míster Beluz. Estades perdidos. Podo matarvos agora mesmo a todos e ninguén vos vai acudir. Quero a fórmula do seu contraveleno, doutor Kim, seguro que xa o ten ultimado arestora! He, he, he! Eu dareille mellor uso ca vós.
-Onde estará míster Beluz? -preguntei.
-A voz soa como se o altofalante estivese na casa da árbore -dixo Sheila-. Debe estar aló, que facemos?
Os robots rodeárannos e conducíannos, efectivamente, cara á cabana do bido."

"Perigo vexetal"de Ramón Caride.

PORQUE:

Porque me gustan os libros de aventuras que tratan sobre o futuro, por iso eu salvaría este libro.

Daniel Mougán Dios, 2ºB1
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:
"Non puido evitar un pequeno berro, mestura de abraio e alegría. E non era para menos. O Libro das Infinitas Historias xa tiña unha nova propietaria disposta a entrar no xogo, tamén infinito, de inventar novas vidas no papel."
"Contos por palabras" de Agustín Fernández Paz.

PORQUE:

Eu salvaría este libro porque é un conto moi orixinal, unha maneira de conseguir un conto interesante e único de algo tan sinxelo e rutinario como os anuncios por palabras dos xornais. Eu salvaría este libro da fogueira porque sería unha pena que se perdese un conto tan divertido.

Belén Paz Allo, 1ºB
Anónimo dixo…
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo…
"A historia que nos contou Yu-Su, o noso amigo, foi asombrosa. O seu pai traballaba para a CUB e era un dos principais investigadores que iniciaran o programa SC1, destinado a obter un supercereal de rápido crecemento que solucionaría os problemas de fame en todo o mundo".
"Perigo Vexetal", de Ramón Caride.

Eu salvaría este libro porque foi un libro que me gustou moito ao lelo, xa que me fixo investigar e pensar. Escollín este fragmento porque é o momento do conto onde se descobren moitos datos para o desenlace deste.

Borja Pazos Cores. 1ºB
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:
"Cacachup vaiche gusta,
os teus dedos vas chupar,
Cacachup é i que mola máis,
pídello xa aos teus pais."
"Contos por palabras" de Agustín Fernandez Paz

PORQUE:
Porque me gustan os libros que teñan
personaxes fantastico, que sexan entretidos que cando empezas lelos non teñas ganas de acabalo.

Didier Dios Nuñez 1ºb
Anónimo dixo…
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo…
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo…
Eu salvaría:
"Animal estraño, ten un corno na testa.
Vive preto das persoas. Busca parella.
avisar a D. Álvaro Canqueiro. Mondoñedo.
(Para máis referencias, véxase Escola de Menciñeiros)." De Agustín Fernández Paz.


Porque:
Gustoume moito. Hai seres fantásticos que, a igual que nós, necesitan traballo, encontrar parella, unha manicura...
Miguel Nieto Otero 1ºB
Anónimo dixo…
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo…
Eu salvaría :

¿Que me queres amor? de Manuel Rivas.

Fragmento:

"Todo o mundo nesta festa
terase que divertir.
Todo aquilo que eu faga
tédelo que repetir"

"Conga.conga
que rica es la milonga.
Queremos ver a Pico
bailar conga.
Una mano en la cabeza,
la otra en la cintura,
moviendo la colita
como una señorita"

*Estas son dúas cancións que saen no libro.

Porque?

A min gustaronme as cancións porque inspiran festa no pobo.
Tamén hai historias como dun rapaz que lle gusta unha moza muda...
E hai unha historia que é para escachar coa risa o de Carmiña...

Andrea Otero Outeiral 4ºA
Anónimo dixo…
Noite de voraces sombras, Agustín Fernández Paz.

"Por aquí botoban ao mar as pertenzas dos apestados. E, se cadra, tamén os cadáveres dos que morrían; era o xeito máis doado de desfacerse deles."


Eu salvei este libro porque fala da Guerra Civil e a min gústame ese tipo de libros paréceme moi interesante. Xa que non deberíamos de olvidar o pasado dos nosos familiares porque nos axudaría a non volver a caer en guerras.

Aitor Paz 4º ESO A
Anónimo dixo…
Noites de voraces sombras de Agustín Fernandez Paz


"Cando xa estabamos a pouca distancia da casa, nun lugar máis sombrio pola presenza de dous castiñeiros que medran na beira do camiño, Daniel parouse e, colléndome polo van, guioume ata que quedei apoiada contra o tronco dunha das árbores. Despois,sen decir palabra rodeoume cos seus brazos e bicoume nos beizos."

Eu salvei este libro porque me pareceu un libro sorprendente, tanto polo seu contido histórico coma a gran aventura da protagonista.
O que máis me gustou foron as diversas histórias de amor que enlazan os diferentes personaxes. Xa que nunca nos temas que olvidar do importante que é para todos nos nas nosas vidas.


Zaira Nine Villanueva 4ºA
Anónimo dixo…
O tesouro das ánimas de Conchi Regueiro.

" Tras comprobar que seu pai seguía durmido, sacou o bloque fucsia e volveu ler as palabras daquel tapiz negro:
A estrada do ceo ten catro chaves
Deus bica a pimeira
a segunda coas criaturas
a terceira pola fé explicada
a cuarta protéxena os lobos.

Eu salvei este libro porque me sinto identificada con unha das persioaxes: Laura, a historia narrada é moi ebntretida e a min gústanme moito as historias de aventura e misterio. Recordanme ás aventuras que em gustaría vivir a min de nena e cando o lin fíxome recordar a miña infancia.

Raquel Orero Rial.4ºA
Anónimo dixo…
Tres Pasos Polo Misterio de Agustín Fernández Paz:

''Despídome de Marta, e da miña mocidade, da vella torre. E tamén daqueles corpos fantasmais que un día apareceron ante min e me envolveron cos seus murmurios, calquera sabe por qué escura razón; os mesmos fantasmas que só poderán atopar acougo cando remate no noso país o tempo de desxeo, ese tempo inacabable que semella querer acompañarme durante o que me quede de vida.''

Eu salvaría este libro porque dos tres contos que fala, os tres me gustaron moito, sobre todo o último. Ademais é facil de leer e é para todos os gustos e idades.

Miguel Nieto Dios. 4ºA
Anónimo dixo…
O neno do pixama de raias de John Boyne:

"Durante unhas cantas semanas despois de que sucedese isto, Bruno segui a saír da casa logo que herr Liszt marcha4ra de dar clases e mentres Madre estaba a botar unhas das súas sestas vespertinas. Andaba todo o camiño ao longo do aramado para encontrarse con Shmuel, quen sempre agardando por el, sentado no chan coas pernas cruzadas, mirando para abaixo."

Gustoume porque:
E unha gran novela , gustoume como transcorre a historia dende un bando e dende o outro na epoca de Hitler.E como dous rapaces de distintos sitios se conocen e de tan amigos que se fan acaban os 2 no mesmo bando e queimados sendo un deles fillo dun xefe alemán.
Juan Gonzalez 4º A
Anónimo dixo…
Que me queres amor de Manuel Rivas
fragmento:
Cando os camións arrincaron cargados de presos, eu fun un dos nenos que corrían detras lanzando pedras. Buscaba con desespero o rostro do mestre para chamarlle traidor e criminal. Pero o convoi era xa unha nube de po ao loxe e eu no medio da alameda, cos puños pechados, so fun capaz de murmurar con rabia: "Sapo! Tilonorrinco! Iris!".


Salvaria este libro porque e un libro facil de leer e ten minirrelatos que son tan cortos que o rrematar un queres seguir
Hai un que me impactou que e "a lingua das bolboretas" que trata sobre españa na época de Franco e o que lles facian aos republicanos os fachas.
Javier Señoráns Dios 4ºA
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:

Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz

"Pemso que nos anos que nos agardan xuntos e bendigo a sorte sde podermos vivir nesta etapatan cargada de esperanza"

PORQUE...
Noite de voraces sombras é un libro que desexo salvar xa que é un texto que mestura moita cultura galega, moito amor, é a comparación de dúas epocas totalmente distintas xa que unha alberga por unha parte da época da guerra e por outra o amor de nenos.
É tamen me gusta polos enigmas amorosos que ten a época de guerra que posteriormente a xente a que el quería descubriu a súa procedencia, e todo o que el vivira.

Fátima Agra Oubiña 4ºA
Anónimo dixo…
Castelao-Os dous de sempre- Editorial Galaxia.

Mellor se-lo primeiro rico nunha terra de probes é se-lo único probe nunha terra de ricos. Prestaríache un auto con sinxeleza con que os fumadores dan lume para acender un pito. Ti non tes reló, pero podes pregunta-la hora en que vives a un que o teña, e hai que ve-lo gustiño que lle dás os que levan reló de ouro, por que lles prestas ocasións de locir unha alfaia que levan no peto.

-Eu salvaria este libro, non por ser de castelao, se non por que me atreaeu dende o primeiro momento que comencei a leelo, gústame bastante por que trata aspéctos da nósa Galícia do pasado que eu non coñecía e me deixou impresionado, como era a vida entón naqueles tempos. Seguro que meus parentes máis vellos tiveron unha vida moi parecida ou igual que a dos protagonistas deste libro. Inda non sei o que me enamorou de este libro pero foi o mellor libro que leín da literatura galega e eu penso que por sempre, por eso o salvaría.

Nicolas Nieto Cores 4ºa
Anónimo dixo…
Tres pasos polo misterio, Agustín Fernández Paz.
"A amizade entre nós foi medrando conforme transcorrían as semanas e as nosas conversas fixéronse cada vez máis persoais.Lembro que a ela lle gustaba oírme falar da miña afección pola fotografía;fascinábaa que eu mesmo revelase as fotos que facía,consideraba que era como posuir o segredo dalghunhas prácticas máxicas."
Eu salvei este libro porque foi un libro que me gusatou cando o lin,gustoume porque é como se fai unha amizade de dous rapaces que se van enamorando un do outro como pode pasar na realidade.
Jose Antonio Fernández Rial 4ºA
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:
"A certeza de que a corrente os arrastraba alborotou toda a clase. Nenas e nenos asistían fascinados a aquela navegación inesperada, incapaces de atender a ningunha outra cousa. Os camións e o guindastre quedaban cada vez maís lonxe; o helicóptero, desde o alto, seguía a prudente distancia a marcha da escola."

PORQUE:

Porque me gusta navegar e pasalo ben na escola. Creo que este é un libro debe ser salvado porque nel podemos atopar a historia de un colexio que vai flotando pola auga.

Rubén Chaves Otero
Anónimo dixo…
A praia dos afogados- Domingo Villar

"-Encántame esta vista- dixo Estévez cando chegaron ao alto, e Leo Caldas abriu os ollos. A néboa retrocedera descubrindo por completo a boca da ría e as illas Cíes. Viu un transatlántico dirixíndose a porto, a liberar nas rúas de Vigo a súa carga de turistas con mapas, impermeables e cámaras de fotos."

Eu recomendo este libro porque foi o libro que máis me gustou de todos os que lin na miña vida, ao principio non o quería ler porque me parecía moi largo, pero en canto o empecei non puiden parar de leelo. Mantén o suspense ata o final do libro, é unha historia moi bonita que, para min, merece a pena leer.

Belén Chaves García 4ºB
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:
"Entraron os dous xuntos e foron dereitos á biblioteca. Alí había unha fila de nenos que estaban a recoller libros para ler nas vacacións. Cada rapaz déralle ao bibliotecario unha lista cos títulos que lle interesaban, e el encargábase de preparalos, substituíndo os que non quedaban xa, por outros que a el lle parecese que cadraban consonte aos gustos que o rapaz manifestara na lista."
"O misterio das badaladas." de Xabier P. DoCampo

PORQUE:
Porque me gustan as bibliotecas, o seu silencio e tamén as vacación. Este libro merece ser salvado, é o mellor libro que lin.

Lydia Fernández Fernández, 1ºB
Anónimo dixo…
Viaxe ao país dos ananos Celso Emilio Ferreiro.

"Cantor hippie"

Meu pai deixoume os camiños,
miña nai deixoume o mar.
Non tiña mais que deixarme,
nin eu penso máis deixar.


Eu salvo este libro de poemas porque cando lemos e escoitamos este poema na clase gustóume moito pois simbolizoume a un rapaz que deixaba a nai e o pai as terras e o mar que eles anteriormente traballaban, pois antes cultivábase moito cada un nas súas terras e tamén se sacaba moito marisco no mar, para comer.
Pois eu identifiqueime co rapaz ou rapaza que cantaba isto.

Cris Castro Cores 4ºB
Anónimo dixo…
¿Que me queres amor?
Manuel Rivas.

Cando os camións arrincaron cargados de presos, eu fun un dos nenos que corría detrás lanzando pedras. Buscaba con desespero o rostro do mestre para chamarlle traidor e criminal. Pero o convoi era xa unha nube de po ao lonxe e eu, no medio da alameda, cos puños pechados, só fun capaz de murmurar con rabia: "¡Sapo!, ¡Tilinorrinco!, ¡Iris!

Eu salvaría este libro porque me gustou moito. Fala dos costumes galegos e da emigración galega a Arxentina. Síntome identificada con él porque hai moita xente da miña familia que emigrou e viviron moitos momentos dificiles como os que se conta no libro.

Lucía Muelle Álvarez 4ºB
Anónimo dixo…
-Titulo e autor: Fiz nos biosbardos (Kiko da Silva).
-Fragmento:''Ala aí tes un bocadillo de euro!E mastígao ben que as moedas están moi duras...''
Escollín este fragmento porque un pobre pedíralle un euro para comer, e o autor tomouno no sentido literario porque resulta moi cómico para os lectores que disfrutan deste cómic cómico.
-Eu salvaría este libro porque ten un bo sentido cómico dos mozos galegos de agora, porque tratan de facer a vida moito máis graciosa e feliz tratando de que a tristeza e a amargura non afecte a Galicia e as xeracións xovenes, para que non pensen que o galego e triste e amargo, porque o galego é tan ou incluso diría máis divertido que o castelán.

Juan Vidal Barreiro 4ºB
Anónimo dixo…
Eu salvaría o libro de Manuel Rivas "Que me queres amor?".

FRAGMENTO:
"Soño coa primeira cereixa do verán. doulla a ela e lévaa á boca, mírame con ollos cálidos, de pecado mentres fai súa a carne"

Salvaríao porque é un dos meus libros favoritos, grazas a el adentreime naquel tempo escuro da Guerra Civil. Puiden sentir o que puido sentir un neno, un adolescente, unha persoa maior baixo o medo daquel tempo.
Tamén o salvaría porque grazas a el, souben o que é namorarme nunha e dunha lectura.

Carme Barreiro Rial 4ºB
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:
“Xulieta entra nun xirasol. Remove sementes. Abre portas e xanelas. Camiña po longos corredores sen luz. No dorso dos xirasoles é noite , sempre.” De María Rosa Mó.

PORQUE:
Ensínache que o falar non ten cancelas. E porque che demostra que unha nena pequena como e Xulieta e soña con tantas cousas que ninguén nunca imaxinaria que soña unha nena pequena.

Rocío Falcón Villanueva , 1ºB
Anónimo dixo…
EU SALVARÍA:
"A certeza de que a corrente os arrastraba alborotou toda a clase. Nenas e nenos asistían fascinados a aquela navegación inesperada, incapaces de atender a ningunha outra cousa. Os camións e o guindastre quedaban cada vezmáis lonxe; o helicóptero, desde o alto, seguía a prudente distancia a marcha da escola."
"A escola dos piratas" de Agustín Fernández Paz

PORQUE:

Porque me gusta navegar e pasalo ben na escola. Creo que este é un libro que merece ser salvado porque nel podemos atopar a historia dunha escola que sae flotando pola auga.

Rubén Chaves Otero, 1ºB
Anónimo dixo…
Follas Novas, Rosalía de Castro.

"En todo estás e ti es todo,
Pra min e min mesmo moras,
Nin me abandonarás nunca,
Sombra que sempre me asombras"

Eu salvaría este libro porque é a primeira muller escritora da literatura galegaque se atreve a escribir naqueles tempos onde a muller non tiña case ningún dereito respecto a os homes, pero tamén porque está cheo de sentimentos en cada poema xa que narra nos seus versos toda a angustia vivida naqueles tempos durante as guerras e fainos sentir na pel daqueles galegos que tiñan que emigrar e deixar a súa terra por moitos motivos que por suposto a nigún nos gustaría vivir agora.

Carmen Nieto Dios 4ºB
Anónimo dixo…
Noite de voraces sombras,Agustín Fernandez Paz.

"Inda nos meus beizos arden
con labaradas de frebe
o bico de aquela tarde.

Que puxeche nel non sei.
¡Tempo e tempo que vivira
doutro mal non morrerei!"

Eu decidín salvar este libro porque me parece unha historia na que se sabe mesturar un acontecemento tan impactante como a guerra civil e o tenro amor que viviron estas dúas persoas.
Lévanos ao recordo daqueles anos escuros de guerra nas fermosas illas de San Simón, na que Sara viveu momentos moi emotivos coa sua nai.
As cartas tan fermosas que se escribiran os dous namorados e sen saber sequera se ían chegar ao seu destino.
Unha hitoria que paga a pene ler!

Paula Oubiña Mariño 4ºB
Juan Luis Allo 4º B dixo…
-"Rosolía de Castro" "Follas Novas"
TERRA NOSA
-Baixo a prácida sombra dos castaños,
Do noso bon país
-Baixo aquelas frondosas carballeiras,
Que fan doce o país
-Cabe a figueira da paterna casa
Que anos conta sen fin
-¡Que contos pracenteiros, que amorosas
Falan se dín alí!
-¡Risas que oien na seráns tranquilas
Do cariñoso Abril!
-E tamén ! que tristisimos adioses
se acostuman oír!

Escollín este libro porque me parece moi importante para a literatura galega xunto con "CANTARES GALLEGOS", tanto porque o escribe unha muller nun tempo moi delicado para elas, como para o seu idioma e os seus falantes, ós galegos en xeral. Alá donde foi o primeiro era o seu idioma e os seus compatriotas emigrantes en America e no resto do mundo. Tamén porque penso que é unha das mellores escritoras galegos.

Juan Luis Allo Rial 4º B
Anónimo dixo…
Cartas de Inverno Agustín Fernandez Paz.

"Montou no coche e arrancou sen mirar atras. Sabía que iniciaba unha longa viaxe, unha viaxe que a levabaata o mundo real e que a afastaba para sempre dun mundo que ela nin tan sequera sospeitase que puidese existir. Coas mans firmemente agarradas ao volante, coa mirada fixa na estrada, sentía que para ela xa nada sería nunca igual. Porque agora sabía con crteza que nunca máis vería a Adrián e a Xabier no mundo dos vivos.Pero confiaba en que, cando menos puidesen descansar en paz durante toda a eternidade."


Eu salvaría este libro porque e moi intrigante e cando o comezas a ler xa podes parar, atrapate dunha maneira, que o tes que seguir lendo hora tras hora, pois somerxeste nun mundo de experiencias paranormais e desacougantes que fan que vivas nunha vida paralela túa.

Uxía Piñeiro González 4ºB
Anónimo dixo…
Eu salvaría

Menos mal, rapaces, menos mal, que puiemos entrar na central da C.U.B. por que alí pasounos algo sorprendente, pero non adiantemos acontecementos.

Perigo vexetal de Ramón Caride

Este libro gustoume moito porque
me gusran as aventuras e porque non tiña outro de galego na casa

Nicolás González Patón 1ºB
Anónimo dixo…
A BANDA SEN FUTURO:
-Que che fai rir?pregunta
-Nada digo eu.Dame corte contarlle esa historia de xente que se mete espida na cama
-Ven aqui di e levame da man ata dobrar a esquina do patio,onde é mais dificil que nos vexan.Cada vez que ris danme ganas de bicarte
-Pois enton vas pasar a vida bicandome digo eu.

-Esta parte do libro gustame porque eo final e os dous rapaces acaban xuntos,como eles querian.O libro gustoume porque é moi realista,e a rapaza ao final colle mozo e acaba sendo unha persoa normal.
Anónimo dixo…
A BANDA SEN FUTURO DE MARILAR ALEIXANDRE:
-Que te fai rir?
-Nada digo eu .Dame corte contarlleesa historia de xente que se mete espida na cama.
-Ven aqui di , e lévame da man ata dobrar a esquina do patio,onde é mais dificil que nos vexan.Cada vez que ris danme ganas de bicarte.
-Pois enton vas pasar toda a vida bicándome.

-Esta parte do libro gustame, porque é o final do libro e a rapaza ao final colle mozo e quedan xuntos ous dous rapaces como eles querian,e ao final acaba sendo unha persoa normal.

-JONATHAN MARTINEZ PAZ 3ºB
Anónimo dixo…
Contos por palabras
Agustín Fernandez Paz

Desde aquela ando polas rúas da cidade ollando para todas as rapazas loiras e de ollos azuis.
Polo de agora non vin nada especial en ningunha das que atopei, e iso que xa foron ben delas.Pero debo ter paciencia e continuar a miña busca. Ninguén dixo nunca que conseguir a felicidade fose unha cousa doada!
Anónimo dixo…
Cartas de inverno/
Agustin Fernandez Paz
O incendio que se produciu durante a noite do 28 ao 29 de abril, e quee deixou a casa completamente destruida, non merecería mais que un pequeno pazo nos xornaisse non fose porque axiña se relacionou coa desaparicion de adrian novoa.
Eu salvei este libro porque foi un libro co que disfrutei moito lendo.
3ºpdc
Anónimo dixo…
cartas de inverno de agustin fernandez paz:


"Se alguén está agora lendo estas páxinas ,será sinal de que miña irmá se viu na obriga de cumprir a peteción que lle fixen na carta que lle mandei.E será sinal tamén de que preocuparse pola miña vida,que agora corre perigo extremo,quizais xa non teña sentido ningún."

Eu salvei este libro porque foi moi entretido dalle un sentido a lectura que non lle dan outros xa que é moi especial.

jennifer salazar 3pdc
Anónimo dixo…
Poemas de Catulo a Lesbia

Los soles pueden ponerse y sali:
para nosotros,
una vez que cae la breve luz,
la noche es eterna para dormir.

Dame mil besos, luego cien,
luego otros mil,luego ootros cien,
luego otros mil más,
y luego cien.

Luego, cuando llevemos
muchos miles,
confundamolos todos,
para que no los sepamos,
y ningun malvado pueda hacernos daño
al saber cuentos besos han sido.

Eu salvo este poema por que me gustou moito ten mooito sentimento.
Anónimo dixo…
Só a túa voz morna e sinxela,
Só as túas mans espidas e suaves,
Só os teus ollos calidos e escuros,
Só o teu corpo maduro e confiado,
Só a túa mirada alegre e clara,
Só a firme decisión dos teus cabelos,
Esbozan o débil embrión dunha esperanza.

Xosé. M. Costa

Eu salvei este poema porque foi un poema que me chamou moito a atención e me gustou moito cando o leín. Tamén me gusta moito o que di e da maneira no que o di.


3ºPDC
Andrea Nieto 4B dixo…
Rúa Carbón, Marilar Aleixandre.

...neste momento non podo
atender a nada distinto ao contacto
co seu corpo, a presión da sua man no ombro, ao seu olor
diferente do de calquera outra persona.

Por que o salvaría? Pois faríao porque fala de algo real, que está acontecendo hoxe e que o combina con unha historia de amor de dous adolescentes no que á protagonista da historia lle acontece o mesmo que á nai, namorándose de un euskadi de Kale Borroka (loita da rúa) e ao fin deixándoo polo perigo que pode supor a influencia dos seus pasos.
Anónimo dixo…
Que me queres amor de Manuel Rivas
fragmento:
Cando os camións arrincaron cargados de presos, eu fun un dos nenos que corrían detras lanzando pedras. Buscaba con desespero o rostro do mestre para chamarlle traidor e criminal. Pero o convoi era xa unha nube de po ao loxe e eu no medio da alameda, cos puños pechados, so fun capaz de murmurar con rabia: "Sapo! Tilonorrinco! Iris!".


Salvaria este libro porque e un libro facil de leer por estar constituido de varios minirrelatos que son tan cortos que o rrematar un queres seguir co seguinte.
Hai un que me impactou que e "a lingua das bolboretas" que trata sobre españa na época de Franco e o que lles facian aos republicanos os fachas e era coma se ti te puxeses nos ollos de moncho; un neno desa época que vive varias desgrazas e podes ver case como vai correndo detras do camion chamandolle ao mestre:"Sapo! Tilonorrinco! Iris!".

Javier Señoráns Dios 4ºA
Anónimo dixo…
Rúa carbón de Marilar Alexandre.

"-¿Quen? ¿Quen lle mandou poñela?
Miña nai miroume como dicindo,ti sabes quen manda rapaces novos a poñer bombas.De forma que cando abriu a boca para decir un nome eu xa agardaba oír o que non quería oír.
-ETA."

Escollín este libro porque comprendes como os de ETA chegan a facer tantas loucuras e que é o que os leva a actuar desa maneira, por outro lado mezcla unha historia de amor dunha adolescente que ten que comvivir co pesadelo de que seu pai era un terrorista e elexir o seu propio camiño.

Elisa Mougán Ramos 4ºB
Andrea Nieto dixo…
Rúa Carbón, Marilar Aleixandre.

...neste momento non podo
atender a nada distinto ao contacto
co seu corpo, a presión da sua man no ombro, ao seu olor
diferente do de calquera outra persona.

Por que o salvaría? Pois faríao porque fala de algo real, que está acontecendo hoxe e que o combina con unha historia de amor de dous adolescentes no que á protagonista da historia lle ocorre o mesmo que viveu á nai ós seus anos, namorándose de un rapaz etarra da Kale Borroka (loita da rúa) e ao fin, tomando a dura decisión de romper con el polo perigo que pode supor a influencia dos seus pasos.
Anónimo dixo…
Trata sobre uns nenos chamados Said e Sheila. Que no ano 2075, apareceu unha planta reboluconaria,
"A super cereal SC-1.Unha planta monstruosa que arrasa a pampa arxentina.
"Perigo vexetal" de Ramón caride.

Gustoume este libro por que gustamea mecanica, y esas plantas revolucionarias son impresionantes y precisamente mitologicas.

Aarón Montero Rodriguez 1ºb
Anónimo dixo…
o Lapis do carpintiero de Manuel Rivas

“Xa non lle importaba o humor do pai. Para el eran días de festa, os únicos que tiñan sentido durante todo o ano. Alindando as vacas, degoiraba porque chegase o primeiro de mes. E velaí como foi vendo medrar e facerse muller a Marisa Mallo, das familias poderosas da bisbarra, a afillada do alcalde, a filla do notario, a irmá pequena do señor cura párroco de Fronteira. E el nunca tivo un año para ver se ela lle viña peitear os rizos de la.”


*Neste fragmento de “O lapis do carpinteiro”, o protagonista desexa ter un año, para que Marisa Mallo lle peitee os rizos de la, e soña con estar con ela, ainda que o vexa imposible, porque ela é filla de xente importante, e el é un simple labrego.
*Escollo este fragmento, porque me parece que imaxinar, soñar e desexar é moi importante.
¿Cómo serïamos agora se cando eramos pequenos non xogásemos imaxinando?
Antes, imaxinábamos que eramos princesas ou superheroes, logo imaxinábamos como sería a vida das bonecas, e agora, desexamos cousas ou soñamos con elas.
*Por iso creo eu que é moi importante imaxinar, soñar, e desexar.

Cristina Vázquez Santiago 3ºA
Anónimo dixo…
Ese cachiño de relato que me petou tanto no peito dende xa hai uns cantos anos que me obligachedes a ler ese fermoso libro. "Soño coa primeira cereixa do verán...", nunca olvidarei esa frase.
Anónimo dixo…
Tres pasos polo misterio de Agustín Fernández Paz


¨ Só hai unha cativa posibilidade de deter a Deusa Serpe, e alguén debe intentalo antes de que sexa demasiado tarde. Alguén debe volver á Roza das Modias e arrasar con todo o que alí hai, destruír o niño onde naceu tanta maldición, facer que o lume purificador acabe con calquera vestixio de vida. Quizais así se consiga que remate este pesadelo e que a Deusa Serpe, privada da forza maligna que a sostén, volva outra vez á súa forma de pedra e permaneza aprisionada nela deica a fin dos tempos.
Por que?

Por que é un libro de moito misterio. Este libro consta de tres contos moi terrorificos.
Eu elixin o conto da Deusa Serpe por que e un conto de misterio e terror.
Eu animo a todos os rapazes que lean este libro.
Da moito MEDO.

Sergio Dios Cores 4º P.D.C
Anónimo dixo…
Tres pasos polo misterio de Agustín Fernández Paz


¨ Só hai unha cativa posibilidade de deter a Deusa Serpe, e alguén debe intentalo antes de que sexa demasiado tarde. Alguén debe volver á Roza das Modias e arrasar con todo o que alí hai, destruír o niño onde naceu tanta maldición, facer que o lume purificador acabe con calquera vestixio de vida. Quizais así se consiga que remate este pesadelo e que a Deusa Serpe, privada da forza maligna que a sostén, volva outra vez á súa forma de pedra e permaneza aprisionada nela deica a fin dos tempos.
Por que?

Por que é un libro de moito misterio. Este libro consta de tres contos moi terrorificos.
Eu elixin o conto da Deusa Serpe por que e un conto de misterio e terror.
Eu animo a todos os rapazes que lean este libro.
Da moito MEDO.

Sergio Dios Cores 4º P.D.C
Anónimo dixo…
"Pensa nao" de Anxo Angueira
“A enxurrada perdeu forza e María déixase caer enriba de Amaro. Fican en silencio. Pola corredoira dos Focos pasa a xente do Reboiras subindo cara a súa rolda das cinco no Rañadoiro. Mouchean os mouchos.
- Mouchean os mouchos, mi madre!
- Non lles teñás medo, fillas. Corré, danno-las cinco e non pasamos dos Focos.
- María, eu son mozo.
- Sempre o serás ata a alborada. Non deixarás de selo endexamais!
- E ti, María?
- Eu serei eternamente a bátega, túa. Sombra dos outeiros de Mos, de Sernanselle a onde vaias.
- Pero eu non me vou! Non me quero ire!
- Amaro, meu amoriño, amoriña miña da Silveira do camino no beizo, cereixa das cerdeiras da Riaseira da Chisca encarnadas e das bravas ambroesas bicudas de Riasós…
- Non quero.
- Vaiámonos, que ven o día! Antes que o sol negro levante!
- O sol aínda dorme.
- Pero nós non podemos. Querías durmir?
- Non quero, María, durmir nunca máis.”

Por que salvo este libro?
Anxo Angueira narra cunha linguaxe moi viva, achegada ao pobo, a vida nunha aldea do Ulla a mediados da década de 1930. A vida no campo, cos duros trafegos agrícolas, os momentos de lecer, os amores da mocidade, o drama da emigración e tamén o constante conflito entre tradición e modernidade que se plasma nunha loita de clases sociais. O cacique e o clero tentan manter os seus privilexios e ven ameazado un orde secular, polo cooperativismo agrícola que os vecinos de Sernanselle conseguen establecer durante a Segunda República: traballar para acadar unha vida digna e un reparto máis xusto da riqueza. Por un momento parece que Angueira vai reinventar a historia, pero chegou xullo do 36, implacable, definitivo.
Alfonso Malvido, profe de música

Publicacións populares