jueves, 22 de abril de 2010

E ti para que les?


Este é o título da actividade que imos levar a cabo no instituto para celebrar o Día do Libro, máis ben a semana do libro. Trátase dunha iniciativa de IND
( Implicadas No Desenvolvemento) en colaboración con 103 bibliotecas escolares de Galicia.
Encheremos o centro con respostas a esta pregunta. Ti xa pensaches para que les?
Non valen respostas do tipo: para aprobar, para que non me berren na casa...
No club de lectura bibliarousa temos hoxe unha sesión especial Día do Libro

Velaquí a mostra dixital da exposición, enviado desde a rede de bibliotecas escolares.

43 comentarios:

Anónimo dijo...

Que sería de min sen vós,
tiranos e, á vez, embaixadores
da imaxinación,
verdugos do desexo
e, ao tempo, mensaxeiros seus,
libros cheos de cousas deplorables
e de cousas sublimes,
aos que odiar
ou polos que morrer.

Luis Alberto de Cuenca

Anónimo dijo...

Pois eu leo porque unha vez, de neno, cando levaba días na cama enfermo, alguén me trouxo unha novela que se titulaba Robinson Crusoe. O protagonista é un náufrago que vai dar a nunha illa que parece deserta. Aínda agora, ás veces penso que me gustaría non ter saído nunca de alí.
m.

Anónimo dijo...

Así, en compaña, dá gusto traballar. Só esperamos que tanto traballo axude ó que verdadeiramente pretendemos: a facer lectores e lectoras.
Parabéns.
Olga
4/24/2010 12:51 AM

Anónimo dijo...

Leo para ser feliz. Ás veces, cando a dor invade a miña alma, o meu corpo e ata os meus pensamentos, atopo nese libro que leo a felicidade que preciso para reencher o saquiño de veludo vermello na que a gardo. Outras, a lectura sérveme para comprender que a vida que levo merece a pena tal como é. Entón boto un sorriso e son feliz.

reipedro dijo...

Leo para sentir, porque as palabras fante ver moito máis do que os teus ollos poden percibir nunha pantalla. Un libro posúe a maxia do detalle: todas as sensacións, as máis gratas e tamén as máis crueis, contidas en vintecatro garabatos que combinan entre sí.
Tamén leo pola necesidade vital de aprender. Tubab - Fonso

Anónimo dijo...

Eu leo para desaprender.
Leo para comprobar que hai moitos camiños bos e non só un, pese a quen pese.

Eu leo para esquecer.


Manuel González Seoane

Anónimo dijo...

Leo porque quero e, cando leo, métome en min mesma ou no mundo que estou lendo,e libero a miña imaxinación porque quero ser libre.
Leo, porque teño que escapar do mundo real e meterme noutro e noutro, etc.

Por iso leo eu.

Anónimo dijo...

Eu leo porque me peta e porque é un medio de aprender sen saber que o estás facendo. Porque… a quen lle apetece estar lendo un libro pensando que é como se fose estudiar? Á fin e ao cabo, non é o mesmo estudiar un libro que lelo. Bueno, esta é a miña opinión. Chao, lectores

Anónimo dijo...

Leo porque me gusta vivir a vida doutras persoas e estar en lugares aos que non podo ir.
Porque leer significa sentir, estar, saborear, aprender, reir, chorar, descubrir...

Anónimo dijo...

Eu leo para explorar novas aventuras.
Jacinto

Anónimo dijo...

Eu leo para olvidarme das cousas malas e divertirme e pasalo ben.
Rodrigo

Anónimo dijo...

Eu leo para entrar noutro mundo.
Javi Señoráns

Anónimo dijo...

Eu leo para darlle vida ao texto.
Cris Castro

Anónimo dijo...

Eu leo para desconectarme do mundo.
Raquel Otero

Anónimo dijo...

Pa min ler, é disfrutar parte da miña vida. A min, ler, cando estou de malas, se me gusta e me engancha ese libro, ponme contento.

Álvaro José Falcón Otero 2A

Anónimo dijo...

Eu leo para facer unha viaxe a un país novo, sen máis traballo que levantar a tapa e comenzar a ler.

Ivan Rial Dios

Anónimo dijo...

Eu leo porque cando leo ábrenseme portas a outros mundos, mundos de fantasía, de ilusión... que sin os libros non poderiamos coñecer.

Tamén leo para escapar do mundo cando se rebela contra min.

Carmela Otero

Anónimo dijo...

Eu leo para soñar desperto, para ser un pirata malvado, un campesiño, un cazador de trolls, un emigrante saharahui que se ten que agachar en tumbas, etc. Tamén para ir a París e a Madrid na misma historia e poder estar onde eu quero, con quen eu quero... Controlando todo o que ocorra.


........................2ºA

Anónimo dijo...

Pa min ler é unha forma de aprender cousas e poder expresarme cando falo coa xente.

Ainhoa Fernández García 2ºa

Anónimo dijo...

Leo para vivir, nacer e morrer nunha soa lectura.
Carmen Barreiro

Anónimo dijo...

Para vivir outras historias e esquecerme do mundo real.

Card

Anónimo dijo...

Eu leo para ter unha vida mellor.
Lenny

Anónimo dijo...

leo para facer voar a miña imaxinación, coma un paxaro...
e ver e explorar novos lugares

Nic

Anónimo dijo...

Eu leo para aprender

Lewis Carroll

Anónimo dijo...

Eu leo para fuxir dos meus medos e ser a persoa valente que só encontro nas historias.
Kasandra

Anónimo dijo...

Eu leo para coñecer novos mundos, poñerme na pel dos personaxes, disfrutar de cada historia e aprender con elas.
Paula

Anónimo dijo...

Porque me divirte, faime entrar noutros mundos, coñezo mási cousas, faime estar contento...
Eu leo porque ler... encántame!!

Anónimo dijo...

Para ser feliz e abrir portas a outros mundos que non coñezo.

Laura REy Romay, 1º A

Anónimo dijo...

Leo porque me gusta meterme nas historias e viaxar polos seus mundos.

Ateaclea, 1º A

Anónimo dijo...

Eu leo para durmir e ter soños bos que me fan entrar a outro mundo fantástico.

Lara Cousido Franco, 1º A

Anónimo dijo...

Eu leo para disfrutar, pasar o tempo e ir a un mundo imaxinario onde vivo moitas aventuras fascinantes aínda que sexa na miña cabeza.

Noelia Suárez

Anónimo dijo...

Eu leo para disfrutar, pasar o tempo e ir a un mundo imaxinario onde vivo moitas aventuras fascinantes aínda que sexa na miña cabeza.

Noelia Suárez

bibliarousa dijo...

Hai xente que lé para seguir durmida, eu leo para sentirme desperta…para manter aceso o fogar da conversa cos que están lonxe no espacio e no tempo, para mirar o camino dende tódolos ángulos e non deixarme cegar polo espelleante fulgor das miñas verdades…leo, en definitiva, para experimentar o agredoce sabor do saber.

Anónimo dijo...

Leo pra enriquecer mi mente, para divertirme, para evadirme del mundo real e ir a un luar idílico, para enamorarme, para consolar mi dolor, para saber cómo ven el mundo los demás. Leo porque nunca está de más aprender una cosa nueva cada día, porque me gusta, porque me entretiene y, sobre todo, porque es beunoa provechar el tiempo libre en algo que te guste y te haga feliz.

alumna de 4ºA

Anónimo dijo...

Leo apra aprobar os exames de lectura

alumno 4ºA

Anónimo dijo...

Eu leo porque si.

Pablo Costa, 4ºA

Anónimo dijo...

Leo para viaxar ao deserto, ao fondo do mar, ao alto das nubes, ao centro da Terra e incluos a outros planetas ou épocas.
E todo sen moverme da miña habitación.

Roi Oubiña 4ºA

Anónimo dijo...

Eu leo para viaxar. PAra coñecer mundos diferentes ao meu, mundos nos que a imaxinación é a mellor das acompañantes.

alumna 4ºA

Anónimo dijo...

Eu leo apra pasar o tempo e divertirme. porque moitas persoas cren que ler é aburrido pero, todo o contario, é algo divertido.

Alumna 4ºA

Anónimo dijo...

Eu leo para transportarme a mundos diferentes e vivir historias que nunca me ocorrerán na miña vida.

María 4ºA

Anónimo dijo...

Eu leo os libros que me mandan na escola para aprobar, porque é obrigatorio ler un libro para aprobar a materia.

alumna 4ºA

Anónimo dijo...

Eu leo algúns libros por obriga e para aprobar, e outros (os temas e libros que me interesan) para pasar o tempo e entreterme.

alumna 4ºA

Anónimo dijo...

Gústame ler porque me gusta sumerxirme en palabras, textos...Leo para pasar o tempo, para non aburrirme, para esquecer problemas anteriores, para imaxinar un mundo propio, ao meu gusto, á miña altura, para ser príncipe e montar a cabalo, para ser rei de reis, para poñer as miñas leis, para rirme un pouco, para aprender algo de cortesía...e vivir emocións: o amor que é forte na paixón; triste e feliz pola morte e pola vida...porque para min a lectura e como un mundo cheo se submundos e esos doutros mundos, cheos de submundos...

Isaac 2ºB